sábado, 18 de noviembre de 2023

Samaín

O Samaín continuou con un montón de propostas e xogos: os disfraces, o túnel, as actividades que Mik propuxo para nós dende a biblioteca, unha merenda riquísima ca que nos agasallaron algunhas compañeiras e compañeiros... 

Como sempre, moitas grazas pola vosa colaboración para poder levar a cabo todas elas e tamén pola vosa participación na ambientación do centro cunhas cabazas tan chulas.


Clicade na imaxe
 
Clicade na imaxe


Clicade na imaxe



Samaín

Comezamos o noso Samaín cociñando coas nosas compañeiras e compañeiros de 5º de Primaria. Esta vez fixemos dedos de bruxa, ben ricos!!

A cociña é cousa seria e, como somos moitos, temos que ir por quendas; así que mentre uns cociñaban, outros fixeron unha actividade plástica que o alumnado de 5º preparou para nós.

Sempre é un pracer facer este tipo de xuntanzas. Moitas grazas ao alumnado de 5º pola súa ilusión por compartir tempo e experiencias con nós e polo cariño e respecto cos que nos tratan. Moitas grazas tamén a Vinca, Susana e Toniño, imprescindibles para poder levar a cabo estas experiencias e desmontar, ou montar, os seus horarios. Como sucede nos escenarios, a xente que hai detrás das luces tamén é necesaria para o espectáculo.

Clicade na imaxe


Experimento

Como parte deste proceso de descubrimento e atención ao Bosque e o Outono, levamos a cabo un pequeno experimento relacionado co cambio da cor das follas nas árbores. Por que cambian de cor? 

O experimento levounos a ter que cortar as follas con tesoiras, a man ou un coitelo, e a machacalas, antes de poder continuar. Para un dos momentos precisamos da man do adulto que nos acompañaba. E unha vez listo, soamente podíamos facer unha cousa, agardar. E que sucedeu despois de todo? Pois vos deixamos que o descubrades e que nos preguntedes. 

Para obter parte da resposta acudimos aos científicos, por suposto. Unha cousa é o experimento e outra outro tipo de información.


Clicade na imaxe


domingo, 5 de noviembre de 2023

Outono Mural

Chegou o Outono e comezaron as nosas observacións, preguntas e pescudas. E tamén as nosas peticións para vós, familias.

Ademais de conversar e saír a ver as nosas árbores e coller follas, comezamos por facer un mural no que colocar esas fotos de Outono que vos pedimos e que nos axudan a seguir compartindo, observando e lanzando preguntas.


Clicade na imaxe



Sementeiras. Bois

A nosa participación no Proxecto Terra, deunos a posibilidade de solicitar algunhas propostas de Sementeiras. Esta é a primeira e corresponde a Bois. Cunha coidada e pensada estética ofrécense ao alumnado diferentes espazos e materiais para a súa experimentación. 

Non cabe dúbida de que desfrutamos moito. Moitas grazas a Createctura pola súa proposta.

Clicade na imaxe