domingo, 2 de diciembre de 2018

Pintura rupestre

Chegou o momento de empregar a cor vermella e eleximos, como non o "bisonte en reposo".

Pintura rupestre

E agora faltaba o vermello. pois para conseguir vermello recurrimos de novo á cociña e desta vez empregamos pementón e, en lugar de clara de ovo, algo que temos na aula: cola e auga; así o pigmento quedará pegado ao papel. E, como non, toca ulir. Ulir antes e ulir despois.

Pintura rupestre

Aquí nos tedes, pintando ca nova cor. Para o que eleximos un debuxo que empregara Xian para contarnos as cousas que, xunto coa súa familia, descubrira sobre a Pintura rupestre.
Grazas familias por tódalas vosas aportacións, elementos esenciais para manter e incrementar a nosa curiosidade e motivación.

Pintura rupestre

Desta vez queríamos conseguir outra das tonalidades empregadas na Pintura rupestre: o ocre. Para conseguilo empregamos Cúrcuma e clara de ovo, outro dos elementos clave na elaboración dos pingmentos.
Por suposto houbo que separar a clara da xema e reflexionar sobre a idoneidade desta última por non ter apenas cor. E....a poñer en marcha o sentido do olfato!! Como cheirará a cúrcuma?, e a clara de ovo?, e as dúas mesturadas?
As caras que poñen exprésano todo.

domingo, 18 de noviembre de 2018

Samaín na Biblioteca

O noso Mik, como non podía ser doutro xeito, preparou para nós unhas cantas cousiñas. E aquí nos tedes, disfrazándonos de bruxa e inventando un conxuro, comendo froita con vermes, metendo a man en caixas misteriosas.... E tamén tivemos que pintar monstros e vimos un vídeo no que aparecían os cadros de medo elexidos por cada aula e a música que, grazas ao mestre Gonzalo, creamos para eles.


Samaín

E chegou o Samaín!. Algo tarde no noso cole, pero chegou. Estábamos desexando disfrazarnos e facer algunha que outra trasnada.

lunes, 5 de noviembre de 2018

Botas

Nestes días tamén tivo lugar un acontecemento moi necesario e, para nós, ben agardado: a chegada da chuvia!!!! Si, si, estábamos desexando que chovese para poder estrear as nosas botas de auga. E aquí nos tedes, cun sorriso de orella a orella, porque a actitude é o que marca como vivimos cada momento.

domingo, 4 de noviembre de 2018

Pintura rupestre

E aquí tedes a segunda parte.
Elaborada a pintura a partir do carbón, tíñamos que crear con ela as nosas propias pinturas rupestres. Había que ver o tacto, a pegada que deixaba, cal era o resultado... E, para pintar, empregamos, como non, as nosas propias mans, os nosos dedos.
Quedáronnos ganas de seguir experimentando!!

Pintura rupestre

Comezamos a viaxe polo mundo da pintura podemos dicir que polo seus comezos, cando case nada era como agora o coñecemos.
A primeira parada é, pois, a Pintura rupestre, e Uxío trouxo todo o material e coñecemento necesarios para poder crear pintura partindo do carbón.
Resultou unha experiencia moi interesante.
Grazas a Uxío e á súa familia.

Visita á Biblioteca

Aquí nos tedes na tradicional visita á Biblioteca. Momento para ver a selección de libros relacionados co proxecto feita por Mik, as novidades, recoller as mochilas e unha piruleta. Todo despois de sacar unhas fotiños no photocall tan bonito que preparou unha das familias do noso centro.

Cabazas

Beltaine trouxo á aula unhas mini cabazas ca idea de que as baleirásemos e as puidésemos utilizar para facer "Truco ou Trato". E así foi. Levounos un par de días e moito esforzo baleiralas, pero o divertido do proceso e marchar con elas cheas de sugus, fixo que merecese a pena.
Grazas a Beltaine e a súa familia pola súa aportación.

Inauguración da Biblioteca

Chegou o día esperado, a inauguración da Biblioteca. A partir de agora comezan as aventuras, os contos e historias e a maxia da pintura.
Esta vez, tivemos a sorte de que Uxía e Roscón, parte de Uxía Lambona e a Banda Molona, para nós a mais importante, nos agasallase cunha estupenda actuación.
Moitísimas grazas por facernos desfrutar.

viernes, 2 de noviembre de 2018

Galletas de Outono

Este ano tocou mesturar pintura e outono, e o resultado foi espectacular, como sempre. Anxo e a súa familia decidiron facer como aportación algo que mesturase outono, pintura e....galletas!!!! Así que a súa nai trouxonos unhas galletas de manteiga con forma de folla e explicounos como pintalas cas cores de outono.
O momento que mais nos tardou, foi o de poder comelas.
Unha experiencia deliciosa e moi interesante.
Grazas.

sábado, 6 de octubre de 2018

Bechiños

A natureza decidiu entrar na nosa aula e este simpático bechiño recibiume unha destas mañáns. Por suposto metino con cariño nun recipiente para compartir esta inesperada visita co resto do grupo.
Deu para observar, charlar, intercambiar puntos de vista e para facer unha pequena excursión ata o castiñeiro, e devolvela ao seu medio, lonxe das nosas pisadas.
Que pracer que a natureza decida sorprendernos así e agasallarnos estes momentos non planificados; se cadra, os mellores.

Cando as visitas traen felicidade e sorpresas

Tivemos a sorte de ter visita. Unha visita que, como sempre, trouxo felicidade, xogos e sorpresas. Esta vez aprendemos novas palabras en LSE (lingua de signos) e comezamos a practicar cun novo xogo. Entre outras moitas cousas, claro.
Graciñas. Volve visitarnos pronto.

domingo, 16 de septiembre de 2018

Comeza unha nova aventura

Comezamos un novo curso e un novo proxecto a nivel de centro e, por suposto, nós xa comezamos a experimentar.

Atención e respiración

Ca idea da importanción de ser quen de estar atent@s, de ser conscientes do que sucede e do que nos sucede, levamos a cabo, a finais do curso pasado, unha nova actividade de respiración e atención, debido a súa inevitable conexión.
Desta vez, a experiencia consistíu en seguir a silueta da nosa man co dedo. Cando o dedo sube, é o momento de coller aire e, cando baixa, de deixalo saír.
Os ollos pechados, a postura correcta, o percibir o aire saír e entrar... son tamén elementos moi importantes.
Sempre é un pracer adicar un anaquiño a facer este tipo de actividades, das que xa comezamos a desfrutar.

Vermes de seda

Foi esta unha das últimas experiencias do curso pasado: os vermes de seda. Resultou moi interesante notar o seu tacto, as súas patiñas facéndonos cóxegas, escoitar o ruído que fan ao comer, percatarnos do rápido que desaparecen as follas da moreira, e outras moitas cousas.
Se temos oportunidade, este curso coidaremos os nosos propios vermes de seda!!

O Principiño

O curso pasado e grazas á familia de Emma Cerdeira a nosa aula transformouse non espazo mais bonito e acolledor. Ademais tivemos a sorte de poder ver en directo a colocación dese estupendo estor do Principiño, facéndonos conscientes tanto da vosa colaboración como do proceso, pois as cousas non aparecen por arte de maxia.
Moitísimas grazas. 



domingo, 13 de mayo de 2018

Maios

Como un ano mais chegou o día de celebrar os Maios e dar a benvida á Primavera. Este ano tivemos a sorte de poder colaborar na confección do mesmo, unha nova experiencia que acollimos con moito entusiasmo.
Grazas a tod@s pola vosa colaboración: alumnado, familias e mestres, especialmente a Mariluz, que segue a axudarnos encantada.
Un orgullo poder manter os nosos costumes, porque soamente amando o noso, poderemos respectar e amar o alleo.

Atención e paxaros

Hoxe foi un día especial e excepcional. Aproveitando o bo tempo decidimos saír a practicar Ioga (algo que xa vimos facendo na aula unha vez por semana) e a traballar a nosa atención, sentindo, desta vez, de onde ven o vento. E... de onde ven o vento?, de aíiii, de aíiiii; teño esta orella fría, e a meixele, e eu, e eu.... Foi unha estupenda experiencia que repetiremos con frecuencia. 
Para rematar o día, unha sorpresa: casiñas para paxaros. Unha vez tomadas as decisións pertinentes, imos colgalas na árbore que mais axeitada nos parece, e, ao día seguinte... Haberá paxaros? 
Grazas a Raúl e Rocío polas ideas e a inestimable axuda e colaboración. 
Unha xornada espectacular!!!


Atención e paxaros

martes, 1 de mayo de 2018

Saída ao teatro. Antón comodón

Fomos ao teatro a ver o espectáculo de monicreques "Antón comodón" da compañía L´Estaquirot Teatre. A verdade, gustounos moito, non soamente pola historia senon polos monicreques, a escenografía, a música e a iluminación. Todo moi coidado e de moita calidade. Un pracer poder desfrutar deste tipo de espectáculos todos xunt@s.

lunes, 30 de abril de 2018

Semana da Poesía

Desta vez, A Semana da Poesía chegou algo mais tarde, na que correspondía ao Día do Libro. Escollemos para recitar un poema do libro Pompas de cores, que leva o mesmo nome. Escrito por Miguel Anxo Romero e ilustrado por Leandro Lamas. 
Foi estupendo escoitar aos nosos compañeir@s de 5 e 3 anos, así como o poema que recitou para nós a profe Laura. Grazas a tod@s. E un pracer ter como público ao alumnado de primeiro e segundo de Primaria, moitos dos cales son irmáns e irmás dos nosos compañeiros.

Taller de Hervé Tullet. Flores

Desta vez a nosa experiencia foi levar a cabo un taller de Hervé Tullet, un artista ben creativo. Así que, servíndonos dun papel mooooi longo, pinceis, témperas de cores e as instrucións que aparecen no libro deste autor, comezamos a aventura e o desfrute. 
A primeira parte consistiu en debuxar puntos e círculos, grandes, pequenos, lonxe, preto, uns arredor dos outros, uns dentro dos outros... cambiando de sitio logo de cada orde e cambiando de cor de cando en cando.
A segunda trouxo sorpresa. Que pasa se debuxo.... Unha flor!! É unha flor!!! E tod@s a debuxar flores, engadindo o talo, as follas e os pétalos se nos prestaba. E, por suposto, cambiando de sitio e de cor. 
Pasámolo en grande, encantounos o resultado e fomos quen de cambiar de sitio de xeito ordenado, pedir aos compañeir@s a súa cor cando a desexábamos, seguir as ordes, etc.
Por suposto, pensamos repetir a experiencia!!!

miércoles, 25 de abril de 2018

Plantando a Primavera

Chegou a Primavera e tocaba vestir as fiestras con fermosas flores que agora debemos coidar. 
Esta vez tocou aprender a renunciar ao noso desexo de plantar, pois non había para tod@s; saber da necesidade de remexer a terra para aireala e facilitar que a raíces penetren nela agora que está mais branda, de retirar as raíces das plantas anteriores, de cambiar as plantas de maceta cando as súas raíces xa non teñen espazo suficiente, do importante de coñecer o nome do que plantamos para saber que coidados precisa, e moitas cousas mais. Ademais de meter as manciñas na terra, coller as plantas con agarimo, cheirar as súas flores, regar e tocar a auga... Cantas experiencias nos permite un acto que parece tan simple!!
O pracer de aproveitar ao máximo o cotiá.

Xogando cas alturas

E aquí nos tedes, xogandos cas nosas alturas, cas nosas medidas. 
Á marxe da exactitude das mesmas, das trampas feitas á hora de medirse, da corrección da escrita dos números... o importante foi a experiencia, o ser quen de ordenarnos de menor a maior, de hipotetizar quen sería o/a seguinte e comprobar se acertábamos ou non, de buscar compañeir@s que medisen o mesmo, descubrir números correlitivos, percatarnos dos erros ao escribir os números, etc.
E todo sendo nós os e as protagonistas dende o primeiro momento. 

lunes, 23 de abril de 2018

Alturas

O profe Raúl, regalounos, xa hai algún tempo, un metro moi chulo que colocamos no marco da porta da clase; un metro que nos serviu para enredar de novo cos números. 
Medir pódense medir moitas cousas, pero que mellor que medirnos a nós mesm@s? Deste xeito os números e as cantidades teñen sentido, resultan moi interesantes e significativas, por estar relacionadas con nós e cunha persoa tamén significativa. 
Grazas polo agasallo, que empregaremos mais veces, como mínimo para medirnos de novo a comezos do próximo curso e comprobar canto crecemos durante as vacacións.

domingo, 22 de abril de 2018

O Principiño

A nai de André viña a contar un conto á clase de 5 anos, e como hai que aproveitar tódalas oportunidades, viu tamén á nosa. E fíxoo para contarnos, dun xeito estupendo, unha fabulosa historia: O Principiño.
Moitas grazas por ese tempo compartido e por esas historias contadas. 





Sonrisas por tiritas

Unha nova actividade chega para nós, unha ben interesante: Sonrisas por tiritas. Comezamos por ir ver a exposición e coñecer en que consiste o proxecto. Para descubrir aos voluntarios e voluntarias e todas as cousas divertidas que levan para os nen@s, e para decatarnos dun elemento común a tod@s: O SORRISO. E tamén para descubrir a unha parella xa coñecida: Uxía Lambona e Roscón, que tamén comparten o seu tempo con aqueles que o precisan.
Xa sabendo algo mais, acudimos á charla e, de novo, aparece Roscón en escena para facernos rir e pasar un bo rato ao tempo que aprendemos cousas novas sobre o proxecto e sobre a necesidade de ser solidari@s. 
Grazas a tod@s aqueles que adicades parte do voso tempo en sorrir e facer sorrir a quen mais o precisa. O noso mais grande sorriso para os e as que sorrides e para os e as que precisan sorrir.

miércoles, 18 de abril de 2018

Chea de vida por AZ lengua de signos

Aquí tedes outra conexión desas das que falamos ás veces, outro trascender o ámbito da aula para logo regresar a nós de novo. 
Neste caso, a canción Chea de vida e a lingua de signos, ambas especiais para nós, únense da man dunha das actividades extraescolares de Zoe, para regresar de novo grazas ás novas tecnoloxías.
Acollemos o vídeo con ilusión e cariño, pola canción, pola lingua de signos e por Zoe, comprobando que todo iso existe mais aló da nosa aula e reforzando emocionalmente as nosas experiencias e aprendizaxes. 


Xogos ao sol

Despois dunha longa tempada, regresou o sol, e con el o noso carriño de xogos para o patio cas súas novas adquisicións: zancos e cordas novas. Un pracer desfrutar de novos descubrimentos, das exploracións, da liberdade de movementos con menos roupa, da maxia de compartir e ilusionarnos, das infinitas posibilidades que se abren ante nós...e do xogo cas sombras, porque desta vez tamén xogamos a crear sombras e a capturalas ca cámara, sendo modelos, unhas veces, e fotógraf@s outras. Deixando voar a imaxinación, pondo a creatividade en marcha e a proba as nosas habilidades motrices.
Porque cada estación, cada condición climatolóxica, nos ofrece e nos agasalla diferentes experiencias. Está en nós o saber aproveitalas e desfrutalas.

lunes, 9 de abril de 2018

Medidas en papel

Grazas as amizades que fixemos xa hai uns meses e que pensan en nós con moita frecuencia (o profe Raúl), xurdiu esta actividade, que serve para conectar a experiencia do pluviómetro co que traballamos en lóxica matemática, cas nosas "decenas" e "unidades", cas nosas contas e cálculos, co ABN. Unha actividade que se fai mais gratificante, e polo tanto fructífera, por vir de quen ven, dunha persoa que a propón con tanto cariño como o que nós lle temos, e porque ademais está relacionada cunha experinecia nova, acollida con éxito, e palpable. 
Que pracer que as aprendizaxes estean conectadas e poidan extrapolarse a situacións diferentes, e que ben cando xorden do cariño e se fan con cariño.
Grazas.





domingo, 1 de abril de 2018

Atando cordóns

Como xa sabedes, estamos practicando a atar os cordóns dos zapatos cun truquiño do profe Raúl. Pois para animarnos e estimular mais se cabe os nosos esforzos, chegan estes zapatiños. Zapatiños que levaremos para a casa cando xa teñamos certo dominio da técnica, e así poder seguir practicando e facer nós de mestres e mestras de atar cordóns, porque non hai mellor cousa que compartir as aprendizaxes. 


domingo, 25 de marzo de 2018

Ovos de chocolate con froita

Xa facía tempo que non cociñábamos, así que non podíamos deixar rematar o trimestre sen unha nova receita. Desta vez fixemos uns "ovos" de chocolate con froita. Primeiro tocou derreter o chocolate ao baño María e ver como ía pasando do seu estado sólido inicial a un estado líquido, ao tempo que o seu cheiro inundaba toda a clase. Logo, con el tépedo, bañar os globos e deixalos arrefriar. Ao día seguinde chegou o momento de pinchalos e retiralos, para, por parellas, cortar fresas e plátano; enchelos e cubrilos con chocolate branco. Levou o seu tempo, pero estaba riquísimo!!! 
Todo sen esquecer unhas boas medidas de hixiene: globos, froita e mans ben lavadiñas.

domingo, 18 de marzo de 2018

Día da Muller

O 8 de Marzo, Día da Muller, foi un día diferente; un día para falar, descubrir moitas cousas, reflexionar... Ademais de ver uns vídeos relacionados coa temática, acudimos á biblioteca, pois Mik, como sempre, tiña cousas ben interesantes preparados para tod@s nós. A primeira parada foi no panel da entrada, onde atopamos información sobre diferentes mulleres que foron pioneiras, tanto no ámbito do cine como en outros moitos. Xa no interior da biblioteca decubrimos o libro "Pioneiras. Galegas que abriron camiño", no que Mik se baseou para o traballo do panel e a decoración da biblio. Vimos a entrevista que a prensa lle fixo á autora e á ilustradora do mesmo libro e xogamos a buscar a parte desas mulleres nos carteis que penduraban do teito.

Pluviómetro. Auga, moita auga

Aquí están as cinco primeiras semanas do noso pluviómetro. Esta última vez recolleu moita, moita auga. Auga que, a pesar de todo, agradecemos. É imprescindible para a vida, para unha terra verde. 
Pero o pluviómetro tamén nos permite facer outras moitas cousas: cal é o número mais grande?, e o mais pequeno?, que semana recolleu mais auga?, cal menos?, cantas cifras teñen eses números?....
Unha mesma actividade permite múltiples aprendizaxes, ás veces, incluso inesperadas. 


sábado, 3 de marzo de 2018

Día da Paz

Esta é a actividade que levamos a cabo para o Día da Paz. Unha actividade na que, ademais de pasar moi bos momentos, empregamos a linguaxe de signos e fixemos uso da Aula de cine. Unha actividade na que participuo todo Infantil, profesorado incluído, e coa colaboración especial de Mik e Alfonso. Grazas aos dous e, por suposto, a Raúl, quen fixo realidade esta idea, chegando incluso a mellorala. 


Realidade aumentada

Outra das actividades que levamos a cabo co profe Raúl foi a de experimentar ca realidade aumentada. A maxia das novas tecnoloxías fixo que os bonecos que acabábamos de pintar, case adquirisen vida propia. Ata podíamos ver os músculos e osos, e iso que no noso debuxo non aprecían por ningunha parte. Que misterios!

domingo, 25 de febrero de 2018

Raúl. Grazas

Grazas polos xogos compartidos, polos momentos de complicidade, por ensinarnos lingua de signos, polo pluviómetro, polo dobrador de camisetas, polas candeas e os conos de luz da relaxación... E polo teu cariño, entusiasmo, interese, respecto... Por darte a nós dende o corazón.
A mensaxe do vídeo non é de todo correcta por problemas técnicos, entre outros, pero agardamos que ti a entendas. 

sábado, 24 de febrero de 2018

Raúl. Marcho que teño que marchar

Tocou despedirse. Remata unha viaxe. Pero cando unha viaxe remata, outra comeza, e agardamos que teñas un oco para nós nela, que de cando en cando fagas escala na nosa aula para contarnos as túas aventuras e compartir con nós algo do teu tempo. Como di unha canción de Magín Blanco que hai un tempo andamos a escoitar: marcho, que teño que marchar. Marchas, porque tes que marchar.
Moitas grazas Raúl, e moitas grazas familias por esa sorpresa e ese cariño; tíñao ben merecido 😉

Dobrando camisetas

Aquí nos tedes poñendo en práctica a nosa nova habilidade de dobrar camisetas. Unha das últimas actividades, que non a derradeira, que fixemos co profe Raúl. A cousa comezou cunha desorde total, pero seguindo as súas instrucións, rematamos construíndo unha torre de camisetas ben colocadiñas.
Xa estamos algo mais preparad@s para axudar mais nas actividades domésticas 😉

viernes, 23 de febrero de 2018

Segunda recollida

E chegou o día da segunda recollida. Desta vez non pasamos de 30 litros por metro cadrado como na vez anterior, pero aproximámonos.


miércoles, 21 de febrero de 2018

Patio novo

Xa fai uns días que fixemos a estrea dun novo espazo de xogo, un espazo que nos permite desfrutar mais do sol e o aire libre. Un lugar no que xogar á comba, facer voar as nosas cometas Waldorf, pintar con xices no chan, descubrir bichiños (que logo deixamos no seu hábitat), xogar cas follas, facer pompas de xabon, e moito mais. Un espazo que aínda irá completándose con mais novidades, pero do que xa facemos bo uso.
Temos que dar as grazas ao centro e ao resto do profesorado por apoiarnos e facer as xestións necesarias, e ao Concello por cambiarnos o peche do mesmo, algo imprescindible para poder utilizalo.
Agora, logo de varios días de chuvia, podemos saír a correr, saltar, compartir experiencias, estar en contacto cas árbores, as follas, as flores, os paxariños piadores... e, sobre todo, sentirnos libres.

lunes, 19 de febrero de 2018

Mañás doces

O Entroido trouxo algunha sorpresa mais, aínda que non relacionada con esta celebración. Anxo quixo compartir con tod@s nós unhas galletas en forma de corazón; e Uxía, trouxo magdalenas que fixo inspirándose no libro de receitas da mochila viaxeira. Grazas aos dous e ás súas familias. Estaba todo delicioso.





Primeira recollida

E logo de 10 días e aproveitando unha escampadiña, fomos a ver canta auga recollera o noso pluviómetro. 34 litros por metro cadrado!!! Houbo que lembrar como calcular esta cantidade e, despois, tocou sacarlle a auga e colocalo de novo. Dentro de nada xa toca facerlle outra visitiña. Canta auga terá recollido?


domingo, 18 de febrero de 2018

Entroido. Festival

Aquí tedes unhas fotiños do día do festival. Un día sempre intenso, pero moi divertido. Nelas aparecen os verdadeiros artistas, os nenos e nenas, pero tamén hai un oco para algunha profe; en concreto unha que nunca dubida en axudarnos ao que sexa necesario. Grazas Rocío.

Visitando a nosa plantación

Fomos a facerlle unha visita á nosa plantación, e descubrimos que algúns castiñeiros xa están nacendo!!!👏


Pluviómetro

A proposta do profe Raúl, que sempre ten moi boas ideas, decidimos facer un pluviómetro. Pero a cousa non ía ser tan sinxela. Tivemos que ver o que era un pluviómetro, e un metro cadrado; xa de paso, cant@s podíamos meternos no metro cadrado; o que significaban, mais ou menos, os litros por metro cadrado; etc. E, despois, montar o pluviómetro e colocalo, e.... agardar a que chovese, claro!
Grazas por esas ideas.

jueves, 15 de febrero de 2018

Filloas

E despois de tanto disfrazarse, maquillarse, ir a charlas e exposicións, ter visitas sorpresa... Haberá que tomarlle algo, non? E nesta época, que mellor que unhas filloas quentiñas e recén feitas! 😋

miércoles, 14 de febrero de 2018

O Meco. Día 4

E para o último día, o Meco deixou reservadas as estrelas. Serían as do "Paseo da fama"? Quen sabe, nós traer, trouxemos estrelas.

O Meco. Día 3

Hoxe tocou traer gafas. Gafas para afastarse dos focos, para pasar desapercibid@s, para ocultar o cansanzo... ou quen sabe.

O Meco. Día 2

O segundo día, o Meco manda traer bigote. Quizais pensando en Charles Chaplin, no Capitán Garfio e en tantas outras personaxes do cine que adornaban a súa cara con este elemento.

O Meco. Día 1

Chegou o Meco e as súas ordes. O primeiro día toca traer garavata ou paxariña. E nós, cumprimos.

Calendario de Entroido

Xa vos comentamos que o Entroido viña cargado de actividaedes, e esta é unha delas. Temos un calendario no que aparecen sobres cunha serie de datas sinaladas, días nos que algo especial acontece no Entroido dalgún lugar da nosa Galiza. Ese día corresponde abrir o sobre e descubrir a información que conten e, de cando en cando, algún segredo agochado. Uns días pode ser fariña, outro as espadas dos Xenerais da Ulla, un bonequiño o xoves de Comadres ou de Compadres... e outros que aínda non coñecemos, porque o Entroido é unha festa tan agardada, que logo, custa moito despedila. Que sorpresas nos agardarán para os próximos días?

Exposición sobre o Entroido en Galiza

Tódalas visitas chegaron ao cole despois de ter aprendido e visto unha chea de cousas sobre o Entroido, tanto na aula como con Laura, e logo de ter visitado a Exposición sobre o Entroido en Galiza. Esta vez, temos que dar de novo as grazas ao Equipo de Dinamización da Lingia Galega pola preparación da mesma, así como a todos aqueles Concellos que colaboraron con nós aportando documentación e os carteis do seu Entroido, en especial, ao de Manzaneda, por emprestarnos todas esas fermosas fotografías. Moitas grazas.

martes, 13 de febrero de 2018

Entroido. Cigarrón

Se fai uns días puidemos desfrutar de ver de preto unha Mázcara de Manzaneda, esta vez é o Cigarrón quen nos visita da man do alumnado de primeiro. Grazas a avoa dun dos nosos compañeiros de primeiro desfrutamos doutra das personaxes típicas do noso Entroido. Moitas grazas a avoa e aos nosos compañeir@s por compartir con nós esta visita.

Entroido. Mázcara de Manzaneda

Este Entroido está cheo de sorpresas e visitas inesperadas. Neste caso, foi unha Mázcara de Manzaneda a que nos acompañou. O noso convidado trouxo moita informacíon, vídeos e sons. Ata bailou para nós ao son do folión. Moitas grazas.

Entroido

Si, chegou o Entroido e unha nova decoración, para a que contamos, como en cada ocasión, coa vosa colaboración.







Agasallo dos Reis Magos

Aínda que algo tarde, non podíamos deixar de compartir con vós, os agasallos que os Reis Magos deixaron para nós.



domingo, 21 de enero de 2018

Hologramas en 3D

Co profe Raúl facemos iogures, aprendemos a atar os cordóns, facemos piruetas, debuxamos... e vemos hologramas en 3D, porque a tecnoloxía tamén forma parte das nosas vidas. A experiencia cos hologramas fíxonos falar das pirámides, dos exipcios e a súa escritura, das propiedades dos materiais, da reflexión e ata do Louvre. Fixemos a nosa pirámide e comprobamos como dunha debuxada nun folio podemos pasar a outra en tres dimensións; fixemos maxia para que, esas pirámides, logo dunhas palabras máxicas repetidas mentres camiñábamos, desen lugar a outras mais pequeniñas e transparentes para poder ver os hologramas no teléfono. E, como non, vimos os hologramas na aula. Moitas grazas por todas estas experiencias.


O hamster de Xian

Os Reis Magos deixaron un membro mais na familia de Xian; un membro ben pequeniño e algo especial. E tivemos a sorte de que o se irmán e un compañeiro seu o trouxesen de visita á nosa aula, para presentárnolo e contarnos un montón de cousas sobre el. Moitas grazas por esa inesperada visita. Cando o hamster sexa un pouquiño mais grande, estaremos encantad@s de que volva visitarnos.


Festival de Nadal

Con algo de retraso aquí tedes parte da reportaxe fotográfica do festival de Nadal. Foi unha experiencia estupenda e a emoción por maquillarse de leóns tanta, que colaboraron enormemente. Mereceu a pena o traballo e o esforzo de todo@s vendo as súas caras de satisfacción.


viernes, 5 de enero de 2018

Película de Nadal

Mik, o noso rato da bibliopteca, está en todo, así que deixou para nós unha sesión de cine preparada. A escollida, esta vez, foi:  Arthur Chritmas. Operación regalo 🎁

André e Ana: Conto de Nadal

Non podiamos rematar a ano sen unha nova historia desas que André trae para nós. Desta vez, como non, foi un conto de Nadal.  Agardamos o seguinte con ilusión.

Conto de Nadal

Dos diferentes contos que Mik deixou na biblioteca para nós, este foi o escollido para contar acompañado de  linguaxe de signos, grazas a colaboración do profe Raúl. Que sorte temos! Estamos a prender un montón de cousas novas.

miércoles, 3 de enero de 2018

Casiñas de xenxibre

Aquí tedes esa colaboración vosa para nós tan importante. Unha chea de casiñas de xenxibre sensacionais. Unhas con purpurina, outras con algodón, outras con animais, con luces, acompañadas de galletas de xenxibre....e ata comestibles por completo. Foron, dende logo, unahs últimas semanas ben doces. Moitas garzas outra vez e desculpade se quedou algunha sen fotografiar.

Decoración de Nadal



Por suposto, ca chegada do Nadal, tocaba mudar a decoración do corredor. Para o que, de novo, tivemos o pracer de contar coa vosa colaboración. Moitas grazas.





Primeiros auxilios

E tocou unha nova charla sobre primeiros auxilios. Con moitas ganas preparamos o noso boneco, aínda que a escaseza de tempo impediunos pintalo todo o que nos gustaría. List@s co boneco e o coxín, alá fomos. Aprendemos un montón de cousas e ata practicamos a reanimación. Tan ben o fixemos que nos felicitaron cun diploma e unha piruleta en forma de corazón. Moitas grazas por esta interesante charla.