jueves, 30 de abril de 2020
miércoles, 29 de abril de 2020
martes, 28 de abril de 2020
A horta na casa
Primeiro paso listo, agora non a perdades de vista e botádelle un ollo todos os días, porque o día menos pensado observaredes cambios.
lunes, 27 de abril de 2020
A horta na casa
Imos a comezar unha pequeniña investigación baseada na observación e na natureza. Preparade o caderno de campo que imos a ver como crece unha plantiña, todo o que sucede tanto debaixo da terra como por enrriba dela. Mans á obra e un pouquiño de paciencia.
viernes, 24 de abril de 2020
Normas para os nen@s
Aquí quedan as normiñas para os nen@s con pictogramas por se vos serven de axuda. Tamén queda, debaixo das memas, un enlace a outras moi similares, para que poidades escoller as que mellor se vos axeitan.
Aqui tedes o enlace.
Suxestións para preparar as saídas
Ante esta nova etapa quixemos poñer o noso gran de area e comentarvos algunhas suxestións que nos parecen importantes á hora de xestionar esta nova posibilidade.
Tan pronto sexa posible ampliaremos cunhas normas para o alumnado acompañadas de pictogramas para que sexa de mais utilidade.
Mik
Aquí vos deixa Mik unha notiña, seguida dunha proposta relacionada, como non podía ser doutro xeito, con contos.
Conto
Aquí tedes a segunda historia de todas esas que agardamos poder seguir compartindo. Neste caso está elaborada e contada por Lois, da 4 anos.
jueves, 23 de abril de 2020
Opostos
Primeiro unha canción para pasar un bo rato. A ver se conseguides seguir o xogo e, a continuación, a proposta de hoxe, un novo reto!!
Contos
Como hoxe é o Día do libro, comezamos cos contos que inventáchedes. Con sorte será o inicio de moitos mais. Moitas grazas!!! Porque ter que quedar na casa non lle corta as ás a nosa imaxinación.
miércoles, 22 de abril de 2020
Enredando
Xa había uns días que non aparecía no blog esta sección e, claro, agora hai un montón de fotos cunha chea de actividades. Vese que colaborar na cociña é unha tarefa estupenda, xa imaxino o ben que deben cheirar as vosas casiñas.
Poliños
E xa naceu o primeiro poliño!!!!! Aquí o tedes. A cousa é que haberá que poñerlle un nome, a este a aos que vaian nacendo. Que vos parece facer a vosa proposta? Así axudamos aos seus donos.
Día do libro
O xoves é o día do libro e Mik colocou unha proposta no seu blos "O recanto de Mik". Deixovola tamén aquí. Un saudiño da súa parte e bicos ratunos.
martes, 21 de abril de 2020
Adiviñas?
Aquí quedan unhas adiviñas para que poñades o cerebro en funcionamento. Iso si, aparecen as solucións en imaxe. Soamente tedes que escoller a imaxe que corresponde a cada texto. De seguro que o resolvedes.
Pintando con rolos de cociña
Xa empregamos canicas para facer fermosas obras de arte, que tal se esta vez nos valemos dun rolo de cociña? Diso seguro que tedes pola casa, aínda que habitualmente para outros usos.
lunes, 20 de abril de 2020
Poliños
Non vos esqueceríades desde ovos que están na incubadora de Laia e a súa familia, non?
Pois teño noticias sobre eles. Levan 18 días a 38º e cunha humidade do 60% no volteador, porque precisan estar en continuo movemento. Pero pasados eses días, chegou a hora de colocalos na base da incubadora e incrementar a humidade ata o 80% para facilitar que os poliños poidan romper a casca. Se temos sorte comezarán a nacer a partir do mércores 🐣🐤
Grazas familia!!
sábado, 18 de abril de 2020
viernes, 17 de abril de 2020
Cas mans na masa
Toda unha fin de semana por diante para meter as mans na masa e desfrutar de texturas relaxantes que esperten o noso sentido do tacto. A desfrutar!!!!
jueves, 16 de abril de 2020
Cantando
Imos a comezar o día cantando e danzando para espertar o corpo e alegrar o noso interior. Seredes capaces, despois de escoitala, de dicir UMACAPIRUÁ sen trabucarvos? Podedes mandar un video para demostralo.
miércoles, 15 de abril de 2020
Aniversarios
A Martín teríalle gustado festexar o seu aniversario con todos e todas, pero non foi posible. Imos a facelo de momento a distancia. Parabéns de novo!!!! 🎉🎉🍰
Enredando
E como os días teñen moitas horas, vos seguides enredando en moreas de cousas a maiores das nosas propostas. Cociñar, experimentar, exercitarse.... Aquí tedes unha vez mais un buratiño polo que observar dentro das casas dos vosos compañeir@s. Sodes estupend@s!!!
Froitas, verduras e arte
Hoxe toca enredar con froitas e verduras. Aí vos vai a proposta e debaixo un enlace para un pequeno xogo.
http://froitas.scienceontheweb.net/
O xogo:
martes, 14 de abril de 2020
Contando dende a imaxinación
Os ilustradores e ilustradoras das imaxes que van a servir para crear as nosas historias e que nos axudan a facer mais reais eses mundos soñados son: Juán Manuel Moreno, Estefanía Córdoba, David Salvador, Cristina Fernández Alvariño, Roger Olmos, Alicia Borges, Emilia Dziubak, María Griñó e Ricardo Blotta.
lunes, 13 de abril de 2020
Medindo con pegadas
Medir é algo moi importante para moitas cousas: para construir casas e edificios, estradas e parques, para facer mobles, avións, barcos, a roupa e o calzado que levamos cada día, e un longo etcétera. Así que...imos a practicar un pouco.
viernes, 10 de abril de 2020
Experimentando
Remata a semana e toca experimentar. Cousas de ciencia!!! E como algúns xa andades enredando co xeo, pois...aí vai....
jueves, 9 de abril de 2020
Abecedario co corpo
Aquí tedes as primeiras letras feitas cos vosos corpos. Espero que pasásedes un bo anaco intentando montalas. Vendo as vosas caras parece que si.
Pedras do pantano
Esta vez trátase dun conto motor. De contar unha historia e ir facendo o que di. Sería xenial que participásedes tod@s, ou polo menos alguén mais con eles e elas, dese xeito faise mais divertido. Acompañar está ben, pero cando participamos directamente con eles, a experiencia mellora. Animo!!!
Relaxándonos na sabana
E logo de exercitarse, toca relaxarse. Tamén a través dun conto e tamén relaxación colectiva, pois é por parellas. Ide seguindo a historia e facendo o que suxire. Está sacada do mesmo libro que o conto motor, un libro que andaba enredando polos andeis da miña casa, facendo tanto barullo que rematou nas miñas mans, seguro que andaba a pensar en vós. Que defrutedes!!!
miércoles, 8 de abril de 2020
Enredando con Naia
Naia fixo unhas marionetas de papel e quería compartir con vós o video que lle serviu para conseguilo, así que aquí tedes as fotografías das súas marionetas e o video por se vos queredes animar.
Moitas grazas a Naia e á súa familia.
Moitas grazas a Naia e á súa familia.
Enredando
Moitas cousas andades a facer estes días polas vosas casas. É estupendo poder botar un olliño dentro delas e descubrirvos facendo Ioga, cociñando, levando a cabo experimentos, pintando, xogando cos números e un montón de cousas mais.
Ioga
E para quecer o corpo antes da proposta de hoxe, un pouco de Ioga que nos axude a espertar os músculos, a relaxarnos e concentrarnos.
martes, 7 de abril de 2020
Ceo nocturno
Que fermosos os vosos ceos nocturnos, o voso firmamento. Que esas estrelas vos agasallen doces soños .
🌒🌟🌟🌟
Cantando e bailando cun sorriso
Porque non hai mellor maneira de comezar o día que cantando e bailando, aí tedes unha canción. Arriba ese ánimooo!!!!
Xogos en familia
A proposta de hoxe son un par de xogos para que, se vos apetece, xoguedes todos xunt@s. Xogos de mesa para que pasedes un bo rato.
lunes, 6 de abril de 2020
Poliños
A familia de Laia acaba de colocar na súa incubadora unha chea de ovos. E xa que non todo@s tedes galiñas na casa, que vos parece se lle facemos un seguemento a distancia? Con sorte, a caloriña da incubadora e os coidados prestados por eles farán que vexamos uns poliños acabados de nacer dentro duns cantos días. Teremos que agardar bastante, xa volo adianto, pero merecerá a pena.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)