domingo, 6 de abril de 2025

Obradoiro coas axudantes de biblioteca de 6º

As axudantes de biblioteca de 6º, prepararon para nós un obradoiro que tiña como punto central o libro Simón corazón de camaleón.

O obradoiro levouse a cabo en varias xornadas. Na primeira contáronnos a historia con apoio visual que elas mesmas elaboraron e nos explicaron o que íamos a facer nos demais encontros: pintar un círculo, picar o camaleón e facer a montaxe. 

Foi unha experiencia fantástica. Grazas pola vosa iniciativa e organización de cada unha das sesións, inclusive dos tempos de espera. Grazas tamén a todos os adultos que fomentades e permitides que estas iniciativas teñan lugar. Estes, mais os previos, son momentos de grande aprendizaxe. Non pode haber aprendizaxe mais significativa, mais ampla e enriquecedora. Outro momento de ser escola e de crecemento persoal.


 

Sorpresa

O noso día a día está organizado, pero nel tamén teñen oco a improvisación e as sorpresas, porque na nosa escola pode suceder algo imprevisto en calquera momento. Como na vida mesma, de súpeto sucede algo que un non pensaba. Nesta ocasión a sorpresa veu da man de Toniño e o alumnado de 5º, que apareceron pola porta dispostos a amosarnos o que saben facer coa frauta. Moitas grazas pola vosa visita, agardamos regresedes pronto cun novo repertorio.

Quen dixo que era necesario un día determinado ou un escenario para facer unha actuación. Estes momentos son os que nos fan escola.




Enredando

Hai tempo que vimos construindo números coas Taboas de Seguin e as perlas. Como sabedes, traballamos en gran grupo, de xeito individual empregando o autorexistro... Pois decidimos deixar constancia de todo este proceso de traballo en formato papel. Para iso eleximos un número e logo collemos o que precisamos para construilos coas perlas. Cantas decenas e unidades precisdo? Si, estes termos tamén chegaron no seu momento.

 




Enredando

Sabedes que na nosa aula o material e as propostas van e veñen en función dos nosos intereses e necesidades. 

Dun tempo a esta parte andamos a enredar cuns xogos novos que nos teñen cautivado@s.