sábado, 24 de febrero de 2024

A Paz

Mik non deixa atrás moitas conmemoraciós, e A Paz non é unha delas. É por iso que preparou unha proposta para nós na Biblioteca. A temática, como non podía ser doutro xeito, foron os Xogos Olímpicos e Parlímpicos. 

Esta vez presentounos imaxes de diferentes deportistas sobre as que reflexionamos, así como un mapa do mundo sobre o que fomos colocando as bandeiras dos seus países. Foi así, por medio da observación e da reflexión, como nos decatamos e chegamos á conclusión de que persoas moi diversas e de moitos lugares do mundo participan e poden participar en competicións deportivas, e practicar o deporte que mais lles guste.

Temos que darlle tamén as grazas a Cris, que nos acompañou e nos falou de moitos deses países, porque unha das cousas que mais lle gusta é viaxar e coñecer diferentes lugares e culturas.


Clicade na imaxe


Tartarugas

Tivemos a sorte de que Rocío trouxese as súas tartarugas. Foi un momento de exploración, descubrimento e de enfrontarnos aos nosos medos. 

Que mellor maneira de aprender a coidar aos animais e a respectalos que téndoos así de cerca.

Grazas Rocío.

Clicade na imaxe


Xa sabedes que sempre andamos a enredar con diferente material e con diferentes propostas, ás veces parten de ser mais dirixidas pero logo sempre nos animamos a empregar o material pola nosa conta. 

Con parte do material que nos deixaron os Reis Magos xogamos a construir os números e tentar atopar todas as posibilidades. E asi, pouco a pouco, imos animándonos con mais números. A este ritmo, en nada, estamos co 9.



Outros días a cousa vai de palabras. Das letras que teñen, dos sons que emiten esas letras, das partes que compoñen a palabra...




Nadal

O regreso das vacacións de Nadal trouxo moitas historias, alegrías de vernos e agasallos debaixo da árbore, porque os Reis Magos deixaron na árbore da escola uns paquetiños para nós. Abrímolos con moita ilusión e con mais aínda experimentamos con eles.

Un material que nos serve para mellorar a nosa motricidade fina, para entrar en contacto con tarefas da vida cotiá e para xogar cos número. Moito os temos usado dende ese día. Grazas aos Reis Magos. 


Clicade na imaxe


Nadal

Entre as sorpresas que nos trouxo este Nadal está esta que agora vos contamos.

Unha pequena elfa deixou nas nosas mesas unha chea de mensaxes tan bonitas como estas. Mensaxes que logo escollimos case a cegas e que agora nos acompañan cada día na nosa axenda. A escolla foi perfecta a pesar de non saber o que poñía na que escollíamos nun primeiro momento, cousas da maxia e a enerxía quizaís. 

Moitas grazas a esa elfa, porque as palabras e frases positivas nunca sobran. E porque si,  porque somos isto e moito mais.




miércoles, 14 de febrero de 2024

Nadal

Cheou o momento para o que tanto pensamos e ensaiamos, o festival!!!! Como Mik precisaba moitos axudantes, decidimos botarlle unha man. Alí fomos unha chea de ratiños a tratar de resolver un problema cunha carta de Nadal que, esperemos, rematase chegando ao seu destino.

Moitas grazas a vós familias, ao alumnado por participar con tanta ilusión e a toda esa xente que sempre se anima a botar unha man, así como a cabeciña pensante que hai detrás de todo este festival.

Clicade na imaxe


Nadal

O noso Mik, como non podía ser doutro xeito, preparou para nós unhas propostas na biblioteca relacionadas cos deportes de inverno: a patinaxe sobre xeo, o bobsleigh, o curling... Unhas propostas desas nas que o principal é experimentar, e sentir, e probar, e errar... Desta vez fixemos neve artificial, pintamos con xeos de cores, xogamos coa gravidade construindo circuitos con rampas e tamén practicamos coa electrónica.

Moitas grazas a Mik e as súas colaboradoras.

Clicade na imaxe

Nadal

Xa sabedes que iso de enredar na cociña é algo que nos gusta moito e, mais aínda, se se trata de galletas. Pois esta vez decidimos facer unhas galletiñas e logo decorar con elas a nosa árbore. O peor foi ter que agardar tantos días para poder levalas a casa. 

Graciñas á nosa xefa de repostería por estar sempre aí para nós 😉

Clicade na imaxe