viernes, 30 de abril de 2021
Series
jueves, 29 de abril de 2021
Fíxose a luz
E como non, conseguíchedes que se fixese a luz 👏👏👏. Nalgúns casos houbo que botar man de axuda especializada pero saiu.
Atent@s aos vídeos que en medio da pantalla negra aparece un breve segundo de luz.
clicade na imaxemiércoles, 28 de abril de 2021
Xogando cos números
Que xenial esa preparación do material de xogo. Moito se moveron eses números de acó para aló e moitas boliñas comeron.
Pouca cousa é necesaria para enredar e pasar un tempo desfrutando.
Experimentando
Pois xa que se vos da tan ben, hoxe imos con outra proposta de, maxia ou ciencia?
A ver se sodes capaces de ver a luz 😉
martes, 27 de abril de 2021
Experimentado
Non sabemos se era ciencia, ou maxia, ou ambas cousas, o que está claro é que resultou moi interesante experimentar.
Aquí vos deixo algunhas cousiñas que me fixéchedes chegar sobre esta experiencia. Estaría xenial facela todos xunt@s, pero así ides vendo aos vosos compañeir@s.
Clicade na imaxelunes, 26 de abril de 2021
Experimentando cos pigmentos naturais.
Pasamos un anaco moi divertido e estimulante xogando e experimentando cos pigmentos naturais. Poder mancharnos e empregar as mans para estender todos eses pos de cores foi fantástico; descubir que sucede cando se mesturan; observar como cambian as texturas e cores cando empregamos sobre eles pinceis mollados en auga, ver que podemos facer debuxos, aprender a respectar o espazo dos nosos compañeir@s, facer debuxos colectivos, descubrir que cando mollamos moito o papel este abranda e racha, mellorar o manexo dese instrumento...e moitas cousas mais.
E todo impregnado de risas, ollos abertos, chamadas aos compañeir@s para compartir descubrimentos, exclamacións de sorpresa...
Experimentando
Aquí vos deixo a propostiña de hoxe. Algo de ciencia?, algo de maxia?; quizais un pouco de todo. Ánimo!!!!
viernes, 23 de abril de 2021
Día do Libro
O noso Mik fainos chegar unha carta, á que parece ser que seguirán algunhas propostas e unha sorpresa. Agardaremos impacientes.
domingo, 11 de abril de 2021
Sorpresas e bolboretas
O noso Mik sempre sabe todo o que acontece na escola e, como non, tamén sabía que xa fai un tempo que andamos a aprender cousas das bolboretas. Quizais por iso deixou para nós dous agasallos magníficos: uns vermiños de seda para que poidamos ver en vivo e en directo todo iso que descubrimos nos vídeos e libros sobre o ciclo vital deste máxico insecto, e un conto, por suposto, titulado "Rita".
Grazas a Mik, á nosa contadora de historias e a quen nos agasallou esa enorme bolboreta da que despois saiu unha doce sorpresa.
E de pronto, temos ás de bolboreta
E non podía ser doutro xeito: nós tiñamos que transformarnos tamén en bolboretas.
Para iso soamente precisamos xices de cores, paciencia e deixar voar a imaxinación.
Sairon bolboretas de longas ás, de ás de cores, pequenas e redondeadas, de longas antenas, mais ou menos elaboradas... E que curiosidade saber as ás que me están a debuxar, como poder conter o desexo de velas antes de rematadas, o esforzo por aceptar que non me van a debuxar as ás que eu quero, senon as que gusta @ artista; que sol fai!, como molesta a pesar de ter os ollos pechados!, podemos colocarnos á sombra?...
Canta a prendizaxe, cantas experincias, xorden de deitarse no chan e deixar que nos debuxen unhas ás.
A voar!!!!