domingo, 26 de enero de 2025

Nadal

Os Reis Magos fixeron parada na nosa árbore de Nadal, vese que non lles importou que levásemos as galletas que o adornaban. Moitas grazas por deixarnos cousiñas coas que poder enredar.



Nadal

Como podedes ver, o tempo previo ás vacacións de Nadal trouxo moitas propostas e, entre elas, unha esperada con moitas ganas polo alumnado mais maior do noso centro: cociñar xunt@s.

Pois claro que si, nós encanta@s. É por iso que organizamos unha xornada desas nas que xunt@s e mesturad@s cociñamos e facemos manualidades. Nós organizamos a cociña e eles a parte artística. 

Son momentos moi ricos nos que poñemos a proba as nosas habilidades, practicamos a organización do material e do traballo, escoitamos, traballamos en equipo, compartimos puntos de vista, adaptámonos ás necesidades e características do outro, empatizamos, buscamos alternativas, resolvemos problemas... e todo iso nun ambiente de cariño, ilusión e desfrute. 

Esta vez o reto foi manexar a masa follada. O resultado non estivo mal e rico estaba, abofé.

Grazas ao alumnado de 6º, a Susana, a Vinca e a Cristina polo seu acompañamento.




 

miércoles, 22 de enero de 2025

Nadal

Sabemos que somos afortunad@s coas familias que formades parte do noso centro, sempre dispostas a poñer da vosa parte e a colaborar no que sexa necesario. E tamén sabemos que somos afortunados de ter unha cabeciña pensante que sempre nos enreda en grandes espectáculos nos que o alumnado é o protagonista.

Esta vez tivemos a fortuna de contar coa colaboración de grandes músic@s, que tiveron a ben ofrecer as súas habilidades e o seu tempo para colaborar no noso festival de Nadal. Grazas a elas e eles por querer forma parte disto e por permitirnos enriquecernos musicalmente.

Quixemos darlles as grazas cuns xabóns feitos por nós. O alumnado de 3 anos engadiu unhas galletas elaboradas por eles. Que mellor que algo que sae de nós e no que puxemos todo o cariño.


 


Nadal

Como xa vai sendo habitual por setas datas, elaboramos galletas para decorar a árbore do espazo de Infantil. Custa un pouco agardar ata o último día para poder levalas a casa, pero a árbore queda ben bonita e sempre que as facemos temos oportunidade de probar 😋 

Moitas grazas a quen nos axudou na cociña.