domingo, 21 de noviembre de 2021

Talentos. Familia de Naia

Foi o pai de Naia quen nos visitou esta vez para compartir con nós o seu talento. Un talento de novo musical.

Como sempre, todo comeza cunha invitación, que as nosas fantásticas familias sempre aceptan encantadas. 

O pai de Naia ten moitos instrumentos, moitos, moitos, e, ademais, de diferentes lugares do mundo, así que tivo que facer unha escolla entre todos eles para a súa visita. Trouxo instrumentos de África, Brasil, do Caribe e de Irlanda. Nos días previos buscamos no mapa mundi onde se atopaban estes lugares en relación a onde nós vivimos. Ademais, escoitamos a unha escolla de músicos seleccionados por Roi, o pai de Naia, para ir entrando en situación.

E chegou o gran día. Roi tocou todos os instrumentos mentres nos contaba algunha cousiña de cada un. De momento ben atento@s. Logo chegou a nosa quenda. Puidemos tocar o instrumento que mais nos gustase. O que mais éxito tivo foi un que se chama Steel pan, xa veredes. Logo Roi sacou dunha maleta unha chea de instrumentos mais pequenos, moitos feitos por el mesmo, para que puidésemos tocar todos xuntos e facer agún xogo de ritmo. E, para rematar, bailamos libremente unha rumba de Castrelos.

Outra xornada estupenda, de novo un luxo poder vivir esta experiencia.

Moitísimas grazas a Roi e tamén grazas aos mestres que nos acompañaron, que non dubidaron en probar tamen eles os instrumentos 😉

                                                                                        Clicade na imaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario