domingo, 26 de septiembre de 2021

Actividade igualdade

Acabamos case de aterrizar e temos a nosa primeira visita!!!

Chegou Elsa, coa súa bolsa chea de cousas e un pequeno obxecto que gardaba un conto. E, na súa compaña, reflexionamos, expresamos as nosas ideas, escoitamos un conto, bailamos... 

                                                                                        Clicade na imaxe

Regreso

Xa estamos de regreso para seguir percorrendo o camiño e, como non, xa estamos desfrutando. Xa están aquí de novo as risas, os saltos, as carreiras, a ilusión, as creacións, os descubrimentos, os conflitos, as resolucións.... 

Días nos que experimentamos de novo as sensacións de revivir as nosas conquistas e as posibilidades que nos ofrece este espazo, de acadar aquilo que o curso pasado se nos resistía, de descubrir que hai sementes que tinguen as mans, que hai aros que regresan a un co movemento do dedo, sobre todo se é o de Toniño, que o chan e as paredes tamén poden servir como lenzo no que debuxar, e moitas outras cousas que suceden cando estamos xuntos.

                                                                                        Clicade na imaxe