martes, 16 de febrero de 2021

Entroido

Por circunstancias que aínda descoñecemos pero que relacionamos ca maxia do Entroido, de pronto os nosos corpos quedaron transformados. Por un breve período de tempo fomos uns simpáticos animaliños de camiñar gracioso e expertos nadadores que habitan terras lonxanas onde o branco é a cor que inunda a paisaxe.
Foi complexo quedar quietos para unha foto en grupo na que se nos vise a cara a todos, pero intentámolo. Xa estábamos cansos de tanto bailar, tarefa complicada cando un ten unhas pernas moi curtas e unhas aletas por brazos 😂.
Non esquezades ir á paxina do cole para ver o noso video entroideiro. 
Grazas pola vosa colaboración, que permitiu desfrutar deste tempo tan especial dentro do calendario anual.


                                                                                Clicade na imaxe
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario