domingo, 24 de octubre de 2021

Contos de Outono

O noso Mik, ao que lle encantan os contos e as historias, fíxonos chegar un libro cunha historia de Outono e unha propostiña. Aqui vos deixamos algunhas fotos. Non atoparedes o resultado da proposta de todos nós, pero prometemos amosárvolas noutra ocasión.

                                                                            Clicade na imaxe

O charco

 

Que alegría chegar ao patio e descubrir un charco. Primero achegarse e emocionad@s compartir o descubrimento con berros de emoción. Logo os pequenos achegamentos aproximando o pé co fin de calcular a profundidade. Outros prefiren quedar no borde e ir introducindo unha pa na auga (medición con elementos no convencionais, que se lle chama). Feito o cálculo hai quen se atreve a meterse dentro, animando a outros que observaban con ganas. Case ao mesmo tempo hai quen emprega a pa para baleirar a auga, pode que polo simple pracer, ou na procura de diminuir a profundidade e sentirse mais segur@. E pronto chegan os baldes e os traslados de auga a outro espazo mais amplo, a diferentes recipientes para crear grandes historias, o compartir de balde a balde con quen non te; os trasvases.... E, por casualidade, a caida de area nos charcos fai que algúns cse decaten de que a textura comeza a mudar e engaden area para seguir probando, investigando a transformación. E muda o estado, a consistencia... Escoitase: se vuleve más pegajosa!! E continua o xogo, a experimentación, a creación, a diversión, a concentración e a aprendizaxe.  

Porque UN CHARCO non é soamente un charco.


                                                                                    Clicade na imaxe


lunes, 4 de octubre de 2021

Iniciamos un novo proxecto, neste caso relacionado cos talentos. 

Cada un de nós ten diferentes talentos, todos igual de importantes. O punto de partida é o libro: El gran libro de los superpoderes. A partir de aquí desexamos descubrir algún dos talentos dos que desfrutades nas vosas familias. E é por iso, como xa sabedes, que pedimos a vosa colaboración.

Gustaríanos comprtir con vós, familias, o noso punto da partida, así que aquí vos deixamos un enlace a un fragmento do libro. 

Moitas grazas. Agardaremos para coñecer os vosos talentos. 


Clicade na imaxe