jueves, 11 de abril de 2024

Cociña: Ovos de chocolate

A verdade é que non hai proposta á que digamos que non, pero tratándose de cociñar aínda menos. Esta vez fixemos ovos de chocolate, e todo ten os seus pasos. O primeiro de todo é probar a materia prima e, unha vez pasado o control de calidade, comeza a elaboración.

Máxima atención e concentración para que o chocolate impregne todo o molde e de novo atención e concentración mais moito control das mans e a forza no momento de desmoldar. Logo a maxia de unir as dúas partes grazas a calor e, por último a búsqueda da bolsa que garda o noso ovo, ou o dalgún compañeir@. Momento no que a agudeza visual, a atención, a discriminación e memoria visual para recoñecer os nomes... entran en xogo.

Como vedes, aínda que parece que "so fixemos ovos de chocolate" a experiencia permite por en marcha e mellorar moitas habilidades.

Clicade na imaxe


Saída Fundación Sales

Fomos a visitar un lugar que estando ben cerca parece ben lonxe. Un lugar fermoso, un lugar máxico que agasalla calma e nos leva a conectar coa esencia do que somos. 

Foi esupendo poder desfrutar deste espazo e das experiencias que unhas expertas do lugar nos propuxeron. Estupendo tomar a media mañá co son das ras de fondo e poder tocar, ver, cheirar, abrazar e ata trepar. 

Moitas grazas as persoas que se encargan de manter este lugar e de crear experiencias para que poidamos desfrutar del. Aprendemos moitas cousas e, sobre todo, deixámonos asombrar.

Clicade na imaxe

   

jueves, 28 de marzo de 2024

Día da Muller

Con motivo do Día da Muller (8 de marzo) o noso amigo Mik preparou para nós toda unha serie de propostas. Primeiro enviounos información sobre catro mulleres destacadas tanto por aspectos deportivos como persoais: Teresa Portela, Julia Benedetti, Tamara Echegoyen e Lidia Parada. Despois de telas coñecido tocou un percorrido polo cole seguindo unha serie de pistas para chegar a catro lugares, cada un dedicado a unha destas mulleres e cunha proposta diferente. Tivemos que contestar preguntas, buscar parellas para completar imaxes, crear arte con fio ao son dunha música dos Xogos Olímpicos de París e ata practicar a lanzar a xavelina.

Aquí vos deixamos unha mostra.

Moitas grazas a esas mulleres que coas súas ideas e o seu traballo axudaron a Mik nestas propostas.

Clicade na imaxe

Sigamos voando.


Enredando: xabón de lavanda

E se facemos xabón???? Pois claro, encántanos facer cousas novas, e enredar, e transformar, e descubrir, e experimentar... Que agasallo é cando as propostas van seguidas do entusiasmo. 

Pois aló fomos. E comezaron os olores, e as preguntas, e os descubrimentos... E isto que é?- Ah, lavanda. E isto duro?- Glicerina. Vaia, despois de sair do micro xa non está dura. E isto?- Colorante; claro, así podemos facer xabón lila. E isto?- Esencia de lavanda, para que cheire mais.  E así foi como entre pregunta e pregunta, entre cheirar, tocar, remexer, botar e deixar pasar algo de tempo descubrimos algo de "alquimia", ou sería maxia?, ou ciencia?

Por suposto probamos o noso xabón. E como nos gusta!, que cheiriño queda nas mans!!

E outro dos nosos xabóns foi de agasallo ao primeiro escritor desta tempada. Seguro que tamén lle gustará lavar as mans con el.

Clicade na imaxe

Moitas grazas a quen fixo posible esta experiencia.



Novidades

Estes días chegaron á nosa biblioteca de aula uns libros con imáxenes reais moi chulos e que ademais nos serviron para establecer conexións cos animais do bosque en inverno sobre os que andamos a pescudar e tamén a mergullarnos no extenso mundo das cores e as escalas cromáticas, conectando cun material que xa ocupa un lugar nos nosos andeis e co que xa comezamos a argallar.

Os libros con imaxes reais teñen a súa importancia por moitos aspectos: axudan a ordenar a mente por medio de percepcións sinxelas e claras, a entrar en contacto co noso arredor, teñen un grande poder para emocionar e espertar sentimentos, axudan a establecer conexións coa nosa realidade e a descubrir outras novas, espertan a nosa curiosidade...


Deixamos unhas pequenas fotos dos nosos comezos explorando cada unha das cores a partir do libro. Continuaremos.

Clicade na imaxe


lunes, 4 de marzo de 2024

Conto con LSE

A Lingua de Signos xa fai moito que está presente no noso día a día e non soamente como medio para visibilizala, darlle normalidade ou poñela en valor, senon por moitas cousas mais. Pois temos a sorte de ter unha nai que é unha experta e, mais sorte tivemos aínda, cando aceptou vir a contarnos uns contos con LSE. Moitísimas grazas a Verónica por agasallarnos o seu tempo e esta estupenda experiencia.

Quedan aquí algunhas das razóns polas que valoramos a presenza da LSE no noso quefacer diario e tamén unhas fotiños dese momento compartido con Verónica.


Clicade na imaxe




 

domingo, 3 de marzo de 2024

Entroido

O Entroido é época de diversión, xogo, trasnadas sen malicia, transformación... Pará nós tamén é momento de baile, teatro, ensaios e festival. É tempo de compartir entre nós e con vós familias e demais persoas que formades parte do noso centro. Temos que agradecervos a todos a vosa participación e colaboración. 

A semana anterior ás vacacións seguimos as ordes do noso Meco, comimos unhas filloas ben ricas grazas a Manuel, Julia e á súa nai e desfrutamos dunha xornada de festa colectiva.


         
                                    Clicade na imaxe                                                                   Cicade na imaxe
  




sábado, 24 de febrero de 2024

A Paz

Mik non deixa atrás moitas conmemoraciós, e A Paz non é unha delas. É por iso que preparou unha proposta para nós na Biblioteca. A temática, como non podía ser doutro xeito, foron os Xogos Olímpicos e Parlímpicos. 

Esta vez presentounos imaxes de diferentes deportistas sobre as que reflexionamos, así como un mapa do mundo sobre o que fomos colocando as bandeiras dos seus países. Foi así, por medio da observación e da reflexión, como nos decatamos e chegamos á conclusión de que persoas moi diversas e de moitos lugares do mundo participan e poden participar en competicións deportivas, e practicar o deporte que mais lles guste.

Temos que darlle tamén as grazas a Cris, que nos acompañou e nos falou de moitos deses países, porque unha das cousas que mais lle gusta é viaxar e coñecer diferentes lugares e culturas.


Clicade na imaxe


Tartarugas

Tivemos a sorte de que Rocío trouxese as súas tartarugas. Foi un momento de exploración, descubrimento e de enfrontarnos aos nosos medos. 

Que mellor maneira de aprender a coidar aos animais e a respectalos que téndoos así de cerca.

Grazas Rocío.

Clicade na imaxe


Xa sabedes que sempre andamos a enredar con diferente material e con diferentes propostas, ás veces parten de ser mais dirixidas pero logo sempre nos animamos a empregar o material pola nosa conta. 

Con parte do material que nos deixaron os Reis Magos xogamos a construir os números e tentar atopar todas as posibilidades. E asi, pouco a pouco, imos animándonos con mais números. A este ritmo, en nada, estamos co 9.



Outros días a cousa vai de palabras. Das letras que teñen, dos sons que emiten esas letras, das partes que compoñen a palabra...




Nadal

O regreso das vacacións de Nadal trouxo moitas historias, alegrías de vernos e agasallos debaixo da árbore, porque os Reis Magos deixaron na árbore da escola uns paquetiños para nós. Abrímolos con moita ilusión e con mais aínda experimentamos con eles.

Un material que nos serve para mellorar a nosa motricidade fina, para entrar en contacto con tarefas da vida cotiá e para xogar cos número. Moito os temos usado dende ese día. Grazas aos Reis Magos. 


Clicade na imaxe


Nadal

Entre as sorpresas que nos trouxo este Nadal está esta que agora vos contamos.

Unha pequena elfa deixou nas nosas mesas unha chea de mensaxes tan bonitas como estas. Mensaxes que logo escollimos case a cegas e que agora nos acompañan cada día na nosa axenda. A escolla foi perfecta a pesar de non saber o que poñía na que escollíamos nun primeiro momento, cousas da maxia e a enerxía quizaís. 

Moitas grazas a esa elfa, porque as palabras e frases positivas nunca sobran. E porque si,  porque somos isto e moito mais.




miércoles, 14 de febrero de 2024

Nadal

Cheou o momento para o que tanto pensamos e ensaiamos, o festival!!!! Como Mik precisaba moitos axudantes, decidimos botarlle unha man. Alí fomos unha chea de ratiños a tratar de resolver un problema cunha carta de Nadal que, esperemos, rematase chegando ao seu destino.

Moitas grazas a vós familias, ao alumnado por participar con tanta ilusión e a toda esa xente que sempre se anima a botar unha man, así como a cabeciña pensante que hai detrás de todo este festival.

Clicade na imaxe


Nadal

O noso Mik, como non podía ser doutro xeito, preparou para nós unhas propostas na biblioteca relacionadas cos deportes de inverno: a patinaxe sobre xeo, o bobsleigh, o curling... Unhas propostas desas nas que o principal é experimentar, e sentir, e probar, e errar... Desta vez fixemos neve artificial, pintamos con xeos de cores, xogamos coa gravidade construindo circuitos con rampas e tamén practicamos coa electrónica.

Moitas grazas a Mik e as súas colaboradoras.

Clicade na imaxe

Nadal

Xa sabedes que iso de enredar na cociña é algo que nos gusta moito e, mais aínda, se se trata de galletas. Pois esta vez decidimos facer unhas galletiñas e logo decorar con elas a nosa árbore. O peor foi ter que agardar tantos días para poder levalas a casa. 

Graciñas á nosa xefa de repostería por estar sempre aí para nós 😉

Clicade na imaxe