domingo, 23 de febrero de 2025

Enredando

Enredar, enredamos con moitísimas cousas e materiais. Esta vez imos a falar de cando enredamos a construir números. Porque os números se constrúen si. Comezamos do 1 o 10 e a medida que imos comprendendo, imos ampliando.

Para iso de enredar a construir números empregamos diferente tipo de material. Un destes materiais son as Tábos de Seguín e as perlas. Xa levamos un tempo explorando e construíndo con elas en gran grupo. Agora que andamos cos números e cantidades comprendidas entre o 20 e o 29, animámonos a introducir outra proposta, a de autoavaliarnos, a de chequear que números destes somos quen de construir. Nós memos/as imos marcando nunha folla de rexistro. Gañamos en autonomía ao tempo que practicamos a capacidade de comprobar por nós mesmos os nosos avances.



Novos espazos

Imos crecendo, desenvolvendo destrezas e habilidades novas, interesándonos por outras cousas, descubrindo outros aspectos do noso mundo e manifestando outras necesidades. É por iso que os espazos teñen que ir cambiando, para poder dar resposta a eses intereses e necesidades novos e para sementar novos retos e inquietudes.

Aquí vos deixamos unhas fotiños dun espazo que mudou, co fin de traer novas sensacións, relacións, novos mundos e posibilidades.







A Paz

O noso ratiño Mik fíxonos unha proposta para conmemorar o Día da Paz. A súa fonte de inspiración foi unha canción titulada "Abriendo caminos".

Tendo en conta a canción, pediunos que elaborásemos mensaxes de vida, mensaxes positivas. Unha para cada un dos grupos do cole. Unha vez elaboradas, tivemos a visita dun representante de cada grupo, ao que lle entregamos a mensaxe, introducíndoa nunha botella. Tamén nós visitamos a todos os grupos na procura das nosas mensaxes. A botella quedou logo no noso mar particular, coas Cíes de fondo. O día 30 fomos a recoller a botella para poder ler e conversar sobre as mensaxes e tamén puidemos ver un vídeo cos nosos camiños na procura das mensaxes. 

Decidimos buscar unha imaxe que representase cada mensaxe e colocalas nun lugar espeial da aula, para telas á vista e que nos poidan servir para reconfortarnos, animarnos, etc cada vez que o precisemos. 





Se queredes saber mais e ver o vídeo visitade o Novo Recanto de Mik.



Clicade na imaxe

domingo, 16 de febrero de 2025

Cociña: Biscoito de iogur e fresas

Regresamos á cociña. Desta vez para elaborar un biscoito de iogur e fresas. Cada vez somos mais capaces de facer mais cousas soas e sos e, como xa sabedes, encántanos isto de facer cousiñas para logo comer tod@s xunt@s. Esta vez primeiro comemos as fresas que picáramos e que sobraran, pois o biscoito tiña que enfriar. A espera fíxose un pouco longa, pero rematou chegando o momento de degustalo.


Patio

Xa fai tempo que os arcos da vella ocupa un lugar importante nos debuxos de cada día. Arcos da vella que son posibles grazas ao sol pero tamén á chuvia. E é a chuvia a que nos trae outro agasallo, a auga, tan valiosa e necesaria e que tanto desexamos atopar entre os xoguetes cando abrimos os bauis do areeiro. Son moitos os traballos que ás veces pasamos para rescatala deses pequenos lugares nos que queda agochada; outros días hai mais sorte e temos de sobra. Son días de facer masa, comidas, estradas e ríos por onde ela circula, atopar caracois nun charco e crearlles un lugar para eles, facerlle unha casa a unha miñoca, plantar árbores que a chuvia regará, e desfrutar, sobre todo desfrutar, sen importar mancharnos as mans, a roupa e ás veces sen querer ata a cara. Xa nos limparemos despois para non manchar o interior do cole.

Grazas chuvia pola auga que nos deixas e a diversión que a acompaña.