domingo, 23 de abril de 2023

Bechos

Os nosos bechos son fantásticos, pero non son reais. E a verdade é que os reais nos encantan. Así que pensamos como podíamos facer para poñer o noso gran de area e axudalos, facer algo que os beneficiase. E aí estaba un dos nosos libros ca resposta a nosa pregunta: un restaurate de bolboretas. Pois xa nos puxemos mans á obra. E non fixemos un, fixemos dous. Nun plantamos flores e no outro sementes.

Clicade na imaxe

Clicade na imaxe


Bechos

E un día chegamos á aula e atopamos un pequeno xardín con flores, pedras, ramas, follas...e unha chea de bechos. E se quedamos co xardín e os seus moradores unha tempada? Quizais descubramos moitas cousas sobre eles e nos divirtamos na súa compaña. 

Velaquí unhas fotos do noso xardín e as nosas primeiras exploracións. 

Clicade na imaxe


Xunto ao xardín apareceron tamén dous estupendos libros, aos que, dende ese día, lles adicamos un momento especial cada xornada.





jueves, 20 de abril de 2023

Día da Muller

Imos algo atrasadas contando as cousas que van sucedendo durante o tempo que pasamos na escola, así que antes de nada pedimos desculpas.

O 8 de marzo, o Día da Muller, Mik tiña a Biblioteca preparada con tres propostas diferentes sobre mulleres relacionadas co noso proxecto. En concreto vulcanólogas, deseñadoras de xoias e mineiras. Tiñamos información sobre as mesmas e logo propostas para enredar. 

Se queredes ver os diferentes espazos non dubidedes en achegarvos ao blogue da biblioteca. Aquí deixamos unha pequena mostra dos nosos enredos.

As vulcanólogas deixaron receita para facer un volcán e tamén un libro sobre os nosos volcáns interiores e como calmalos para que non estoupen. A experiencia a compartimos cos nosos compañeiros de 4º, que apareceron por sorpresa. Momentos de escola.

Clicade na imaxe


Segunda proposta, logo de coñecer a unha deseñadora de xoias galega: facer as nosas pulseiras. Bufff, tarefa complicada, porque decidir que abalorio escoller non foi moi sinxelo. Pero quedaron estupendas. Podedes velas na exposición que hai no edificio administrativo do centro.

Clicade na maxe

A terceira proposta, a relacionada cas mulleres na minería, trouxo para experimentar un material novo para nós, o carboncillo. A verdade é que nos encantou. Foi difícil parar ata, en moitos casos, deixar o papel completamente negro por ambos lados. O papel e as mans, por suposto.


Clicade na imaxe
 


Exposición minerais

Xa sabedes que o noso proxecto de centro este curso son as rochas e os minerais e, como non se aprende mellor que a partir do contacto directo, o noso Mik organizou unha pequena exposición co material de centro mais as vosas aportacións e as do profesorado.

O noso laboratorio transformouse nunha pequena sala de exposición con algunhas propostas. Fixemos quebracabezas e logo buscamos as imaxes pola sala, vimos libremente os minerais e logo escollemos algúns para poder tocar e aprender algunha cousiña deles. 

Unha nova experiencia e un novo lugar do noso centro. Xa non debe quedarnos recuncho por descubrir e por vivir. Para nós o centro está vivo e é vivido.

Grazas a tod@s os que colaborastes para facer posible esta experiencia.


Clicade na imaxe