domingo, 27 de junio de 2021

As dez gatiñas viaxeiras

Este ano tamén nós participamos na proposta de traballar tod@s o mesmo conto. A verdade, a idea resultouo moi boa. Fixemos unha sesión algo especial para escoitar a historia e xogar algo cas personaxes. Xogos que nos acompañarían en mais ocasións. E, para rematar, tivemos a sorte de recibir a visita da autora do conto, á que agradecemos moito esa vistita presencial. Grazas tamén a aquelas que nos acompañaron: Rocío e Mirian e, por suposto, a vós familias pola vosa colaboración.

                                                                                        Clicade na imaxe


Instrumentos

Este curso o noso Mik retounos a aprender cousas sobre a música e, entre outras moitas cousas, deixou para nós un libro e unha proposta: crear instrumentos con cousas da natureza e a vida cotiá, reutilizar diferentes elementos para crear sons. E, por suposto, asumimos o reto e aquí tedes unha mostra de parte do proceso. 

Primeiro escoitar o conto e pensar como crear instrumentos atendendo ao reto, logo a chegada de diferentes materiais e a pregunta de como poder facer música con eles, a continuación a súa preparación e decoración e, xa rematados, tocaba empregalos para crear sons, para experimentar e para DESFRUTAR.


                                                                                            Clicade na imaxe



Clicade na imaxe