lunes, 30 de diciembre de 2019

Festival de Nadal

Aquí nos tedes no noso primeiro festival. A estrea foi ao grande, pois bailamos as escuras, tentando crear maxia e ilusión. A verdade é que o esforzo mereceu a pena.
Moitas grazas a tod@s os que colaboráchedes para que este festival vise a luz.

Calendario de Adviento

O noso Mik deixounos na entrada da biblioteca, para ir preparándonos para o Nadal, un Calendario de Adviento, no que fomos atopando unha chea de sorpresas: frases de científicos e científicas, pezas de quebrqacabezas, e, por suposto, algún experimento. Aquí tedes un deles.

viernes, 27 de diciembre de 2019

Nadal

Xa chegou o tempo de Nadal e grazas á vosa colaboración montamos esta decoración tan chula no corredor.
Un bosque onde a maxia, os ananiños, os elfos e demais seres farán realidade os nosos soños.









domingo, 8 de diciembre de 2019

Samaín

Aínda que algo tarde, aquí tedes algunhas das cousiñas que fixemos polo Samaín.
Como este curso a cousa vai de ciencia, Mik enviounos unha carta na que nos convidaba a experimentar a escuras, nesa sala da luz máxica na que todo brilla!!!
Pasámolo fantástico e agardamos novas sorpresas.

Doces regresos

É un pracer volver a ver aos nosos compañeiros despois dunha ausencia prolongada, mais aínda se chegan acompañados de galletas para todo@s. Moitas grazas a Diego e a súa familia.


Día contra a violencia de xénero

E como o fundamental é previr, continuamos traballando valores como o respecto e a prevención de estereotipos.
Desta vez vimos unha curtametraxe e reflexionamos sobre ela e acudimos á biblioteca para desfrutar cun conto e levar a cabo un taller no que, todo aquel que quixo, puido pintar as unllas de cores, como o protagonista da historia de hoxe.
Fomos a envexa do alumnado de cursos superiores, que así que nos viu pediu poder pintarse.
Porque nas pequenas cousas do día a día radica o importante.

Día contra a violencia de xénero

Aquí tedes unha das actividades que levamos a cabo para conmemorar o Día contra a violencia de xénero. Un mural que elaboramos entre todo o alumnado de Infantil e que xunto co que fixo o alumnado de Primaria serviu para reflexionar sobre como queremos que sexa a nosa convivencia cos demais. Unha convivencia baseada no respecto e na posta en valor de cada un de nós como persoas.

O punto. Conto: "Los lunares de Lola"

E aproveitando un día soleado chegau á nosa aula, de novo, a maxia e un conto: "Los lunares de Lola". Un conto que, como non, falaba de puntos e do desexo do paraugas de Lola da chegada da chuvia para poder saír con ela a ver mundo.
Nós desexando algo de sol e o paraugas algo de chuvia. Seica nunca chove a gusto de todos.
Moitísimas grazas á nosa contadora de historias, que ademais tamén nos agasallou cunha pinguiña de chuvia.