martes, 24 de octubre de 2023

Enredando

Os números están presentes moitas veces no noso día a día: cando vemos @s que estamos e @s que falta, o número do día do mes no que estamos, cando xogamos a ordenalos, cando falamos de cantos anos temos, de cantos cornos ten un caracol... Pois, de vez en cando, tamén practicamos o seu trazo. Comezamos por sentilo nos nosos dedos e que o noso cerebro vaia gardando recordo do mesmo. Facelo en movementos mais grandes e espertando o sentido do tacto axúdanos a coñecer os movementos necesarios.




 

Cociña

Xa sabedes que nos gusta moito cociñar e poder comelo despois, claro. Pois este curso xa comezamos facendo un biscoito de chocolate. E, mentres íamos colocando os ingredientes, tamén experimentamos con masa. Foi moi divertido. 

Momentos nos que poñer a traballar todos os sentidos e ademais ir practicando en planificar as accións, ordenar os pasos, medir e pesar...

Clicade na imaxe


Froito da formación do profesorado de Infantil do curso pasado, que nos permitiu ampliar coñecementos e miradas, creamos unha proposta para o noso alumnado. Un espazo de estética coidada onde presentar diferentes alternativas para interactuar. Un espazo onde o obxectivo é explorar, experimentar, cultivar a capacidade de asombro, compartir, colaborar, crear e moitas outras cousas mais. Un lugar no que entrar con expectación e saír con ganas de repetir.

Clicade na imaxe