lunes, 30 de abril de 2018

Semana da Poesía

Desta vez, A Semana da Poesía chegou algo mais tarde, na que correspondía ao Día do Libro. Escollemos para recitar un poema do libro Pompas de cores, que leva o mesmo nome. Escrito por Miguel Anxo Romero e ilustrado por Leandro Lamas. 
Foi estupendo escoitar aos nosos compañeir@s de 5 e 3 anos, así como o poema que recitou para nós a profe Laura. Grazas a tod@s. E un pracer ter como público ao alumnado de primeiro e segundo de Primaria, moitos dos cales son irmáns e irmás dos nosos compañeiros.

Taller de Hervé Tullet. Flores

Desta vez a nosa experiencia foi levar a cabo un taller de Hervé Tullet, un artista ben creativo. Así que, servíndonos dun papel mooooi longo, pinceis, témperas de cores e as instrucións que aparecen no libro deste autor, comezamos a aventura e o desfrute. 
A primeira parte consistiu en debuxar puntos e círculos, grandes, pequenos, lonxe, preto, uns arredor dos outros, uns dentro dos outros... cambiando de sitio logo de cada orde e cambiando de cor de cando en cando.
A segunda trouxo sorpresa. Que pasa se debuxo.... Unha flor!! É unha flor!!! E tod@s a debuxar flores, engadindo o talo, as follas e os pétalos se nos prestaba. E, por suposto, cambiando de sitio e de cor. 
Pasámolo en grande, encantounos o resultado e fomos quen de cambiar de sitio de xeito ordenado, pedir aos compañeir@s a súa cor cando a desexábamos, seguir as ordes, etc.
Por suposto, pensamos repetir a experiencia!!!

miércoles, 25 de abril de 2018

Plantando a Primavera

Chegou a Primavera e tocaba vestir as fiestras con fermosas flores que agora debemos coidar. 
Esta vez tocou aprender a renunciar ao noso desexo de plantar, pois non había para tod@s; saber da necesidade de remexer a terra para aireala e facilitar que a raíces penetren nela agora que está mais branda, de retirar as raíces das plantas anteriores, de cambiar as plantas de maceta cando as súas raíces xa non teñen espazo suficiente, do importante de coñecer o nome do que plantamos para saber que coidados precisa, e moitas cousas mais. Ademais de meter as manciñas na terra, coller as plantas con agarimo, cheirar as súas flores, regar e tocar a auga... Cantas experiencias nos permite un acto que parece tan simple!!
O pracer de aproveitar ao máximo o cotiá.

Xogando cas alturas

E aquí nos tedes, xogandos cas nosas alturas, cas nosas medidas. 
Á marxe da exactitude das mesmas, das trampas feitas á hora de medirse, da corrección da escrita dos números... o importante foi a experiencia, o ser quen de ordenarnos de menor a maior, de hipotetizar quen sería o/a seguinte e comprobar se acertábamos ou non, de buscar compañeir@s que medisen o mesmo, descubrir números correlitivos, percatarnos dos erros ao escribir os números, etc.
E todo sendo nós os e as protagonistas dende o primeiro momento. 

lunes, 23 de abril de 2018

Alturas

O profe Raúl, regalounos, xa hai algún tempo, un metro moi chulo que colocamos no marco da porta da clase; un metro que nos serviu para enredar de novo cos números. 
Medir pódense medir moitas cousas, pero que mellor que medirnos a nós mesm@s? Deste xeito os números e as cantidades teñen sentido, resultan moi interesantes e significativas, por estar relacionadas con nós e cunha persoa tamén significativa. 
Grazas polo agasallo, que empregaremos mais veces, como mínimo para medirnos de novo a comezos do próximo curso e comprobar canto crecemos durante as vacacións.

domingo, 22 de abril de 2018

O Principiño

A nai de André viña a contar un conto á clase de 5 anos, e como hai que aproveitar tódalas oportunidades, viu tamén á nosa. E fíxoo para contarnos, dun xeito estupendo, unha fabulosa historia: O Principiño.
Moitas grazas por ese tempo compartido e por esas historias contadas. 





Sonrisas por tiritas

Unha nova actividade chega para nós, unha ben interesante: Sonrisas por tiritas. Comezamos por ir ver a exposición e coñecer en que consiste o proxecto. Para descubrir aos voluntarios e voluntarias e todas as cousas divertidas que levan para os nen@s, e para decatarnos dun elemento común a tod@s: O SORRISO. E tamén para descubrir a unha parella xa coñecida: Uxía Lambona e Roscón, que tamén comparten o seu tempo con aqueles que o precisan.
Xa sabendo algo mais, acudimos á charla e, de novo, aparece Roscón en escena para facernos rir e pasar un bo rato ao tempo que aprendemos cousas novas sobre o proxecto e sobre a necesidade de ser solidari@s. 
Grazas a tod@s aqueles que adicades parte do voso tempo en sorrir e facer sorrir a quen mais o precisa. O noso mais grande sorriso para os e as que sorrides e para os e as que precisan sorrir.

miércoles, 18 de abril de 2018

Chea de vida por AZ lengua de signos

Aquí tedes outra conexión desas das que falamos ás veces, outro trascender o ámbito da aula para logo regresar a nós de novo. 
Neste caso, a canción Chea de vida e a lingua de signos, ambas especiais para nós, únense da man dunha das actividades extraescolares de Zoe, para regresar de novo grazas ás novas tecnoloxías.
Acollemos o vídeo con ilusión e cariño, pola canción, pola lingua de signos e por Zoe, comprobando que todo iso existe mais aló da nosa aula e reforzando emocionalmente as nosas experiencias e aprendizaxes. 


Xogos ao sol

Despois dunha longa tempada, regresou o sol, e con el o noso carriño de xogos para o patio cas súas novas adquisicións: zancos e cordas novas. Un pracer desfrutar de novos descubrimentos, das exploracións, da liberdade de movementos con menos roupa, da maxia de compartir e ilusionarnos, das infinitas posibilidades que se abren ante nós...e do xogo cas sombras, porque desta vez tamén xogamos a crear sombras e a capturalas ca cámara, sendo modelos, unhas veces, e fotógraf@s outras. Deixando voar a imaxinación, pondo a creatividade en marcha e a proba as nosas habilidades motrices.
Porque cada estación, cada condición climatolóxica, nos ofrece e nos agasalla diferentes experiencias. Está en nós o saber aproveitalas e desfrutalas.

lunes, 9 de abril de 2018

Medidas en papel

Grazas as amizades que fixemos xa hai uns meses e que pensan en nós con moita frecuencia (o profe Raúl), xurdiu esta actividade, que serve para conectar a experiencia do pluviómetro co que traballamos en lóxica matemática, cas nosas "decenas" e "unidades", cas nosas contas e cálculos, co ABN. Unha actividade que se fai mais gratificante, e polo tanto fructífera, por vir de quen ven, dunha persoa que a propón con tanto cariño como o que nós lle temos, e porque ademais está relacionada cunha experinecia nova, acollida con éxito, e palpable. 
Que pracer que as aprendizaxes estean conectadas e poidan extrapolarse a situacións diferentes, e que ben cando xorden do cariño e se fan con cariño.
Grazas.





domingo, 1 de abril de 2018

Atando cordóns

Como xa sabedes, estamos practicando a atar os cordóns dos zapatos cun truquiño do profe Raúl. Pois para animarnos e estimular mais se cabe os nosos esforzos, chegan estes zapatiños. Zapatiños que levaremos para a casa cando xa teñamos certo dominio da técnica, e así poder seguir practicando e facer nós de mestres e mestras de atar cordóns, porque non hai mellor cousa que compartir as aprendizaxes.