martes, 16 de febrero de 2021

Entroido

Por circunstancias que aínda descoñecemos pero que relacionamos ca maxia do Entroido, de pronto os nosos corpos quedaron transformados. Por un breve período de tempo fomos uns simpáticos animaliños de camiñar gracioso e expertos nadadores que habitan terras lonxanas onde o branco é a cor que inunda a paisaxe.
Foi complexo quedar quietos para unha foto en grupo na que se nos vise a cara a todos, pero intentámolo. Xa estábamos cansos de tanto bailar, tarefa complicada cando un ten unhas pernas moi curtas e unhas aletas por brazos 😂.
Non esquezades ir á paxina do cole para ver o noso video entroideiro. 
Grazas pola vosa colaboración, que permitiu desfrutar deste tempo tan especial dentro do calendario anual.


                                                                                Clicade na imaxe
 

Entroido

E chegou o día de transformarnos no que mais desexamos!!!

                                                                                Clicade na imaxe

Entroido

Tempo de Entroido e..., non podemos deixalo pasar sen celebralo!! Doutro xeito? por suposto. Pero é que hai un so xeito de celebralo?

Comezamos cos mandatos do Meco, que este ano fai alusión a unha figura da nosa cidade, o Merdeiro.



                                                                        Clicade nas imaxes do Meco


A Paz

Este ano tocou imaxinar, porque é unha das capacidades mais maravillosas e poderosas que temos. E para iso empregamos a canción Imagine de John Lennon e o libro que leva o mesmo título.

Como sempre, a proposta fíxonola chegar o noso Mik. Diferentes propostas para os diferentes grupos. En Infantil tivemos, como cometido final, que darlle cor ao debuxo dunha das páxinas do libro. Aquí tedes o proceso e o resultado.


                                    
                                                            Clicade na imaxe.


Días de sol

No inverno os días de sol son mais ben escasos, así que cando aparece un, o aproveitamos ao máximo.



Bolboretas

Xa hai uns días que vos contamos que andamos a descubrir cousas sobre as bolboretas. Pois para axudarnos temos un material novo co que enredar. Ademais de ver vídeos e libros, por suposto.