miércoles, 20 de abril de 2022

Pascua

Pois o coelliño de Pascua🐇 pasou pola escola e deixou para nós dúas actividades. Fíxonos chegar unha carta con todo ben explicadiño. Para comezar tivemos que ir á aula da luz negra e coller as dúas partes dun ovo para logo montalo. Para que brillasen houbo que darlle á cabeza e pensar que podíamos precisar, menos mal que nos deixou unha pista para atopar un saquiño co necesario. Cos ovos escintilando colocámolos no niño e... proba superada!!! podíamos xogar co que alí había e ir a polo segundo reto!!



Xogamos e pasámolo xenial, iso si, logo colocamos o niño de novo no fose a ser, e vos... sshhhh non digades nada. Sen perder tempo por se o coelliño se arrepentía decidimos iniciar a búsqueda. Xurdiu un pequeno contratempo, a chuvia, pero nada que non tivese solución, a nós non ía a pararnos unha cousiña de nada e menos tendo en conta que estamos súper preparad@s. Así que, logo de vestirnos, alo marchamos e con tanta emoción e carreira que fomos deixando unha chea de ovos atrás, menos mal que sempre hai un especialista. 
Foi unha xornada ben divertida. Que mellor maneria para despedirnos antes dunhas vacacións que vivindo aventuras xunt@s.





No hay comentarios:

Publicar un comentario