lunes, 9 de abril de 2018

Medidas en papel

Grazas as amizades que fixemos xa hai uns meses e que pensan en nós con moita frecuencia (o profe Raúl), xurdiu esta actividade, que serve para conectar a experiencia do pluviómetro co que traballamos en lóxica matemática, cas nosas "decenas" e "unidades", cas nosas contas e cálculos, co ABN. Unha actividade que se fai mais gratificante, e polo tanto fructífera, por vir de quen ven, dunha persoa que a propón con tanto cariño como o que nós lle temos, e porque ademais está relacionada cunha experinecia nova, acollida con éxito, e palpable. 
Que pracer que as aprendizaxes estean conectadas e poidan extrapolarse a situacións diferentes, e que ben cando xorden do cariño e se fan con cariño.
Grazas.





1 comentario:

  1. Gustanme os métodos, as aprendizaxes respetuosas e as amistades que calan tan fondo

    ResponderEliminar