domingo, 10 de diciembre de 2023

Día da Diversidade Fucional

O 3 de decembro conmemorouse o día da Diversidade Funcional e Mik preparou unha proposta, un pequeno reto. Como este curso a cousa vai de deporte, colocou nun panel seis fotografías de deportistas, seis nomes e seis tarxetas con información. O reto era colocar o nome correcto a cada foto e a información correspondente. Para axudarnos deixou a man a tablet da biblioteca, na que puidemos teclear os nomes e localizar a imaxe.

E como non hai reto que se nos resista, resolvemos o panel!!!









Nadal. Actividade con 5º

Como xa sabedes, o Nadal que se respira no cole, con aroma a chocolate e galletas, a sorpresas e maxia, está traendo moitas propostas. Xa sabedes tamén que nos gusta moito compartir tempo, complicidades, escoita, cariño, risas, sabores doces e moito mais cos maiores.

Pois desta vez, eles trouxeron para nós unha proposta plástica relacionada con estas datas e nós aportamos unha clase mais de repostería. O comezo, ca manga co chocolate e o arrecendo do comedor fíxose algo duro, pero o resultado do tempo compartido foi estupendo e rematou con sabor a chocolate 😉

Grazas a todos vós, sempre dispostos a compartir cos compañeir@s e tamén a Susana e Vinca, por facilitar, propoñer e valorar a importancia destes momentos. Porque para aprender a empatizar, convivir e respectar hai que practicar, porque é así, xunt@s, como somos e facemos ESCOLA.

Clicade na imaxe


domingo, 3 de diciembre de 2023

Nadal

O Nadal anda próximo e as propostas e sorpresas son moitas.

Como non, Mik enviounos unha carta. Resulta que na biblioteca hai un calendario e cada día temos que ir a ver o que hai no saquiño correspondente.





Tamén nos chegou outra carta do elfo do Nadal, ao que lle puxemos de nome Lucas. E fomos na súa búsqueda.





E na nosa aula apareceu tamén un calendario e unhas pezas que teremos que descubrir que son ou para que serven.



Como podedes ver andamos moi ocupad@s estes días. 
 

Sorpresas

A chuvia e a humidade seguida de días de sol trouxo consigo sorpresas. E, como non, nós fomos investigar. Quedounos un misterio sen resolver: onde andarían os habitantes deses cogumelos?




Que sorte poder observar de maneira directa, que sorte poder desfrutar da natureza na nosa propia escola. Pois non hai mellor maneira de aprender a respectala, non hai mellor maneira de descubrila, de marabillarnos, de sorprendernos e de aprender. Neste caso, entre outras cousas, a observar detidamente por se están crecendo mais e as pisamos, a non tocar ningún cogumelo, pois non os coñecemos, a observar onden gardan as esporas...

Patio

Despois de días e días desa tan necesaria chuvia e cos equipamentos xa listos, chegou o primeiro día de saír a desfrutar de tempo e xogos ao aire libre. Que ganas tiñamos. Grazas que a ese día lle seguiron mais e esa roupa que puxemos tan limpa esa primeira xornada está agora chea de marcas de ter desfrutado.

Clicade na imaxe



Reapertura da Biblioteca

Aínda que xa fai tempo da reapertura, compartimos agora con vós algunhas imaxes.

O noso amiguiño Mik organizou para nós varias propostas cas que ir facendo quecemento para o noso proxecto deste curso. Ademais da visita á biblioteca para recoller as mochilas viaxeiras e as entradas para o cine e os flocos de millo, tivemos película, un espazo para sacar fotos (a homenaxe da Biblioteca a unha das figuras mais destacada en banda deseñada), e unha xornada de disfraces.

Lembrade que se queredes ver mais cousas dos nosos compañeiros en relación ás porpostas de Mik, podedes facelo a través do seu blog: O novo recanto de Mik.

Clicade na imaxe


sábado, 18 de noviembre de 2023

Samaín

O Samaín continuou con un montón de propostas e xogos: os disfraces, o túnel, as actividades que Mik propuxo para nós dende a biblioteca, unha merenda riquísima ca que nos agasallaron algunhas compañeiras e compañeiros... 

Como sempre, moitas grazas pola vosa colaboración para poder levar a cabo todas elas e tamén pola vosa participación na ambientación do centro cunhas cabazas tan chulas.


Clicade na imaxe
 
Clicade na imaxe


Clicade na imaxe



Samaín

Comezamos o noso Samaín cociñando coas nosas compañeiras e compañeiros de 5º de Primaria. Esta vez fixemos dedos de bruxa, ben ricos!!

A cociña é cousa seria e, como somos moitos, temos que ir por quendas; así que mentre uns cociñaban, outros fixeron unha actividade plástica que o alumnado de 5º preparou para nós.

Sempre é un pracer facer este tipo de xuntanzas. Moitas grazas ao alumnado de 5º pola súa ilusión por compartir tempo e experiencias con nós e polo cariño e respecto cos que nos tratan. Moitas grazas tamén a Vinca, Susana e Toniño, imprescindibles para poder levar a cabo estas experiencias e desmontar, ou montar, os seus horarios. Como sucede nos escenarios, a xente que hai detrás das luces tamén é necesaria para o espectáculo.

Clicade na imaxe


Experimento

Como parte deste proceso de descubrimento e atención ao Bosque e o Outono, levamos a cabo un pequeno experimento relacionado co cambio da cor das follas nas árbores. Por que cambian de cor? 

O experimento levounos a ter que cortar as follas con tesoiras, a man ou un coitelo, e a machacalas, antes de poder continuar. Para un dos momentos precisamos da man do adulto que nos acompañaba. E unha vez listo, soamente podíamos facer unha cousa, agardar. E que sucedeu despois de todo? Pois vos deixamos que o descubrades e que nos preguntedes. 

Para obter parte da resposta acudimos aos científicos, por suposto. Unha cousa é o experimento e outra outro tipo de información.


Clicade na imaxe


domingo, 5 de noviembre de 2023

Outono Mural

Chegou o Outono e comezaron as nosas observacións, preguntas e pescudas. E tamén as nosas peticións para vós, familias.

Ademais de conversar e saír a ver as nosas árbores e coller follas, comezamos por facer un mural no que colocar esas fotos de Outono que vos pedimos e que nos axudan a seguir compartindo, observando e lanzando preguntas.


Clicade na imaxe



Sementeiras. Bois

A nosa participación no Proxecto Terra, deunos a posibilidade de solicitar algunhas propostas de Sementeiras. Esta é a primeira e corresponde a Bois. Cunha coidada e pensada estética ofrécense ao alumnado diferentes espazos e materiais para a súa experimentación. 

Non cabe dúbida de que desfrutamos moito. Moitas grazas a Createctura pola súa proposta.

Clicade na imaxe


martes, 24 de octubre de 2023

Enredando

Os números están presentes moitas veces no noso día a día: cando vemos @s que estamos e @s que falta, o número do día do mes no que estamos, cando xogamos a ordenalos, cando falamos de cantos anos temos, de cantos cornos ten un caracol... Pois, de vez en cando, tamén practicamos o seu trazo. Comezamos por sentilo nos nosos dedos e que o noso cerebro vaia gardando recordo do mesmo. Facelo en movementos mais grandes e espertando o sentido do tacto axúdanos a coñecer os movementos necesarios.




 

Cociña

Xa sabedes que nos gusta moito cociñar e poder comelo despois, claro. Pois este curso xa comezamos facendo un biscoito de chocolate. E, mentres íamos colocando os ingredientes, tamén experimentamos con masa. Foi moi divertido. 

Momentos nos que poñer a traballar todos os sentidos e ademais ir practicando en planificar as accións, ordenar os pasos, medir e pesar...

Clicade na imaxe


Froito da formación do profesorado de Infantil do curso pasado, que nos permitiu ampliar coñecementos e miradas, creamos unha proposta para o noso alumnado. Un espazo de estética coidada onde presentar diferentes alternativas para interactuar. Un espazo onde o obxectivo é explorar, experimentar, cultivar a capacidade de asombro, compartir, colaborar, crear e moitas outras cousas mais. Un lugar no que entrar con expectación e saír con ganas de repetir.

Clicade na imaxe


sábado, 17 de junio de 2023

Maios

Como cada curso celebramos os Maios, un maio que elaboramos entre tod@s e ao que logo lle cantamos as nosas coplas. Unha actividade que consideramos moi importante, porque as tradicións axudan a saber de onde vimos e a apreciar o que temos e o que somos, para logo poder dar valor tamén ao mais lonxano.

Moitas grazas a todas as mans que fixeron isto posible, en especial, a unhas que nos acompañan cada curso e que rememoran os tempos nos que o seu contacto co alumnado era diario.


Clicade na imaxe

Bechos

Todo este proceso de investigación levounos a aprender moitas cousas, a perder o medo a eses bechiños cos que convivimos e a reparar mais neles, pero tamén a valorar a súa importancia e a querer coidalos e protexelos.

Se no seu momento fixemos un restaurante para bolboretas, desta vez buscamos un lugar protexido das inclemencias para crear uns espazos nos que os cempés, milpés e demais insectos puidesen gorecerse e alimentarse.

Clicade na imaxe

Bechos

Aquí vos deixamos algunhas fotos dos ciclos da vida e tarxetas de tres partes dalgúns insectos. É parte do material que empregamos durante este tempo de explorador@s.









domingo, 23 de abril de 2023

Bechos

Os nosos bechos son fantásticos, pero non son reais. E a verdade é que os reais nos encantan. Así que pensamos como podíamos facer para poñer o noso gran de area e axudalos, facer algo que os beneficiase. E aí estaba un dos nosos libros ca resposta a nosa pregunta: un restaurate de bolboretas. Pois xa nos puxemos mans á obra. E non fixemos un, fixemos dous. Nun plantamos flores e no outro sementes.

Clicade na imaxe

Clicade na imaxe