Imos a amosarvos algún material que temos á nosa disposición. Algún, así como o vedes, de uso mais libre na medida en que imos estando preparad@s e outro que vai sendo organizado en función de diferentes propostas. Un material que tamén nos sirve de soporte e axuda para tarefas posteriores en formato papel, de tal xeito que a tarefa sendo común teña en conta os diferentes puntos de partida. Cada un e cada unha temos diferentes maneiras de comprender unha mesma proposta e, polo tanto, trátase de ter á nosa disposición diferentes opcións para realizala.
domingo, 28 de noviembre de 2021
Manipulando e aprendendo
Creacións
Aquí vos deixamos algunhas das creacións que cada xornada saen das nosas mans e do noso enxeño, e que non soamente son resultado do pracer do xogo, senon que poñen a proba as nosas destrezas e a nosa ceratividade. No seu proceso de creación entran en xogo múltiples destrezas e habilidades que van mellorando coa práctica: a organización, a planificación da tarefa, a motricidade fina, o equilibrio, a orientación espacial, a percepción e a organización do espazo, as simetrías, o conteo, a capacidade para comunicarnos e chegar a acordos.... E a satisfacción de ter conseguido un reto e lograr plasmar o que temos na mente, e ademais por un mesm@, xa sexa en solitario o en compañía.
domingo, 21 de noviembre de 2021
Talentos. Familia de Naia
Foi o pai de Naia quen nos visitou esta vez para compartir con nós o seu talento. Un talento de novo musical.
Como sempre, todo comeza cunha invitación, que as nosas fantásticas familias sempre aceptan encantadas.
O pai de Naia ten moitos instrumentos, moitos, moitos, e, ademais, de diferentes lugares do mundo, así que tivo que facer unha escolla entre todos eles para a súa visita. Trouxo instrumentos de África, Brasil, do Caribe e de Irlanda. Nos días previos buscamos no mapa mundi onde se atopaban estes lugares en relación a onde nós vivimos. Ademais, escoitamos a unha escolla de músicos seleccionados por Roi, o pai de Naia, para ir entrando en situación.
E chegou o gran día. Roi tocou todos os instrumentos mentres nos contaba algunha cousiña de cada un. De momento ben atento@s. Logo chegou a nosa quenda. Puidemos tocar o instrumento que mais nos gustase. O que mais éxito tivo foi un que se chama Steel pan, xa veredes. Logo Roi sacou dunha maleta unha chea de instrumentos mais pequenos, moitos feitos por el mesmo, para que puidésemos tocar todos xuntos e facer agún xogo de ritmo. E, para rematar, bailamos libremente unha rumba de Castrelos.
Outra xornada estupenda, de novo un luxo poder vivir esta experiencia.
Moitísimas grazas a Roi e tamén grazas aos mestres que nos acompañaron, que non dubidaron en probar tamen eles os instrumentos 😉
Clicade na imaxeMagosto
Aquí está o noso Magosto. Houbo música e baile, xogo libre e outros xa mais organizados nos que precisamos en ocasións de máxima concentración, equilibrio, puntería...
Logo de tanto desgastar hai que repoñer forzas cas castañas ben quentiñas que Alfonso e Mariluz estiveron asando para nós. Pero non hai Magosto sen caras enzoufadas de cinza.
Grazas a tod@s os que fixeron posible vivir as nosas tradicións e desfrutar dunha mañá solleira e feliz: Alfonso, Mariluz, Rocío e todo o profesorado, así como ANPA, que aportou as castañas e e a leña.
Clicade na imaxe Clicade na imaxeMural contos de Outono
E aquí chega o prometido, as creacións cas follas de outono sobre as súas fotografías en branco e negro.
Desta vez unimos as experiencias levadas a cabo en cada un dos contos para crear un mural de outono.
domingo, 7 de noviembre de 2021
Contos de Outono
Chegou un novo conto de Outono e unha nova experiencia plástica. Esta vez tíñamos a nosa disposición: témperas con cores desta estación, plantillas, esponxas e dous anacos ben grandes de papel branco. A nosa tarefa: experimentar estampando, emprengando as dúas partes das plantillas con formas de follas.
A elección da plantilla e a cor era libre, así como o lugar de colocación. Soamente tiñamos que compartir cos demais e pedir axuda cando o necesitásemos.
A desfrutar!!!
viernes, 5 de noviembre de 2021
Novas rampas e regreso do charco
Segundo día de charcos, de trasvases, de saltos, de construir canles cas que dirixir a auga, de balbordo...
Pero non sempre é así. Hai uns días non había charco, e algúns decidiron tentar crealo ca auga das botellas. E chegou a explicación da función desa auga, da necesidade dun uso axeitado da mesma, xa que é un ben escaso,... E de que íamos a xogar e desfrutar no charco cando a natureza nos agasallase ca chuvia e a chuvia co charco.
E nun deses días, o que aquí vedes, no medio do xogo escóitase unha voz que di: "gracias lluvia!!"
Clicade na imaxejueves, 4 de noviembre de 2021
Talentos. Familia de Alexandre
Xa comezou a andar hai xa uns días a nosa pescuda sobre os talentos que hai nas vosas familias. E dun deses talentos, sae esta visita.
Todo comeza cunha invitación para compartir ese talento musical de Bea, a nai do noso compañeiro Alexandre. Ela acepta encantada e ben a compartir con nós unha chea de cousas. A amosarnos fotografías de cando cantaba na ópera, a propoñernos representar un anaquiño de unha, para o que necesitará alguén que faga de pai e alguén que faga de morto. E non pensedes que foi fácil, tivemos que facer sorteo. O papel de pai tocoulle a Naiara e o de morto a Nora. O resto tiñamos que chorar rodeando a Nora. Pero antes, como saber o ton no que cantar? Pois Bea tiña para iso un obxecto máxico que, cando o achegabas á orella logo de darlle un golpiño, facía soar a nota LA. E fomos probando, por suposto. Xa preparados, a soprano toma o ton e a cantar!!! E menudo volume!!!
A cousa non quedou aquí, pois amosounos outro obxecto para saber a velocidade á que cantar e tocar, un metrónomo. E volvemos experimentar, desta vez cantando "cumpleaños feliz" a distintas velocidades.
E ensinounos o libro de partituras que hai que aprender para interpretar unha ópera e contounos que sempre lle gustou a música e que a súa era unha familia de gaiteiros. A ela custoulle un chisquín que lle deixaran tocar a gaita, pero tivo un apoio fundamental, a súa avoa. E non ía a marchar sen tocarnos este instrumento, claro.
Un pracer, moitas grazas por esta oportunidade e por compartir con nós este talento, foi un privilexio.
lunes, 1 de noviembre de 2021
Patio
Quen decide a forma que debe ter unha casa? Ou o deseño dos seus espazos? Porque, para ser un fogar, unha casa debe acollernos e debemos sentirnos a gusto nela. E cando a imaxinación todo o fai posible...
Quen dixo que non podíamos poñerlle un montón de espazos dende os que ver as estrelas fugaces?
A diversión non ten que ver ca cantidade de cousas que temos,
senon co que facemos con aquelas que temos a man.
Samaín
Celebramos o noso Samaín, non con todo o que nos gustaría, pero si aproveitando ao máximo as posibilidades do momento. Houbo disfraces, música e sons terroríficos, merendas de medo e ata un túnel do terror que rematou co visionado dun conto.
Moitas grazas, familias, pola vosa colaboración e tamén a tod@s os mestres e demais persoal que fixo posible este día.
🎃🎃
Clicade na imaxe
Clicade na imaxe