domingo, 11 de abril de 2021

Sorpresas e bolboretas

O noso Mik sempre sabe todo o que acontece na escola e, como non, tamén sabía que xa fai un tempo que andamos a aprender cousas das bolboretas. Quizais por iso deixou para nós dous agasallos magníficos: uns vermiños de seda para que poidamos ver en vivo e en directo todo iso que descubrimos nos vídeos e libros sobre o ciclo vital deste máxico insecto, e un conto, por suposto, titulado "Rita".

Grazas a Mik, á nosa contadora de historias e a quen nos agasallou esa enorme bolboreta da que despois saiu unha doce sorpresa. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario