domingo, 6 de abril de 2025

Obradoiro coas axudantes de biblioteca de 6º

As axudantes de biblioteca de 6º, prepararon para nós un obradoiro que tiña como punto central o libro Simón corazón de camaleón.

O obradoiro levouse a cabo en varias xornadas. Na primeira contáronnos a historia con apoio visual que elas mesmas elaboraron e nos explicaron o que íamos a facer nos demais encontros: pintar un círculo, picar o camaleón e facer a montaxe. 

Foi unha experiencia fantástica. Grazas pola vosa iniciativa e organización de cada unha das sesións, inclusive dos tempos de espera. Grazas tamén a todos os adultos que fomentades e permitides que estas iniciativas teñan lugar. Estes, mais os previos, son momentos de grande aprendizaxe. Non pode haber aprendizaxe mais significativa, mais ampla e enriquecedora. Outro momento de ser escola e de crecemento persoal.


 

Sorpresa

O noso día a día está organizado, pero nel tamén teñen oco a improvisación e as sorpresas, porque na nosa escola pode suceder algo imprevisto en calquera momento. Como na vida mesma, de súpeto sucede algo que un non pensaba. Nesta ocasión a sorpresa veu da man de Toniño e o alumnado de 5º, que apareceron pola porta dispostos a amosarnos o que saben facer coa frauta. Moitas grazas pola vosa visita, agardamos regresedes pronto cun novo repertorio.

Quen dixo que era necesario un día determinado ou un escenario para facer unha actuación. Estes momentos son os que nos fan escola.




Enredando

Hai tempo que vimos construindo números coas Taboas de Seguin e as perlas. Como sabedes, traballamos en gran grupo, de xeito individual empregando o autorexistro... Pois decidimos deixar constancia de todo este proceso de traballo en formato papel. Para iso eleximos un número e logo collemos o que precisamos para construilos coas perlas. Cantas decenas e unidades precisdo? Si, estes termos tamén chegaron no seu momento.

 




Enredando

Sabedes que na nosa aula o material e as propostas van e veñen en función dos nosos intereses e necesidades. 

Dun tempo a esta parte andamos a enredar cuns xogos novos que nos teñen cautivado@s.






sábado, 22 de marzo de 2025

Visita de Leicia Costas

Chegou o día da visita de Ledicia Costas, a escrituora de Sete dentes de león, ese libro que tanto nos gustou e co que tanto traballamos. Tivemos o pracer de que ela mesma nos contara a historia, de que respondese as nosas preguntas e compartise parte do seu tempo connosco. Nós aproveitamos para amosarlle todas as propostas que xurdiron do seu libro e coas que xogamos, creamos...

Moitas grazas Ledicia pola túa visita, polo teu cariño e a túa dozura. 







Día da Muller

Polo Día da Muller, Mik fixo unha proposta que tivo como punto de partida un libro titulado Los pantalones de Luísa, no que se relata a historia de Luísa Capetillo, unha muller que se revelou contra os estereotipos e normas sociais e grazas a que hoxe temos como prenda normalizada da nosa vestimenta os pantalóns. Tamén descubrimos á Luísa Capetillo galega, Arminda dos pantalóns. Destas historias e destas mulleres sae a proposta de decorar pantalóns, cos que fixemos unha montaxe no peche da escola ao que unimos carteis elaborados nos talleres da biblioteca e un QR con información elaborada polo alumnado de 6º.

Se queredes saber mais e escoitar o conto na voz de parte dos axudante de biblioteca, visitade o blog.

Clicade na imaxe


Día de Rosalía

Para conmemorar o Día de Rosalía participamos na proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega de decorar un poema desta autora tan relevante para a nosa cultura. Escollemos a poesía Como chove miudiño e empregamos como fonte de inspiración e motivación a canción que co mesmo nome se inclue no cd Rosasía pequeniña.

Por suposto, a nosa escolla non foi ao azar, xa sabedes o papel importante que a chuvia ten no noso día a día. Ademais de ser imprescindible para a natureza e o verde e a biodiversidade de Galiza, é a que nos agasalla esa auga coa tanto xogamos no areeiro e trae eses bechiños que tanto observamos e cos que tanto enredamos. 

Coa poesía como punto de partida, fixemos un mural entre o alumnado de Infantil. Logo tocou sacar as fotos coa nosa roupa de augas e as botas, esa que nos permite desfrutar da chuvia e a auga e, por último facer, a montaxe.

Grazas a Cris por escribirnos parte do poema con esa caligrafía tan chula.


domingo, 9 de marzo de 2025

Entroido

Chegou o tempo de Entroido. Tempo de bromas, de xogos, de ser quen queiramos ser, de comer... Pois nós cumprimos con todo. 

Para comezar tivemos a visita dunha Merdeira. Non podíamos comezar doutro modo. Entrando en contacto coa personaxe da nosa cidade e coñecendo un pouco da historia do noso Entroido. Moitísimas grazas pola visita, por deixar que nos transformásemos nun Merdeir@ e polas caroutas e material que deixou para poder elaborar nós as máscaras de Merdeiro. Esas que logo nos acompañaron na decoración do escenario o día do festival.


Por suposto cumprimos con todas as ordes do noso meco, este ano transformado en Merdeira ou Merdeiro.


Tamén comemos, e cociñamos. Orellas e filloas encheron o cole dun cheiro ben saboroso. Iso si, demos conta de todo. É que enredar e xogar da moita fame.



E como fin de festa o noso FESTIVAL!!! Tivemos que adicar un tempo a prepararnos, porque desta vez había que ir ao pasado, á década dos 80 e a súa Movida, aos inicios de Alaska. Moita maquillaxe, moito cardado e purpurina. Pasámolo fenomenal.




Moitas grazas a vós, familias, pola vosa colaboración; a vós, pequenas e pequenos, por poñerlle sempre tantas ganas e entusiasmo; aos axudantes e, como non, ao noso mestre de cerimonias, grazas ao cal volvemos a ter música en directo e un espectáculo maravilloso. Un luxo. Grazas aos músicos por deixarse enredar.


lunes, 3 de marzo de 2025

Libro: Sete dentes de león

Como xa sabedes o libro "Sete dentes de león" chegou, grazas a vós, a nosa aula para desfrutalo e enredar con el de moi diversas formas. Por suposto foi contado tanto na nosa aula como na biblioteca, e de diferentes xeitos: vendo as ilustracións, apoiando a historia con LSE... Pero a historia e as ilustracións deron para moito mais.

A nosa aula de propostas varias preparouse para poder pintar emprengando as cores do arco da vella. Foi unha proposta para pintar no plano vertical. Unha proposta na que dar renda solta á imaxinación e a plasmar aquilo que o momento nos pedise. Houbo debuxos compartidos, outros que se foron completando e inclusive algúns que representaban parte da historia do conto.


Pero ese espazo pronto se transforma e da lugar a novas experiencias. De súpeto chegamos e está escuro, e hai quen fai maxia e fai saír o arco da vella dunhas figuras de cristal, como será iso posible? Pero é que tamén é posible descubrir o arco da vella empregando un cd e unha lanterna. E inclusive aproiveitando a luz das lanternas dos demais sen enfocar directamente. E todos estes descubrimentos van xurdindo mentres exploramos. E imos compartíndoos cos demais e así imos decubrindo xunt@s. Logo dun anaco faise a luz, a natural, e somos conscientes de que nos rodean diferentes espazos con diferentes propostas, nas que as cores que aparecen no conto son o elemento en común. Comeza outro tempo de crear, descubrir, experimentar, compartir...
Porque....un conto é soamente para ler?



Agora agardamos con gran interese a visita da autora, para coñecer a quen compartiu esta historia con nós e con moitos mais pequenos e pequenas. Pero tede por seguro que continuaremos enredando con este libro e esta historia, e con ese agasallo da natureza que é o arco da vella 🌈

Grazas a quen fixo posible todas estas propostas.

 

domingo, 23 de febrero de 2025

Enredando

Enredar, enredamos con moitísimas cousas e materiais. Esta vez imos a falar de cando enredamos a construir números. Porque os números se constrúen si. Comezamos do 1 o 10 e a medida que imos comprendendo, imos ampliando.

Para iso de enredar a construir números empregamos diferente tipo de material. Un destes materiais son as Tábos de Seguín e as perlas. Xa levamos un tempo explorando e construíndo con elas en gran grupo. Agora que andamos cos números e cantidades comprendidas entre o 20 e o 29, animámonos a introducir outra proposta, a de autoavaliarnos, a de chequear que números destes somos quen de construir. Nós memos/as imos marcando nunha folla de rexistro. Gañamos en autonomía ao tempo que practicamos a capacidade de comprobar por nós mesmos os nosos avances.



Novos espazos

Imos crecendo, desenvolvendo destrezas e habilidades novas, interesándonos por outras cousas, descubrindo outros aspectos do noso mundo e manifestando outras necesidades. É por iso que os espazos teñen que ir cambiando, para poder dar resposta a eses intereses e necesidades novos e para sementar novos retos e inquietudes.

Aquí vos deixamos unhas fotiños dun espazo que mudou, co fin de traer novas sensacións, relacións, novos mundos e posibilidades.







A Paz

O noso ratiño Mik fíxonos unha proposta para conmemorar o Día da Paz. A súa fonte de inspiración foi unha canción titulada "Abriendo caminos".

Tendo en conta a canción, pediunos que elaborásemos mensaxes de vida, mensaxes positivas. Unha para cada un dos grupos do cole. Unha vez elaboradas, tivemos a visita dun representante de cada grupo, ao que lle entregamos a mensaxe, introducíndoa nunha botella. Tamén nós visitamos a todos os grupos na procura das nosas mensaxes. A botella quedou logo no noso mar particular, coas Cíes de fondo. O día 30 fomos a recoller a botella para poder ler e conversar sobre as mensaxes e tamén puidemos ver un vídeo cos nosos camiños na procura das mensaxes. 

Decidimos buscar unha imaxe que representase cada mensaxe e colocalas nun lugar espeial da aula, para telas á vista e que nos poidan servir para reconfortarnos, animarnos, etc cada vez que o precisemos. 





Se queredes saber mais e ver o vídeo visitade o Novo Recanto de Mik.



Clicade na imaxe

domingo, 16 de febrero de 2025

Cociña: Biscoito de iogur e fresas

Regresamos á cociña. Desta vez para elaborar un biscoito de iogur e fresas. Cada vez somos mais capaces de facer mais cousas soas e sos e, como xa sabedes, encántanos isto de facer cousiñas para logo comer tod@s xunt@s. Esta vez primeiro comemos as fresas que picáramos e que sobraran, pois o biscoito tiña que enfriar. A espera fíxose un pouco longa, pero rematou chegando o momento de degustalo.


Patio

Xa fai tempo que os arcos da vella ocupa un lugar importante nos debuxos de cada día. Arcos da vella que son posibles grazas ao sol pero tamén á chuvia. E é a chuvia a que nos trae outro agasallo, a auga, tan valiosa e necesaria e que tanto desexamos atopar entre os xoguetes cando abrimos os bauis do areeiro. Son moitos os traballos que ás veces pasamos para rescatala deses pequenos lugares nos que queda agochada; outros días hai mais sorte e temos de sobra. Son días de facer masa, comidas, estradas e ríos por onde ela circula, atopar caracois nun charco e crearlles un lugar para eles, facerlle unha casa a unha miñoca, plantar árbores que a chuvia regará, e desfrutar, sobre todo desfrutar, sen importar mancharnos as mans, a roupa e ás veces sen querer ata a cara. Xa nos limparemos despois para non manchar o interior do cole.

Grazas chuvia pola auga que nos deixas e a diversión que a acompaña.



domingo, 26 de enero de 2025

Nadal

Os Reis Magos fixeron parada na nosa árbore de Nadal, vese que non lles importou que levásemos as galletas que o adornaban. Moitas grazas por deixarnos cousiñas coas que poder enredar.



Nadal

Como podedes ver, o tempo previo ás vacacións de Nadal trouxo moitas propostas e, entre elas, unha esperada con moitas ganas polo alumnado mais maior do noso centro: cociñar xunt@s.

Pois claro que si, nós encanta@s. É por iso que organizamos unha xornada desas nas que xunt@s e mesturad@s cociñamos e facemos manualidades. Nós organizamos a cociña e eles a parte artística. 

Son momentos moi ricos nos que poñemos a proba as nosas habilidades, practicamos a organización do material e do traballo, escoitamos, traballamos en equipo, compartimos puntos de vista, adaptámonos ás necesidades e características do outro, empatizamos, buscamos alternativas, resolvemos problemas... e todo iso nun ambiente de cariño, ilusión e desfrute. 

Esta vez o reto foi manexar a masa follada. O resultado non estivo mal e rico estaba, abofé.

Grazas ao alumnado de 6º, a Susana, a Vinca e a Cristina polo seu acompañamento.




 

miércoles, 22 de enero de 2025

Nadal

Sabemos que somos afortunad@s coas familias que formades parte do noso centro, sempre dispostas a poñer da vosa parte e a colaborar no que sexa necesario. E tamén sabemos que somos afortunados de ter unha cabeciña pensante que sempre nos enreda en grandes espectáculos nos que o alumnado é o protagonista.

Esta vez tivemos a fortuna de contar coa colaboración de grandes músic@s, que tiveron a ben ofrecer as súas habilidades e o seu tempo para colaborar no noso festival de Nadal. Grazas a elas e eles por querer forma parte disto e por permitirnos enriquecernos musicalmente.

Quixemos darlles as grazas cuns xabóns feitos por nós. O alumnado de 3 anos engadiu unhas galletas elaboradas por eles. Que mellor que algo que sae de nós e no que puxemos todo o cariño.


 


Nadal

Como xa vai sendo habitual por setas datas, elaboramos galletas para decorar a árbore do espazo de Infantil. Custa un pouco agardar ata o último día para poder levalas a casa, pero a árbore queda ben bonita e sempre que as facemos temos oportunidade de probar 😋 

Moitas grazas a quen nos axudou na cociña.