viernes, 22 de mayo de 2020

A nosa escola

Seguimos aquí, a escola e nós agardando por vós, e para refrescarvos a memoria quedan aquí unhas pouquiñas fotos. Esta vez mais fotiños con mais espazos do cole. Entre eles a horta, chea de grande vexetación que agocha aquilo que prantamos. Pero descubrin as remolachas, a verdura alta, as acelgas e unha bolboreta. Abride ben os ollos que custa algo atopalas.
Porque un día o noso tempo de escola parou, pero segue todo agardando o voso regreso. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario