sábado, 14 de diciembre de 2024

Colaboración

Como xa sabedes, colaboramos cunha ONG que traballa co pobo Saharauí na elaboración dunha colcha. A nosa tarefa era pintar os anacos de tea cos que logo compoñela. Foi un proxecto moi interesante no que traballamos os tres grupos de Infantil e 1º de Primaria.

Aínda que non todos puidemos pintar e debuxar, si decidimos en grupo que queríamos plasmar (no noso caso animais mariños de África). Tamén nos serviu para coñecer outros lugares do mundo, como poder poñer o noso gran de area para axudar a aqueles que viven situacións mais complicadas que as nosas e un montón de cousas que foron xurdindo do noso faladoiro inicial. 

Agradecemos ter podido participar neste proxecto, polo que pode supoñer para esta iniciativa e polo que supuxo para nós.











Nadal

Como xa vai sendo habitual no tempo de Nadal, o noso amigo Mik deixou para nós na biblioteca un "Calendario de adviento". Este curso está cheo de curiosidades sobre a nosa cidade, de preguntas que resolver buscando nos traballos que vós, as familias, fixéchedes co lema do proxecto deste curso, receitas, información sobre a música tradicional... 

Non perdemos un día de ir a ver que nos deixa e xa somos expertos investigador@s.