Como xa sabedes o libro "Sete dentes de león" chegou, grazas a vós, a nosa aula para desfrutalo e enredar con el de moi diversas formas. Por suposto foi contado tanto na nosa aula como na biblioteca, e de diferentes xeitos: vendo as ilustracións, apoiando a historia con LSE... Pero a historia e as ilustracións deron para moito mais.
A nosa aula de propostas varias preparouse para poder pintar emprengando as cores do arco da vella. Foi unha proposta para pintar no plano vertical. Unha proposta na que dar renda solta á imaxinación e a plasmar aquilo que o momento nos pedise. Houbo debuxos compartidos, outros que se foron completando e inclusive algúns que representaban parte da historia do conto.
Pero ese espazo pronto se transforma e da lugar a novas experiencias. De súpeto chegamos e está escuro, e hai quen fai maxia e fai saír o arco da vella dunhas figuras de cristal, como será iso posible? Pero é que tamén é posible descubrir o arco da vella empregando un cd e unha lanterna. E inclusive aproiveitando a luz das lanternas dos demais sen enfocar directamente. E todos estes descubrimentos van xurdindo mentres exploramos. E imos compartíndoos cos demais e así imos decubrindo xunt@s. Logo dun anaco faise a luz, a natural, e somos conscientes de que nos rodean diferentes espazos con diferentes propostas, nas que as cores que aparecen no conto son o elemento en común. Comeza outro tempo de crear, descubrir, experimentar, compartir...
Porque....un conto é soamente para ler?
Agora agardamos con gran interese a visita da autora, para coñecer a quen compartiu esta historia con nós e con moitos mais pequenos e pequenas. Pero tede por seguro que continuaremos enredando con este libro e esta historia, e con ese agasallo da natureza que é o arco da vella 🌈
Grazas a quen fixo posible todas estas propostas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario