Imos a amosarvos algún material que temos á nosa disposición. Algún, así como o vedes, de uso mais libre na medida en que imos estando preparad@s e outro que vai sendo organizado en función de diferentes propostas. Un material que tamén nos sirve de soporte e axuda para tarefas posteriores en formato papel, de tal xeito que a tarefa sendo común teña en conta os diferentes puntos de partida. Cada un e cada unha temos diferentes maneiras de comprender unha mesma proposta e, polo tanto, trátase de ter á nosa disposición diferentes opcións para realizala.
Neste caso empregamos cubiños e regretas para construir números, buscando asociar a grafía, o nome e a cantidade que representa. Xa mais tarde, os empregamos para averiguar o resultado de unir dúas cantidades: se fago unha torre de 4 cubos verdes e logo outra de 5 cubos brancos e as uno, cantos cubos terá a torre final?
Nesta ocasión a proposta consistía en mover os coches unha certa cantidade de postos e nunha dirección determinada para comprobar a que número chegaban. Así traballamos tamén a serie numérica e a posición de cada número dentro da mesma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario