lunes, 27 de enero de 2020

As visitas de Pipi

De cando en cando, a profe Rocío ben acompañada de Pipi e xogamos un pouco con ela. Desta vez contounos que lle encantan os páxaros e que precisaba algo de axuda para ir a visitalos ás súas casas, así que nos puxemos en marcha e, despois de colocar cada cousa no seu lugar, comezamos a indicarlle o camiño.
Grazas a Rocío e a Pipi por estes momentos tan divertidos.

As pegadas dun páxaro

Ás veces os pequenos sucesos diarios ofrecen formas diferentes de coñecer a natureza e aprender dela. Neste caso a pegada dun páxaro nunha das fiestras do cole deu lugar a moitas reflexións: como chegaría alí a súa pegada?, que partes do seu corpo quedaron impresas na fiestra?, que páxaro sería?, estaría voando dentro ou fora? cal sería o motivo de que chocase co cristal?... E moitas mais.
Como levamos un tempo falando de páxaros o suceso tivo lugar nun momento moi axeitado, aínda que é unha mágoa que levase un golpe tan grande.