domingo, 24 de octubre de 2021

O charco

 

Que alegría chegar ao patio e descubrir un charco. Primero achegarse e emocionad@s compartir o descubrimento con berros de emoción. Logo os pequenos achegamentos aproximando o pé co fin de calcular a profundidade. Outros prefiren quedar no borde e ir introducindo unha pa na auga (medición con elementos no convencionais, que se lle chama). Feito o cálculo hai quen se atreve a meterse dentro, animando a outros que observaban con ganas. Case ao mesmo tempo hai quen emprega a pa para baleirar a auga, pode que polo simple pracer, ou na procura de diminuir a profundidade e sentirse mais segur@. E pronto chegan os baldes e os traslados de auga a outro espazo mais amplo, a diferentes recipientes para crear grandes historias, o compartir de balde a balde con quen non te; os trasvases.... E, por casualidade, a caida de area nos charcos fai que algúns cse decaten de que a textura comeza a mudar e engaden area para seguir probando, investigando a transformación. E muda o estado, a consistencia... Escoitase: se vuleve más pegajosa!! E continua o xogo, a experimentación, a creación, a diversión, a concentración e a aprendizaxe.  

Porque UN CHARCO non é soamente un charco.


                                                                                    Clicade na imaxe


No hay comentarios:

Publicar un comentario