domingo, 9 de marzo de 2025

Entroido

Chegou o tempo de Entroido. Tempo de bromas, de xogos, de ser quen queiramos ser, de comer... Pois nós cumprimos con todo. 

Para comezar tivemos a visita dunha Merdeira. Non podíamos comezar doutro modo. Entrando en contacto coa personaxe da nosa cidade e coñecendo un pouco da historia do noso Entroido. Moitísimas grazas pola visita, por deixar que nos transformásemos nun Merdeir@ e polas caroutas e material que deixou para poder elaborar nós as máscaras de Merdeiro. Esas que logo nos acompañaron na decoración do escenario o día do festival.


Por suposto cumprimos con todas as ordes do noso meco, este ano transformado en Merdeira ou Merdeiro.


Tamén comemos, e cociñamos. Orellas e filloas encheron o cole dun cheiro ben saboroso. Iso si, demos conta de todo. É que enredar e xogar da moita fame.



E como fin de festa o noso FESTIVAL!!! Tivemos que adicar un tempo a prepararnos, porque desta vez había que ir ao pasado, á década dos 80 e a súa Movida, aos inicios de Alaska. Moita maquillaxe, moito cardado e purpurina. Pasámolo fenomenal.




Moitas grazas a vós, familias, pola vosa colaboración; a vós, pequenas e pequenos, por poñerlle sempre tantas ganas e entusiasmo; aos axudantes e, como non, ao noso mestre de cerimonias, grazas ao cal volvemos a ter música en directo e un espectáculo maravilloso. Un luxo. Grazas aos músicos por deixarse enredar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario