domingo, 9 de junio de 2019

Excursión Fundación Laxeiro

Como este curso o Proxecto de centro foi de pintura, non podíamos deixar escapar a ocasión de visitir unha exposición.
Foi este, un día moi especial, xa que coincidiu co regreso de Abril, que xa facía moitos días que non a víamos. Logo do caloroso recibimento marchamos cara a aventura. Primeiro demos un paseo pola nosa cidade, parando nalgúns sitios destacados: na Biblioteca municipal, de onde Martina trae libros que logo contamos en clase, e onde outros moitos van de cando en vez; no escaparate dunha librería ben chula; na Colegiata, pois fomos recibidos pola súa campá; na Estación Marítima e as esculturas homenaxe a emigración, que tamén gardaba relación co pintor dese día; no Nadador, etc. Fixemos un par de amigos de catro patas e aprendemos moitas cousas sobre pintura, ao tempo que amosábamos todos os coñecementos traballados tamén este curso. Para rematar retratamos a un compañeir@, pero o resultado queda para outra presentación.

A Horta. Fabas

E por fin chegou o día de plantar as fabas. Tarde, sabémolo, pero foron tantas as vosas aportacións que estivemos moi ocupad@s. Moitísimas grazas, encántanos que o da escola chegue a casa e o de casa á escola. Ademais, xa que era un día ben caluroso, aproveitamos para mollarnos algo e comprobar como a auga da mangueira nos permitía crear o arco da vella.

Incubadora

Aínda non vos contáramos que temos unha ducia de ovos nunha incubadora.
Todo comezou o día en que Uxío trouxo un ovo de oca que espertou en nós unhas ganas enormes de ter poliños. Pero non tiñamos nin galiñas nin galiñeiro. Todo isto levounos a falar e reflexionar sobre como nacían os polos, que cousas precisaban para desenrolarse.... E....a idea de ter unha incubadora. Pois grazas a Beltaine e á sáu familia esa idea e ese desexo fixéronse realidade, cando menos en parte, pois agardamos a que polo menos naza un poliño.