domingo, 25 de febrero de 2018

Raúl. Grazas

Grazas polos xogos compartidos, polos momentos de complicidade, por ensinarnos lingua de signos, polo pluviómetro, polo dobrador de camisetas, polas candeas e os conos de luz da relaxación... E polo teu cariño, entusiasmo, interese, respecto... Por darte a nós dende o corazón.
A mensaxe do vídeo non é de todo correcta por problemas técnicos, entre outros, pero agardamos que ti a entendas. 

sábado, 24 de febrero de 2018

Raúl. Marcho que teño que marchar

Tocou despedirse. Remata unha viaxe. Pero cando unha viaxe remata, outra comeza, e agardamos que teñas un oco para nós nela, que de cando en cando fagas escala na nosa aula para contarnos as túas aventuras e compartir con nós algo do teu tempo. Como di unha canción de Magín Blanco que hai un tempo andamos a escoitar: marcho, que teño que marchar. Marchas, porque tes que marchar.
Moitas grazas Raúl, e moitas grazas familias por esa sorpresa e ese cariño; tíñao ben merecido 😉

Dobrando camisetas

Aquí nos tedes poñendo en práctica a nosa nova habilidade de dobrar camisetas. Unha das últimas actividades, que non a derradeira, que fixemos co profe Raúl. A cousa comezou cunha desorde total, pero seguindo as súas instrucións, rematamos construíndo unha torre de camisetas ben colocadiñas.
Xa estamos algo mais preparad@s para axudar mais nas actividades domésticas 😉

viernes, 23 de febrero de 2018

Segunda recollida

E chegou o día da segunda recollida. Desta vez non pasamos de 30 litros por metro cadrado como na vez anterior, pero aproximámonos.


miércoles, 21 de febrero de 2018

Patio novo

Xa fai uns días que fixemos a estrea dun novo espazo de xogo, un espazo que nos permite desfrutar mais do sol e o aire libre. Un lugar no que xogar á comba, facer voar as nosas cometas Waldorf, pintar con xices no chan, descubrir bichiños (que logo deixamos no seu hábitat), xogar cas follas, facer pompas de xabon, e moito mais. Un espazo que aínda irá completándose con mais novidades, pero do que xa facemos bo uso.
Temos que dar as grazas ao centro e ao resto do profesorado por apoiarnos e facer as xestións necesarias, e ao Concello por cambiarnos o peche do mesmo, algo imprescindible para poder utilizalo.
Agora, logo de varios días de chuvia, podemos saír a correr, saltar, compartir experiencias, estar en contacto cas árbores, as follas, as flores, os paxariños piadores... e, sobre todo, sentirnos libres.

lunes, 19 de febrero de 2018

Mañás doces

O Entroido trouxo algunha sorpresa mais, aínda que non relacionada con esta celebración. Anxo quixo compartir con tod@s nós unhas galletas en forma de corazón; e Uxía, trouxo magdalenas que fixo inspirándose no libro de receitas da mochila viaxeira. Grazas aos dous e ás súas familias. Estaba todo delicioso.





Primeira recollida

E logo de 10 días e aproveitando unha escampadiña, fomos a ver canta auga recollera o noso pluviómetro. 34 litros por metro cadrado!!! Houbo que lembrar como calcular esta cantidade e, despois, tocou sacarlle a auga e colocalo de novo. Dentro de nada xa toca facerlle outra visitiña. Canta auga terá recollido?


domingo, 18 de febrero de 2018

Entroido. Festival

Aquí tedes unhas fotiños do día do festival. Un día sempre intenso, pero moi divertido. Nelas aparecen os verdadeiros artistas, os nenos e nenas, pero tamén hai un oco para algunha profe; en concreto unha que nunca dubida en axudarnos ao que sexa necesario. Grazas Rocío.

Visitando a nosa plantación

Fomos a facerlle unha visita á nosa plantación, e descubrimos que algúns castiñeiros xa están nacendo!!!👏


Pluviómetro

A proposta do profe Raúl, que sempre ten moi boas ideas, decidimos facer un pluviómetro. Pero a cousa non ía ser tan sinxela. Tivemos que ver o que era un pluviómetro, e un metro cadrado; xa de paso, cant@s podíamos meternos no metro cadrado; o que significaban, mais ou menos, os litros por metro cadrado; etc. E, despois, montar o pluviómetro e colocalo, e.... agardar a que chovese, claro!
Grazas por esas ideas.

jueves, 15 de febrero de 2018

Filloas

E despois de tanto disfrazarse, maquillarse, ir a charlas e exposicións, ter visitas sorpresa... Haberá que tomarlle algo, non? E nesta época, que mellor que unhas filloas quentiñas e recén feitas! 😋

miércoles, 14 de febrero de 2018

O Meco. Día 4

E para o último día, o Meco deixou reservadas as estrelas. Serían as do "Paseo da fama"? Quen sabe, nós traer, trouxemos estrelas.

O Meco. Día 3

Hoxe tocou traer gafas. Gafas para afastarse dos focos, para pasar desapercibid@s, para ocultar o cansanzo... ou quen sabe.

O Meco. Día 2

O segundo día, o Meco manda traer bigote. Quizais pensando en Charles Chaplin, no Capitán Garfio e en tantas outras personaxes do cine que adornaban a súa cara con este elemento.

O Meco. Día 1

Chegou o Meco e as súas ordes. O primeiro día toca traer garavata ou paxariña. E nós, cumprimos.

Calendario de Entroido

Xa vos comentamos que o Entroido viña cargado de actividaedes, e esta é unha delas. Temos un calendario no que aparecen sobres cunha serie de datas sinaladas, días nos que algo especial acontece no Entroido dalgún lugar da nosa Galiza. Ese día corresponde abrir o sobre e descubrir a información que conten e, de cando en cando, algún segredo agochado. Uns días pode ser fariña, outro as espadas dos Xenerais da Ulla, un bonequiño o xoves de Comadres ou de Compadres... e outros que aínda non coñecemos, porque o Entroido é unha festa tan agardada, que logo, custa moito despedila. Que sorpresas nos agardarán para os próximos días?

Exposición sobre o Entroido en Galiza

Tódalas visitas chegaron ao cole despois de ter aprendido e visto unha chea de cousas sobre o Entroido, tanto na aula como con Laura, e logo de ter visitado a Exposición sobre o Entroido en Galiza. Esta vez, temos que dar de novo as grazas ao Equipo de Dinamización da Lingia Galega pola preparación da mesma, así como a todos aqueles Concellos que colaboraron con nós aportando documentación e os carteis do seu Entroido, en especial, ao de Manzaneda, por emprestarnos todas esas fermosas fotografías. Moitas grazas.

martes, 13 de febrero de 2018

Entroido. Cigarrón

Se fai uns días puidemos desfrutar de ver de preto unha Mázcara de Manzaneda, esta vez é o Cigarrón quen nos visita da man do alumnado de primeiro. Grazas a avoa dun dos nosos compañeiros de primeiro desfrutamos doutra das personaxes típicas do noso Entroido. Moitas grazas a avoa e aos nosos compañeir@s por compartir con nós esta visita.

Entroido. Mázcara de Manzaneda

Este Entroido está cheo de sorpresas e visitas inesperadas. Neste caso, foi unha Mázcara de Manzaneda a que nos acompañou. O noso convidado trouxo moita informacíon, vídeos e sons. Ata bailou para nós ao son do folión. Moitas grazas.

Entroido

Si, chegou o Entroido e unha nova decoración, para a que contamos, como en cada ocasión, coa vosa colaboración.







Agasallo dos Reis Magos

Aínda que algo tarde, non podíamos deixar de compartir con vós, os agasallos que os Reis Magos deixaron para nós.