lunes, 26 de abril de 2021

Experimentando cos pigmentos naturais.

Pasamos un anaco moi divertido e estimulante xogando e experimentando cos pigmentos naturais. Poder mancharnos e empregar as mans para estender todos eses pos de cores foi fantástico; descubir que sucede cando se mesturan; observar como cambian as texturas e cores cando empregamos sobre eles pinceis mollados en auga, ver que podemos facer debuxos, aprender a respectar o espazo dos nosos compañeir@s, facer debuxos colectivos, descubrir que cando mollamos moito o papel este abranda e racha, mellorar o manexo dese instrumento...e moitas cousas mais. 

E todo impregnado de risas, ollos abertos, chamadas aos compañeir@s para compartir descubrimentos, exclamacións de sorpresa... 


Clicade na imaxe


No hay comentarios:

Publicar un comentario