domingo, 4 de diciembre de 2022

Familias

A propostas do tema das nosas familias e as conversas xurdidas das fotografías, conectaron cun conto titulado: Mamá, de onde veñen os bebés?, que vai contando as crenzas máxicas sobre esta orixe en diferentes lugares do mundo. Así, que comezamos a trazar os camiños que nos levan a cada un destes lugares e a coñecer cousas sobre eles, en ocasións tamén cancións.


Na viaxe por Africa, esta foi a nosa canción.

viernes, 2 de diciembre de 2022

Nadal

Onte atopamos na aula unha carta e resulta que era dun elfo, un elfo aventureiro que decidiu vir de visita para traernos sorpresas. Pero é algo rebuldeiro e anda a agocharse polo cole para que nós o atopemos. Así que aló fomos de investigación, e menos mal que o atopamos pronto. Primeiro decidimos ir ata a biblioteca por se estaba con Mik, logo ao comedor, porque xa eran horas e ao mellor co cheiriño... Alí non estaba e pensamos que quizais lle gustase tanto a sala de xogos como a nós e xa íamos camiño a aula de Toniño cando o atopamos nun globo, colgado do teito, facéndolle compaña aos compis de 5 anos que andaban por alí a traballar.

Clicade na imaxe

Agora agardamos novas sorpresas e novas búsquedas.

Formas

Xa hai un tempo que estivemos falando do círculo e das cousas redondas. E o falar e explorar levounos tamén a dous contos, dos que quixemos deixar plasmadas as súas personaxes en papel.





lunes, 14 de noviembre de 2022

Outono

É Outono, está aquí, presente a cada paso que damos, coas súas cores e as súas características. É por iso que o quixemos facer mais presente, que o quixemos mirar e saudar. Para iso falamos do que sucede ao noso arredor e observamos a natureza que nos rodea, pero tamén vimos fotografías das paisaxes galegas nesta época. Fixemos xogos con follas e eleximos unha especial para estampar, empregando algunhas das cores da natureza en Outono. A seleccionada non foi dunha árbore autóctona, pero si dunha árbore ben particular, o Gingko biloba. 









Magosto

Chegou o Magosto e con el a nosa primeira vez nos xogos con grupos compostos por alumnado de tódolos cursos. A algúns e algunhas custounos un pouco mais que a outros iso de marchar de xogo en xogo da man dos maiores, pero foi toda unha aprendizaxe. Aprendizaxe para tod@s. Unha experiencia para aprender a acompañar e a ser acompañado, respectar, adaptarse, ter en conta as necesidades dos demais, organizarse, estar atentos uns dos outros....

Moitas grazas a tod@s aqueles que fixéchedes posible esta xornada e especialmente aos nosos compañeir@s maiores que con tanto agarimo nos acompañaron e tentaron consolarnos se nos poñíamos nervis@s.

Clicade na imaxe

 

domingo, 6 de noviembre de 2022

Samaín

Foi unha semana de tres días pero moi intensa, pois para nós chegou o momento de celebrar o Samaín.

O primeiro día xogamos con todas as actividades propostas polo noso amigo Mik: crear monstros, disfrazarse de monstro, maquillarse, decorar patas de araña...

O segundo foi o día da visita ao túnel do terror ou, mais ben, á casa do noso Conde Drácula particular. Aí xa experimentamos algo de medo, pero todas as emocións son positivas e valiosas.

E, por último, disfraces e merendas terroríficas. Se o outro día agradecemos a Olmo que trouxera galletas de dedo de bruxa para todos, desta vez o agradecemento vai para Uxía, Manuel e Julia. Grazas por compartir cousas tan ricas con nós.

Ademais de amosar as nosas cabazas e vasoiras decoradas coas que melloramos a ambientación da escola.

Moitísimas grazas a todos e todas, familias incluidas, os que fixéchedes posible este Samaín.


Clicade na imaxe

Clicade na imaxe

Clicade na imaxe


jueves, 3 de noviembre de 2022

Inauguración da Biblioteca

Pois a segunda proposta do noso MIk foi disfrazarse dunha superheroina ou superheroe inventado e inventar tamén o mineral que nos daba o poder, a maxia. E así fixemos. Aínda que, non llo digades a ninguén, pero poderes xa tiñamos.


 

martes, 1 de noviembre de 2022

Inauguración da Biblioteca

A inauguración da Biblioteca trouxo diferentes propostas do noso amigo Mik.

A primeira consistiu en entrar na biblio para descubrir o que o noso ratiño tiña para nós. E vaia sorpresa cando vimos que se trataba de entradas para o cine e unha bolsa con flocos de millo. Pois aló fomos a aula da luz negra. Pero a cousa non ía a ser tan sinxela, primeiro tiñamos que descubrir o noso mineral, a nosa pedra máxica. Cousa que fixemos con cincel e mazo en man. Unha vez a proba estivo superada... chegou a quenda dos flocos de millo e a película. Por que quen di que no cole non pode haber unha sala de cine? Unha na que compartir cos nosos compañeir@s, na que poder saír ao baño cando é necesario, na que cambiar de sitio ou de postura...

Que ben o pasamos!!!! Haberá outra pronto?



Propostas compartidas

Os nosos compañeir@s de 5 anos deixaronnos aproveitar a súa proposta, e non dubidamos en aceptar esa oportunidade para xogar, experimentar, crear...de xeito libre.

Dende logo, o que masi éxito tivo foi desfrutar da luz das lanternas agochados na escuridade debaixo das mesas. 

Grazas por deixarnos os vosos materiais e preparación.



domingo, 30 de octubre de 2022

Primeiro día de charco

Cando un charco e mais que auga que a chuvia deixou. Cando un charco son risas, é atreverse a meterse na auga sen saber onde está o fondo, é facer trasvases, é quedar cos pes pegados na lama, son texturas e temperaturas, é coidar dos demais, é amasar e crear e inventar e soñar...

Grazas á natureza que nos ofrece tanto de maneira tan xenerosa. Simplemente temos que sair a desfrutalo e a vivilo.

Seguro que coma este día virán mais e haberá un olliño para capturar ese momento e mostrárvolo. De momento, quedan aquí unhas imaxes.




domingo, 23 de octubre de 2022

Primeiros días

Estas son algunhas das cousas que sucederon cando xa estivemos preparadas e preparados para estar na escola sen a vosa compaña. Moitas grazas por acompañarnos o tempo que foi necesario para cada un e cada unha. Fixo a adaptación mais sinxela e deunos moita confianza.



sábado, 16 de julio de 2022

Despedida

E chegou o fin de festa. Unha xornada de despedidas (de curso, de etapa) e de benvidas.

Moitas grazas a tod@s os que fixéchedes posible esta xornada e en especial ao alumnado de primeiro que nos recibiu e nos acompañou nos primeiros pasos neste novo camiño, dándonos a benvida co corazón e con lingua de signos (LSE).

Grazas a vós, pequenos e pequenas, e tamén as familias por confiar en nós. 

Voade ben alto que nós estaremos aquí sempre que o precisedes

domingo, 26 de junio de 2022

O noso proxeco: SOS extinción. Rescribindo o noso futuro

Non podíamos rematar sen saber o que foron descubrindo o resto de compañeir@s sobre o proxecto deste curso. Que animais ou prantas investigaron?, que foi o que descubriron nas súas investigacións?, que materiais elaboraron?... Así que nuns casos foron eles mesmos os que nos ilustraron cas súas conferencias e explicacións e noutros fomos nós a ver as súas exposicións. Grazas a tod@s polo voso traballo e esforzo e por compartilo cos demais.


Unha xornada en Primaria

A nosa benvida a Primaria xa case podemos dicir que comezou uns días antes cando as nosas compañeiras e compañeiros de primeiro nos convidaron a pasar con eles unha xornada.

Comezaron contándonos moitas das cousas que fan no seu día a día, así como como viviron o paso de Infantil a Primaria. Logo déronnos uns carnés, imprencindibles para poder continuar ca nosa viaxe por unha chea de retos que prepararan para nós e que superamos sen problemas, sempre na súa compaña e ca súa axuda cando o precisamos. E superar, superamos, pero entrounos unha fame... Así que pasamos a compartir algo de comer e un montón de xogos mais.

Grazas a tod@s eles e tamén a Cris e Jorge por acollernos así como a Rocío e Rosa que nos acompañaron.



Libros: O meu irmono e Un can

Se co libro O meu irmono traballamos os parecidos dentro das nosas familias, con Un can fixemos algúns xogos moi divertidos. E, para poñerlle o broche final, o seu autor fíxonos unha visita fantástica na que nos presentou, como primicia, dous novos títulos desta colección de libros algo tolos sobre animais.

E, aproveitando que xa estaba permitido, non perdemos a oportunidade de facer dous grupos mixtos e desfrutar dunha actividade na compaña dos nosos amigos das outras aulas.

Grazas a Miguel López e a tod@s os que fixeron posible esta visita e esta experiencia.




sábado, 11 de junio de 2022

Temos unha nova estrutura no patio. Acompañada de novos retos. A pimeira xornada adicámola a descubrir como cruzarnos sen caer, e rematamos por conseguilo, por suposto. Tanto foi así que algunhas icluso se animaron a complicar algo mais as cousas 😂



sábado, 4 de junio de 2022

Excursión final de curso

Para despedir este curso, esta vez si puidemos ir de excursión todo Infantil, como era habitual e como tanto desexábamos. Pasámolo fenomenal, como veredes a continuación.

viernes, 27 de mayo de 2022

Excursión Valadares

E chegou un momento moi agardado, unha excursión. Non fomos moi lonxe, pois quedamos en Valadares. A verdade é que a distancia pouco importaba e importou, o fundamental era poder saír e desfrutar, e vaia se o fixemos. Primeiro escoitamos música da man da Banda de Música de Valadares, logo recuperamos forzas e a xogar!!! 

Ademais, esta saída tivo de especial que a fixemos todo o centro e que puidemos desfrutar dun tempo xuntos e en natureza. E, aínda que custou, deixamos constancia cunha foto de grupo, bueno, de escola.

Queremos agradecer ao Centro Veciñal e Cultural de Valadares e á Banda de Música este convite, así como o ternos acollido tan xenerosamente nos seus espazos.




Talentos. Familia de Susi

Sempre estamos encantado@s das vosas visitas, familias, e esta vez foi a quenda de Lorena, a nai de Susi, que chegou para compartir o seu talento artístico e guiarnos na creación dunhas fermosas hortensias. Moitas grazas por acompañarnos e compartir ese tempo con nós e grazas tamén a Vinca e Rocío.

Tocou soprar e facer burbullas para logo aproximar o papel e deixar unha pegada ben chula, á que logo engadimos o rabiño e as follas. E, como quen non quere a cousa, aí estaban as nosa flores. 



lunes, 16 de mayo de 2022

Maios

Como para mirar cara o futuro e poder avanzar é fundamental saber de onde vimos, desfrutamos e consideramos fundamental coñecer as nosas raíces e tradicións, a nosa cultura. Neste caso foron os MAIOS, cas súas coplas, o seu fiuncho e os seus pampullos, os maios humanos, os seus cheiros e as súas melodías e cores.

As experiencias compartidas sempre son vividas con alegría e certo nerviosismo e mais cando vimos dun tempo no que as circunstancias nos obrigaron a estar tan separados.

Grazas á vosa axuda, familias, puidemos crear o noso maio, un maio ao que logo lle cantamos e bailamos a pesar dun sol que nos quixo acompañar con tanta forza que case nos fai perder as nosas.

Moitas grazas a todos aqueles que sempre nos botan unha man e aos que agardamos cando se aproximan estas celebracións. Desexamos que o próximo curso xa non sexa preciso gardar ningún tipo de distancia. 


domingo, 8 de mayo de 2022

Ioga

Tivemos a sorte de poder desfrutar dunha nova sesión de Ioga. Neste caso queremos agradecer a Nati que se ofrecese para guiarnos por esta divertida experiencia na que tivemos como obxectivo traballar a nosa atención e centrarnos no momento presente. Iso si, a través de diferentes xogos.

Quentamos todo o corpo con música, fixemos algunhas posturas de animais, xogamos a facer estatuas cando a música o indicaba, tivemos que recolectar pedriñas máxicas de unha en unha, fixemos debuxos cas pedriñas de cores... e levamos para casa unha pedra máxica que axuda a gardar a calma. Ah, e con axuda dunha bruma aromática. 

Grazas de novo.



miércoles, 20 de abril de 2022

Pascua

Pois o coelliño de Pascua🐇 pasou pola escola e deixou para nós dúas actividades. Fíxonos chegar unha carta con todo ben explicadiño. Para comezar tivemos que ir á aula da luz negra e coller as dúas partes dun ovo para logo montalo. Para que brillasen houbo que darlle á cabeza e pensar que podíamos precisar, menos mal que nos deixou unha pista para atopar un saquiño co necesario. Cos ovos escintilando colocámolos no niño e... proba superada!!! podíamos xogar co que alí había e ir a polo segundo reto!!



Xogamos e pasámolo xenial, iso si, logo colocamos o niño de novo no fose a ser, e vos... sshhhh non digades nada. Sen perder tempo por se o coelliño se arrepentía decidimos iniciar a búsqueda. Xurdiu un pequeno contratempo, a chuvia, pero nada que non tivese solución, a nós non ía a pararnos unha cousiña de nada e menos tendo en conta que estamos súper preparad@s. Así que, logo de vestirnos, alo marchamos e con tanta emoción e carreira que fomos deixando unha chea de ovos atrás, menos mal que sempre hai un especialista. 
Foi unha xornada ben divertida. Que mellor maneria para despedirnos antes dunhas vacacións que vivindo aventuras xunt@s.





lunes, 18 de abril de 2022

Primavera

Mik trouxo para nós un reto de primavera. Deixou na aula unha flor e unha nota, ademais dun poema. O reto consiste en investigar sobre esa flor e logo recoller o que consideremos importante nunhas follas dun caderno de campo. Ademais propúxonos aprender o poema e gravar o recitado ca tablet da biblio. A maiores deixou os enlaces dunhas cancións e dunha curtametraxe. Se queredes escoitalas de novo ou ver a curta podedes facelo no blog da biblioteca.




Por onde comezar a nosa investigación sobre a flor? Pois o noso compañeiro Alexandre ofreceuse a preguntarlle a súa tía, que é científica e que, segundo el, seguro que sabía de que flor se trataba e tamén cousas sobre ela. E, ao día seguinte, tiñamos un montón de información da súa man. Grazas á tía de Alexandre.

Grazas tamén a Mik polas súas propostas.




Entroido

E chegou o festival!!!! Esta vez si en directo e xuntos, aínda que respectando medidas e distancias. A verdade é que un festival así sabe mellor e desfrútase mais.

Grazas a tod@s pola vosa colaboración.




Entroido

Claudia preparou para nós unhas actividades co Entroido como tema de base. Moitas grazas polo seu traballo, pasámolo fenomenal.

Grazas tamén ás que nos axudades para que poidamos desfrutar mellor destas iniciativas.




Entroido

 Aqui quedan as fotos os diferentes mandatos do Meco.







sábado, 12 de febrero de 2022

Paz. Luz negra

E chegou o día das gruas de papel. Esas que fixéchedes na casa e que merecen o noso agradecemento.

Foi un día de sorpresas e de algo de maxia, porque ir á aula de luz negra sempre ten algo de máxico. Foi un tempo de desfrutar, deixarnos asombrar, experimentar pero tamén de compartir, respectar, facerse consciente dos demais, de chegar a acordos e xestionar situacións. Pasámolo moi ben e agardamos a seguinte visita a ese lugar onde as cousas, en certo modo, se transforman.

Grazas a vós, familias, pola vosa colaboración e a Claudia e Vinca por acompañarnos.

Clicade na imaxe


domingo, 6 de febrero de 2022

A Paz

Hoxe queremos compartir con vós unha das actividades para conmemorar o Día da Paz. 

Neste caso é Claudia quen nola fai chegar, e quen organizou para nós as diferentes propostas, cas que desfrutamos moito. Moitas grazas pola súa iniciativa e grazas tamén a Vinca polo seu acompañamento durante a realización das mesmas. 

Clicade na imaxe

sábado, 29 de enero de 2022

Talentos. familia de Martín

Hoxe visitounos Helena, a nai de Martín e trouxo con ela unha chea de actividades ben divertidas.

Primeiro explicounos algunhas das cousas que se poden facer sobre os patíns e despois chegou a quenda de poñelos e comezar a experimentar, cada un ao seu nivel. A continuación un circuito. Ben atentos á explicación que hai moitas probas que superar. Tamén nos amosaron algunha postura de acroioga e xogamos con globos, para o que tivemos que cambiar de espazo, pois o vento nos dificultaba o seu manexo.

Moitas grazas, como sempre un pracer. Quedamos con ganas de mais, así que seguro que hai unha segunda visita 😉

Grazas tamén a Vinca, Rocío, Claudia e Emma pola súa axuda.


Clicade na imaxe


jueves, 13 de enero de 2022

Nadal. Agasallo de Reis

Os Reis Magos fixeron tamén parada na nosa aula e deixáronnos unhas cousiñas. Aquí as tedes.




miércoles, 12 de enero de 2022

Nadal. Postal

Agardamos teña chegado ás vosas casas a nosa postal de Nadal. Foron unhas postais feitas ca aportación do alumnado de todas as aulas de Infantil.

Todo comezou ca petición dos nosos compañeir@s de tres. Querían facer unha postal e pedíronnos axuda para elaborar uns carteis que puxesen BO NADAL. Accedimos encantad@s e deixámosllos na porta da aula a modo de sorpresa. Pero chegou a idea de facer tamén para os de catro e puxémonos mans á obra. 

Igual que nós deixamos na porta e na aula dos demais a modo de sorpresa, tamén apereceron na nosa aula e na nosa porta algunhas sorpresas. Rematamos por adiviñar que a árbore sería para facer nós a nosa postal e os cículos e as formas para a súa decoración. E con todo iso e uns carteis que fixemos para nós, puxémonos mans á obra.

E así foi como aportando cada un un elemento, elaboramos unhas fermosas postais. 

Quedan aquí algunhas imaxes.

Os de tres preparando a árbore:






Os paquetiños que atopamos na porta e na aula:


As nosas postais:





domingo, 2 de enero de 2022

Nadal

Grazas pequenas e pequenos, grazas familias, grazas profes e grazas a
todo@s os que nos axudades e sodes cómplices neste camiño. 

Os nosos mellores desexos para este ano que comeza.


Clicade na imaxe