viernes, 22 de mayo de 2020

A nosa escola

Seguimos aquí, a escola e nós agardando por vós, e para refrescarvos a memoria quedan aquí unhas pouquiñas fotos. Esta vez mais fotiños con mais espazos do cole. Entre eles a horta, chea de grande vexetación que agocha aquilo que prantamos. Pero descubrin as remolachas, a verdura alta, as acelgas e unha bolboreta. Abride ben os ollos que custa algo atopalas.
Porque un día o noso tempo de escola parou, pero segue todo agardando o voso regreso. 

Historias e sombras



domingo, 17 de mayo de 2020

viernes, 15 de mayo de 2020

martes, 12 de mayo de 2020

Apio de cores

Aquí está o voso novo experimento. Un experimento que conseguiu tinguir o apio de diferentes cores a medida que a auga subía polos condutos do talo cara as follas. Así puidemos comprobar como a auga e os nutrientes se estenden por toda a pranta. 


Camiños e metamorfose



Creando con pegadas


domingo, 10 de mayo de 2020

Pitiños

Mirade para aquí, xa son un lote de pitiños. Todos eles diferentes pero todos preciosos.


miércoles, 6 de mayo de 2020

Vermes e bolboretas

As flores e os insectos destes días están deixando entrar a Primavera nas vosas casas. Primavera con sons, cheiros, cores, raios de sol que quecen e chuvia que refresca que cada vez podemos desfrutar un pouquiño mais.

Ioga

Animádesvos cun pouquiño de Ioga? Así espertamos o corpo e o enchemos de boas enerxías.

Mandala





viernes, 1 de mayo de 2020

Flores máxicas




Cociña

En vista de que moit@s estades a cociñar moito estes días, que xa dominades o manexo de diferentes tipos de masas, que ata creáchedes arte con froitas, verduras, hortalizas...e que estamos na Primavera que chega cargada de cores, cheiros e sabores como os das flores e froitas, aquí queda esta receita.