domingo, 11 de abril de 2021

E de pronto, temos ás de bolboreta

E non podía ser doutro xeito: nós tiñamos que transformarnos tamén en bolboretas. 

Para iso soamente precisamos xices de cores, paciencia e deixar voar a imaxinación.

Sairon bolboretas de longas ás, de ás de cores, pequenas e redondeadas, de longas antenas, mais ou menos elaboradas... E que curiosidade saber as ás que me están a debuxar, como poder conter o desexo de velas antes de rematadas, o esforzo por aceptar que non me van a debuxar as ás que eu quero, senon as que gusta @ artista; que sol fai!, como molesta a pesar de ter os ollos pechados!, podemos colocarnos á sombra?... 

Canta a prendizaxe, cantas experincias, xorden de deitarse no chan e deixar que nos debuxen unhas ás. 

A voar!!!! 


Clicade na imaxe


No hay comentarios:

Publicar un comentario