domingo, 26 de marzo de 2023

Proposta colaborativa

Como xa vos contamos hai uns días, a nosa sesión de respostería foi tamén un primeiro contacto para algo que viría uns días despois. Ese algo foi unha proposta colaborativo co alumnado de 4º de Primaria. Foron dous días nos que, divididos en dous grupos mixtos, alternamos o cociñar e o axudarnos a decorar as carpetas nas que levaremos eses traballiños que facemos na aula e nos que resumimos parte das nosas vivencias e nos que amosamos a nosa creatividade e expresión artística. 

Foi unha experiencia marabillosa onde tanto nós como os maiores desfrutamos da compaña mutua. Pensamos que as imaxes dan fe dunha proposta que repetiremos e que axuda a establecer lazos, a facer ESCOLA e a desenrolar moitas competencias e valores.

Clicade na imaxe

E cociñar, ademais de medir, pesar, mesturar, relar..., supuxo asignar o cargo a cada membro do equipo e ler as funcións que lle correspondían a cada quen e, por suposto, deixar todo limpo e recollido. Iso si, non hai como desfrutar do resultado do noso traballo, e mais cando é doce 😉

Clicade na imaxe



No hay comentarios:

Publicar un comentario