domingo, 26 de marzo de 2023

Proposta colaborativa

Como xa vos contamos hai uns días, a nosa sesión de respostería foi tamén un primeiro contacto para algo que viría uns días despois. Ese algo foi unha proposta colaborativo co alumnado de 4º de Primaria. Foron dous días nos que, divididos en dous grupos mixtos, alternamos o cociñar e o axudarnos a decorar as carpetas nas que levaremos eses traballiños que facemos na aula e nos que resumimos parte das nosas vivencias e nos que amosamos a nosa creatividade e expresión artística. 

Foi unha experiencia marabillosa onde tanto nós como os maiores desfrutamos da compaña mutua. Pensamos que as imaxes dan fe dunha proposta que repetiremos e que axuda a establecer lazos, a facer ESCOLA e a desenrolar moitas competencias e valores.

Clicade na imaxe

E cociñar, ademais de medir, pesar, mesturar, relar..., supuxo asignar o cargo a cada membro do equipo e ler as funcións que lle correspondían a cada quen e, por suposto, deixar todo limpo e recollido. Iso si, non hai como desfrutar do resultado do noso traballo, e mais cando é doce 😉

Clicade na imaxe



domingo, 19 de marzo de 2023

Cociña

Unha nova visita á cociña para facer maxia, para mesturar uns ingredientes que ca caloriña do forno dan lugar a cousas moi ricas. E que ilusión medir, pesar, relar, mesturar... e agardar a poder degustar o que facemos cas nosas mans. E de novo cheiros, sabores, tactos... Xa non pasamos por alto explorar primeiro cada un dos ingredientes. 

Desta vez xa éramos mais expert@s, pero en cada xornada aprendemos cousas novas, como que se a masa está fría non cheira porque o frío contrae os cheiros. Quen nolo ía a dicir!

Cada día é diferente e suceden cousas diferentes e estamos diferentes, así que aínda que fixésemos exactamente o mesmo que outro día calquera, sería unha ilusión, porque xamais sería exactamente igual.

Estas magdalenas foron unha práctica previa a algo que tivo lugar nos días seguintes. 

Desfrutamos moitísimo cociñando. Grazas a Vinca por axudarnos tanto.

Clicade na imaxe


Enredando

Levamos un tempo adicándonos a clasificar empregando os bloques lóxicos de dienes e os seus atributos, comezando por un so atributo e avanzando ata chegar a completar taboas de dobre entrada. Algunhas veces toca colocar as pezas e outras, descubrir os intrusos.

Todas elas propostas que nos axudan a desenrolar o razoamento lóxico-matemático, as funcións executivas, a atención, as habilidades visoespaciais e a establecer conexións entre conceptos.

Seguiremos xogando en gran formato e de xeito grupal, practicando tamén iso de equivocarse como forma de aprendizaxe ata que, ca práctica suficiente, nos animemos a facelo en formato mais pequeno e de xeito individual.

Deixamos aquí unha mostra deses momentos.

Clicade na imaxe


sábado, 4 de marzo de 2023

Entroido

E chegou o final do Entroido no noso centro, un final que celebramos por todo o alto co noso festival: Galicia no país das marabillas. Para nós foi o noso segundo festival e pasámolo de novo xenial! Desta vez quixemos transmitir a nosa felicidade e compartir que aínda que diferentes, tod@s somos únic@s e marabillos@s.

Grazas a vós familias pola vosa colaboración e a tod@s os que fixeron posible este festival. Desexamos que cada día atopedes momentos de felicidade.

Clicade na imaxe

Entroido

Polo Entroido, o noso amigo Mik, fíxonos tamén unha proposta que partiu dun libro titulado Quen é quen?. Así que, entre ensaios e Ordes do Meco, achegámonos á biblioteca para ver o libro, un vídeo no que se falaba das máscaras ao longo da historia, nos entroidos doutros lugares do mundo e de España e, por suposto, nalgúns dos moitísimos que temos en Galicia. Despois de ver tanta máscara e con tanta información gardadiña nas nosas mentes, tocou elaborar as nosas propias máscaras cun montón de material que deixara Mik para nós. 

E mentres deixábamos saír a nosa creatividade, practicamos iso de tomar decisións en grupo, de aceptar que aínda que a idea é nosa a vai a poñer en práctica un compañeri@, a escoitar as propostas dos demais, a aceptar que o grupo escolla unha idea que non é a nós propoñemos ou que non podemos facer todo o que nos gustaría, entre outras moitas cousas.

Grazas Mik polas túas propostas.

Clicade na imaxe

Entroido

O Entroido comezou quecendo motores cas Ordes do Meco, un Meco que desta vez adquiriu a apariencia da Raíña de Corazóns. Menos mal que as ordes non foron moi complicadas e quedaron lonxe desa frase.... "Que le corten la cabeza!!!!". E moitas mais sorpresas ía a levar esta Raiña de Corazóns e tamén Alicia. Porque neste cole....todo pode suceder.


Clicade na imaxe