lunes, 14 de noviembre de 2022

Outono

É Outono, está aquí, presente a cada paso que damos, coas súas cores e as súas características. É por iso que o quixemos facer mais presente, que o quixemos mirar e saudar. Para iso falamos do que sucede ao noso arredor e observamos a natureza que nos rodea, pero tamén vimos fotografías das paisaxes galegas nesta época. Fixemos xogos con follas e eleximos unha especial para estampar, empregando algunhas das cores da natureza en Outono. A seleccionada non foi dunha árbore autóctona, pero si dunha árbore ben particular, o Gingko biloba. 









Magosto

Chegou o Magosto e con el a nosa primeira vez nos xogos con grupos compostos por alumnado de tódolos cursos. A algúns e algunhas custounos un pouco mais que a outros iso de marchar de xogo en xogo da man dos maiores, pero foi toda unha aprendizaxe. Aprendizaxe para tod@s. Unha experiencia para aprender a acompañar e a ser acompañado, respectar, adaptarse, ter en conta as necesidades dos demais, organizarse, estar atentos uns dos outros....

Moitas grazas a tod@s aqueles que fixéchedes posible esta xornada e especialmente aos nosos compañeir@s maiores que con tanto agarimo nos acompañaron e tentaron consolarnos se nos poñíamos nervis@s.

Clicade na imaxe

 

domingo, 6 de noviembre de 2022

Samaín

Foi unha semana de tres días pero moi intensa, pois para nós chegou o momento de celebrar o Samaín.

O primeiro día xogamos con todas as actividades propostas polo noso amigo Mik: crear monstros, disfrazarse de monstro, maquillarse, decorar patas de araña...

O segundo foi o día da visita ao túnel do terror ou, mais ben, á casa do noso Conde Drácula particular. Aí xa experimentamos algo de medo, pero todas as emocións son positivas e valiosas.

E, por último, disfraces e merendas terroríficas. Se o outro día agradecemos a Olmo que trouxera galletas de dedo de bruxa para todos, desta vez o agradecemento vai para Uxía, Manuel e Julia. Grazas por compartir cousas tan ricas con nós.

Ademais de amosar as nosas cabazas e vasoiras decoradas coas que melloramos a ambientación da escola.

Moitísimas grazas a todos e todas, familias incluidas, os que fixéchedes posible este Samaín.


Clicade na imaxe

Clicade na imaxe

Clicade na imaxe


jueves, 3 de noviembre de 2022

Inauguración da Biblioteca

Pois a segunda proposta do noso MIk foi disfrazarse dunha superheroina ou superheroe inventado e inventar tamén o mineral que nos daba o poder, a maxia. E así fixemos. Aínda que, non llo digades a ninguén, pero poderes xa tiñamos.


 

martes, 1 de noviembre de 2022

Inauguración da Biblioteca

A inauguración da Biblioteca trouxo diferentes propostas do noso amigo Mik.

A primeira consistiu en entrar na biblio para descubrir o que o noso ratiño tiña para nós. E vaia sorpresa cando vimos que se trataba de entradas para o cine e unha bolsa con flocos de millo. Pois aló fomos a aula da luz negra. Pero a cousa non ía a ser tan sinxela, primeiro tiñamos que descubrir o noso mineral, a nosa pedra máxica. Cousa que fixemos con cincel e mazo en man. Unha vez a proba estivo superada... chegou a quenda dos flocos de millo e a película. Por que quen di que no cole non pode haber unha sala de cine? Unha na que compartir cos nosos compañeir@s, na que poder saír ao baño cando é necesario, na que cambiar de sitio ou de postura...

Que ben o pasamos!!!! Haberá outra pronto?



Propostas compartidas

Os nosos compañeir@s de 5 anos deixaronnos aproveitar a súa proposta, e non dubidamos en aceptar esa oportunidade para xogar, experimentar, crear...de xeito libre.

Dende logo, o que masi éxito tivo foi desfrutar da luz das lanternas agochados na escuridade debaixo das mesas. 

Grazas por deixarnos os vosos materiais e preparación.