jueves, 31 de enero de 2019

Hoxe cociñamos

Facía tempo que andábamos con ganas de cociñar. así que....tocou facer unha torta. Primeiro comprobar que tíñamos os ingredientes que indicaba a receita e todo o necesario para levala a cabo. Logo medir, pesar, remexer e probar.
Comezamos facendo unha maionesa e probando a ver que tal, e seguimos engadindo o resto dos ingredientes, remexemos ben e...volta a probar, por suposto.
Quen diría que comezando cunha maionesa ía a saír algo que soubese tan ben a chocolate!!
Todo listo para colocar no molde e meter ao forno.
Hoxe, degustación.

lunes, 28 de enero de 2019

Mais horta

Os maiores axudáronnos en todo o proceso, tanto en plantar, como en ir a lavarnos e..., por suposto, deixamos todo ben limpo e recollidiño ao rematar.
Estade atent@s, porque esta horta irá sufrindo cambios paseniñamente e, como non podía ser doutro xeito, iremos caompartíndoos con tod@s vós.

A nosa horta

Xa temos en marcha a nosa horta. Para a primeira plantación contamos ca colaboración de 3º de primaria, porque compartir a experiencia de crear e coidar a nosa horta é magnífico. A verdade é que o pasamos estupendamente.

domingo, 20 de enero de 2019

Encarga do Apalpador

Como as sementes do curso pasado non foron arriba, o Apalpador deixou en casa de Beltaine un agasallo e unha encarga. O agasallo son uns carballos e castiñeiros pequenos, e a encarga o seu coidado ata que poidamos devolvelos ao seu lugar, a aquel lugar onde deben estar, os nosos bosques, que tan necesitados seguen do seu verdor e a súa maxia.
Levaremos a cabo a encarga con moita ilusión e cariño, agardando poder velos crecer na súa contorna, que tamén é nosa.
Grazas ao Apalpador e á propio natureza, que nos ofrece cousas tan fermosas e necesarias.








domingo, 13 de enero de 2019

Reis Magos

Este ano os Reis Magos foron moi xenerosos con nós, cousa que queremos agradecer.
Grazas por pensar en nós e polo esforzo. Os agasallos son estupendos e, por suposto, non puidemos evitar comezar a xogar con eles tan pronto tivemos ocasión. O reencontro ca rutina non puido ser mellor. Novos xogos e amig@s cos que compartilos. Como non deixar tempo para algo tan importante?: tempo para compartir momentos, xogos, ilusións, complicidade...


 

lunes, 7 de enero de 2019

Festival de Nadal

Chegou o fin do primeiro trimestre e o primeiro festival deste curso. Desta vez foi especial, porque a música para o baile foi creada por nós mesm@s. Foi grazas ao mestre Gonzalo que, ca súa maxia e o seu ordenador e demais aparellos, foi unindo os sons que fixemos con diferentes elementos da aula para darlle forma de melodía. Sempre baixo a nosa atenta mirada. E foi el tamén, quen modificou as nosas voces para que se asemellasen mais a dos elfos. E así, unha canción de "protesta", serviu para acompañar un ir e vir de paquetes froito do traballo incansable duns elfiños nunha fábrica alá polo país do frío e a neve.
Agardo que esta ilusión que lle puxemos e a maxia que resulta do feito con cariño, sexa a vosa compaña nestas festas.

Pintura rupestre: INVESTIGANDO NA CASA

Aquí tedes a nosa exposición con toda esa información e demais traballos que cada familia fóchedes aportando.
A verdade é que o tema deu moito de sí e entusiasmou mais do agardado. Incluso nos levou a experimentar con diferentes materiais.
E espertou interese non soamente en nós, senon tamén nalgún curso de Primaria. É por iso que, a nosa exposición, seguirá por algún tempo mais á vista de quen guste de visitala.








Outono

E xa despedimos o Outono e, como non, agradecéndovos a vosa participación, tan necesaria.
Sodes unhas familias de artistas. Parabéns pola vosa creatividade e por adicar un tempo para facer cousas cos vosos fill@s, cousas que compartir cos demais.

Magosto

Este ano foi diferente para nós, porque fixemos os xogos todo o cole xunto!!! E @s maiores estiveron aí para botarnos unha man, para guiarnos e animarnos. Eles e elas orgullos@as da súa encomenda e, nós, encantados da súa compaña. Grazas a tod@s. 
E para poñer fin a un momento tan divertido, cantar xunt@s era unha das mellores opcións.

Magosto

E logo de xogar chegou o momento de recuperar forzas e comer unhas castañas quentiñas e, como non, tisnar a cara 😁

Calculando

Se temos tantos gusanitos e estes son para ti...cantos quedan para min? E asi, por parellas, e servíndonos de algo tan saboroso, imos facendo os repartos e os cálculos.