viernes, 5 de noviembre de 2021

Novas rampas e regreso do charco

 Segundo día de charcos, de trasvases, de saltos, de construir canles cas que dirixir a auga, de balbordo...

Pero non sempre é así. Hai uns días non había charco, e algúns decidiron tentar crealo ca auga das botellas. E chegou a explicación da función desa auga, da necesidade dun uso axeitado da mesma, xa que é un ben escaso,... E de que íamos a xogar e desfrutar no charco cando a natureza nos agasallase ca chuvia e a chuvia co charco.

E nun deses días, o que aquí vedes, no medio do xogo escóitase unha voz que di: "gracias lluvia!!"

                                                                                            Clicade na imaxe

Porque non se trata de ter todo en cada momento senon de desfrutar e apreciar o que hai. Hoxe é un charco, na primavera serán as flores e os insectos, no outono as follas, en tempo húmido unha ra ou as miñocas... E imos decatándonos do paso do tempo, desfrutando de cada momento, agardando con ilusión a chegada das cousas e incrementando así o seu valor, percibindo que todo é efémero, e vivindo o momento, o aquí e o agora.


No hay comentarios:

Publicar un comentario