domingo, 21 de marzo de 2021

Bolboretas. Sorpresa no patio

Tivemos a sorte de atopar unha bolboreta pousada no chan do patio. As súas ás semellaban algo perxudicadas, así que decidimos levala a un lugar mais seguro e axeitado. Pero....antes de deixala entre a herba, adicamos un anaco a observala e, por sorte para nós, non sabemos se para ela, puidemos tela un anaquiño sobre as nosas mans. Foi todo un acontecemento!!!! Agradecemos que a natureza nos teña concedido esta experiencia que desfrutamos con moita intensidade. 


                                                                Clicade na imaxe


Día da Muller

Para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller, o alumnado de Infantil pintamos un mural ca imaxe de Aúrea Rodríquez, a primeira gaiteira. A imaxe foi sacada do libro Pioneiras, do que tamén nos servimos para descubrir cousas da vida desta muller tan decidida e forte. Ademais de averiguar cousas sobre Áurea Rodríguez, tamén escoitamos moitas das cancións do cd Cantigas de Mulleres, unha escolma de cancións interpretadas por mulleres da nosa terra, que cada unha no seu estilo, trasmite a esencia da nosa tradición.

Logo fomos a ver como quedara o mural e as aportacións do resto de alumnado do centro, que fixo escolla dunha muller relacionada co mundo da música, investigando sobre a síua biografía e xustificando a súa elección. 

                                                 Clicade na imaxe 😉

Sorpresas e experiencias

Como sempre, en calquera momento podemos descubrir cousas marabillosas que espertan a nosa curiosidade, que nos fan buscar respostas e que dan lugar a novos coñecementos. Momentos estupendos que nos amosan que o coñecemento aparece en calquera lugar e que reside nas cousas mais dispares e, sobre todo, que nace no noso interior.

Profe, profe, ven, mira, mira!!! Una hoja hecha con telas de araña!! Donde esta? Aquí? La ves?

E por suposto, a mestra vai, e mira, e descobre ela tamén a folla feita de teas de araña que ese pequeno non se atreve a tocar pero que o ten fascinado. E a colle, e lle explica que si que parece feita de tea de araña pero que é froito da descomposición, que se foi desfacendo e caendo a capa superior, como se fose unha lixeira pel, e que o que vemos son os nervos da folla. E axuda a que o pequeno a toque, e el aínda algo inseguro a toca e logo a garda para a súa caixa dos tesouros. 

Non é un momento máxico?

Velaquí a folla feita de tea de araña. 




Bolboretas

E continua chegando novo material para traballar as bolboretas. Inclusive engadimos o uso da  tablet cunha carpetiña con fotografías e videos que estivemos empregando; así podemos velos en calma cando nos apeteza. 

Deixamos unhas fotografías do material e de nós traballando con el. 



                                                    Clica na imaxe

domingo, 7 de marzo de 2021

Bolboretas

Ademais do interesante que resulta o seu ciclo vital, existen unha grande cantidade de bolboretas, algunhas ben singulares. Para descubrir todas estas cousas xa sabedes que estamos a ver algúns vídeos, pero tamén recurrimos á información en papel, como a que nos proporcionan estes dous libros tan fermosos.