domingo, 16 de febrero de 2025

Patio

Xa fai tempo que os arcos da vella ocupa un lugar importante nos debuxos de cada día. Arcos da vella que son posibles grazas ao sol pero tamén á chuvia. E é a chuvia a que nos trae outro agasallo, a auga, tan valiosa e necesaria e que tanto desexamos atopar entre os xoguetes cando abrimos os bauis do areeiro. Son moitos os traballos que ás veces pasamos para rescatala deses pequenos lugares nos que queda agochada; outros días hai mais sorte e temos de sobra. Son días de facer masa, comidas, estradas e ríos por onde ela circula, atopar caracois nun charco e crearlles un lugar para eles, facerlle unha casa a unha miñoca, plantar árbores que a chuvia regará, e desfrutar, sobre todo desfrutar, sen importar mancharnos as mans, a roupa e ás veces sen querer ata a cara. Xa nos limparemos despois para non manchar o interior do cole.

Grazas chuvia pola auga que nos deixas e a diversión que a acompaña.



No hay comentarios:

Publicar un comentario