jueves, 31 de diciembre de 2020

Nadal

Graciñas por este trimestre, pola vosa colaboración e confianza; co obxectivo de lograr que os vosos (e nosos) pequen@s poidan crecer SANS (entendida a saúde no seu sentido mais amplo)



martes, 29 de diciembre de 2020

Nadal

Non temos mais que dicir que GRAZAS.

Grazas polo esforzo, por manter a nosa ilusión e porque nin o virus nin as inclemencias do tempo impediron que puidésemos desfrutar deste momento. Sempre hai unha alternativa e a atopáchedes. E grazas a eses personaxes sempre dispostos a contaxiarnos a alegria. 




Camiños de luz

Unha nova actividade para traballar o trazo, o movemento do brazo, o ombreiro e o pulso; xa sabedes, movementos grandes e en vertical antes de debuxar os camiños dos páxaros no papel. Esta vez algo mais máxico tentando descubrir ca lanterna o camiño agochado na oscuridade. Mirade, mirade.








Todo un reto👏👏

 

Resolvendo conflitos

 Porque cando unimos o teu e o meu, chemagos mais alto!!




miércoles, 2 de diciembre de 2020

O voo dos paxaros

Estas semanas estivemos a traballar o trazo empregando como fonte de inspiración o voo dos paxaros. Por suposto primeiro observamos o seu voo. Algúns moven tan rápido as ás que son capaces de permanecer quietos, como os colibries; outros voan en bandadas creando figuras espectaculares, como os estorniños; outros deixanse levar polas correntes...

Con toda esta información fomos a experimentar cas cintas de baile, tentando debuxar eses camiños e reviravoltas coas que os paxaros tecen o ceo.

Todo isto porque primeiro contrólanse os músculos mais grandes e posteriormente os mais pequenos e porque pouco a pouco somos quen de ir diferenciando e separando o movemento das distintas partes do brazo: o ombreiro, logo o cóbado, despois o pulso...




Nun segundo momento pasamos a debuxar ese voo nun papel ben grande colocado na parede, para que a nosa posición fose vertical. Na expresión artística o dominio do espazo en posición vertical é previo á posición horizontal. E un papel ben grande porque ata que non temos control do movemento do pulso os nosos trazos son moito mais amplos.




Por último pasamos a un papel de menor tamaño e xa en posición horizontal sobre a mesa.



Agora mesmo xa todo@s temos control do movemento das diferentes partes do brazo, por dicilo así, pero experimentar o movemento nestes diferentes pasos é moi importante e facilita a tarefa e a toma de conciencia. 



miércoles, 18 de noviembre de 2020

O interés xera MOVEMENTO

Estivemos facendo unha actividade guiada coas regretas. A caixa quedou no chan, aberta, ao seu alcance, e un minuto despois esta era a escena.



Porque cando hai interese (e oportunidade) a actividade xorde espontánea movida polo impulso de satisfacer necesidades, a maioría non conscientes para o nen@, pero si fundamentais no seu desenvolvemento. A necesidade de sentir o tacto, peso, tamaño dos obxectos, da coordinación ollo-man, de explorar as leis da física, de coñecer as nosas posibilidades motrices, de organización e planificación das accións, de organización espacial, de expresión...
E asi, sen pretendelo, conferimos múltiples usos ao material para CRECER xogando. 


domingo, 8 de noviembre de 2020

Patio e moito mais

Aquí vos deixamos imaxes de dous días de xogo no exterior, dous días nos que fixeron aparición novos elementos cargados de diversión pero tamén de aprendizaxes. Xogo e aprendizaxe sempre da man.
Entre outras moitas cousas, cos zancos practicamos equilibrio, coordinación e planificación dos movementos e traballamos o ton muscular; cas pompas fortalecemos e poñemos en movemento os músculos da cara e practicamos sopro o que favorece a linguaxe; cas xices de cores deixamos sair a creatividade e o gusto artístico, é un xeito de expresión e realizamos movementos que nos axudarán despois na escritura; cas lupas deixamos fluir a curiosidade e o desexo de descubrir e observar a natureza; cos papavementos facémonos conscientes das sensacións que o aire produce en nós, da súa direccionalidade e do seu poder. E ademais, ca interacción que nos ofrecen estes e outros elementos en compaña dos iguais, traballamos a frustración, a autoregulación e a capacidade de expresarnos e facernos entender, o compartir, a constancia, a empatia... 
É curioso todas as cousas que se agochan detrás deses sorrisos e carreiras compartidas.


 

Conto de Samaín

E aínda non rematara o Samaín. Esta semana tivemos un convidado especial que trouxo para nós unha fantástica historia, contada nun lugar especial e dun xeito diferente. Ademais o acompañaba a súa amiga man que, xunto con aloumiños e masaxes, agasallounos cun círculo e unha pedra de cores brillantes como as do noso protagonista. 🎃🎃
Moitas grazas ao noso convidado e á súa acompañante. Sorprenderse é algo imprenscindible.

E non vos esquezades de picar na imaxe.




lunes, 2 de noviembre de 2020

Samaín

Aquí están algunhas das merendas terroríficas do día de Samaín. Moitas garzas pola vosa colaboración.



domingo, 1 de noviembre de 2020

Samaín

 Un Samain diferente, como todo últimamente, pero damos as grazas por poder desfrutalo.

Pica na imaxe 😉




Desfrutando do exterior

Pois aquí tedes os nosos dous primeiros días no rocódromo e o areeiro. A verdade é que o botábamos en falta. Xa queríamos desfrutar de novo de xogar na area e comezar a explorar o novo rocódromo. Ca nosa roupa de augas xa da igual que estea mollado, simplemente necesitamos poñer a roupa axeitada e a divertirse!!

Xa sabedes, picade na foto para poder ver mais.






 

domingo, 25 de octubre de 2020

O número 1

Tocou enredar ca grafía do número 1 e, para iso, primeiro partir dos sentidos empregando o número de lixa e a area, un camiño que facilita ir memorizando os movementos necesarios. Logo, un repasiño ao número de lixa e a intentalo no papel. Unha actividade na que, coma en todas, o respecto ao ritmo de cada un é o esencial. 

Pinchade na imaxe para ver as fotiños. 





lunes, 12 de octubre de 2020

A desfrutar do tempo outonal

 Xa nos tardaba poder poñer por primeira vez a roupa de augas e...por fin chegou o día. Pasámolo estupendamente.

domingo, 11 de octubre de 2020

Actividades no exterior

Xa que o curso comezou cuns días de sol, decidimos coller algunhas cousiñas da aula e sair con elas ao patio, para explorar e experimentar libremente, as veces en posturas imposibles, pero sempre compartindo e colaborando.
O elemento común foron as follas, acompañadas na primeira ocasión de pegamento e tesoiras, na segunda de témperas e pinceis e na terceira de peganmento e taladradores con diferentes formas.


Benvid@s!!!!!


 

viernes, 19 de junio de 2020

Bo verán

O curso chegou á súa fin e queremos desexarvos que pasedes o mellor verán posible.
Agardamos con ilusión o próximo, para compartir unha chea de experiencias e momentos; apertes e bicos, que de momento vos mandamos dende a distancia.  

jueves, 18 de junio de 2020

Rimas

Hoxe regresamos cas rimas con movemento. Xa sabedes, preparade as mans e a rimar





miércoles, 10 de junio de 2020

martes, 2 de junio de 2020

Tecendo

Xa que tedes dominado o de coser, hoxe imos a tecer. Animádesvos?  Podedes ir facendo cada día un anaquiño.