Despois de experimentar con brochetas de xoguete e plastilina, pasamos a elaborar unhas ricas brochetas de froita. Hai que coller cada anaco con coidado para non espachurralo e ver ben como ensartalo na brocheta para que non rompa, mesturando ao noso gusto os tres tipos de frotia. Quedaron estupendas e sabían fenomenal. E, logo de cargar as baterías, pasamos a facer as nosas brochetas de puntos, amosando os nosos gustos e a nosa creatividade na combinación de cores e tamaños. O resultado, unhas magníficas obras de arte
domingo, 24 de noviembre de 2019
Contos e mais
domingo, 17 de noviembre de 2019
Magosto. A festa
E xa chegou o momento agardado, o de xogar, cantar, bailar, comer castañas e pintar as caras de negro coas cinzas da fogueira.
Pasámolo estupendamente e, vai ti a saber como, ao longo do tempo de xogo, fomos rematando cos nosos irmáns como compañeir@s. Sería por esa atracción especial e o desexo de compartir as novas experiencias.
Grazas a tod@s polo voso esforzo e ao tempo, que nos agasallou cun día de sol.
Magosto. Visita previa
Antes de que comezase a festa, fomos a ver os diferentes espazos, os xogos, e....aos asadores e asadoras de castañas, eses grazas aos que logo puidemos degustar este froito de outono tan saboroso. Ademais ensináronnos como as estaban a asar, o ruido que fan ao xirar, os coidados que hai que ter para achegarse a elas e os elementos necesarios. Desfrutamos do cheiro a fume, a castañas asadas, do caloriño do lume e da agradable compaña dos compañeiros e os adultos.
Grazas aos asadores e asadoras.
Magosto
Así comezaron os preparativos para o noso primeiro Magosto e a nosa primeira celebración con todo o centro.
Os nosos padriños e madriñas foi o alumnado de quinto. Eles e elas vannos a acompañar durante os xogos e a axudarnos en todo o necesario. Están nerviosos, impacientes e encantad@s, e nós, aínda non sabemos moi ben en que consiste todo isto.
Como primeiro paso e para irnos coñecendo, axudáronnos a decorar os recipientes nos que imos a ir a recoller as castañas. Saiu todo estupendamente, e algúns incluso compartimos tempo cos nosos irmáns.
domingo, 10 de noviembre de 2019
Madalenas de cabaza
E continuando cos sabores de outono e ca experimentación, fixemos a nosa primeira receita: madalenas de cabaza.
Encantounos poder participar en cada paso e descubrir os cambios que sufrian os ingredientes. Tivemos que agardar ao día seguinte para probalas, pero mereceu a pena.
A familia de Ana e algúns dos seus animais
Tivemos a sorte de que a familia de Ana viñese a ensinarnos algúns dos seus animais. A súa nai falounos dalgunhas das súas características, necesidades e coidados. Puidemos velos de preto, pero tamén tocalos.
Moitas grazas.
Traballando na aula
Os materiais da nosa aula están en continua ampliación e cambio, para poder ofrecer múltiples posibilidades, de xeito que se adapten aos diferentes niveis madurativos e permitan manter o noso interese e a nosa curiosidade.
Desta vez amosámosvos unhas láminas que nos axudan a desenrolar a identificación visual buscando o nome igual e a asociar a cantidade co símbolo gráfico. Ademais de traballar a atención e concentración e a orde, por suposto, xa que todo debe ser colocado axeitadamente antes de comezar a traballar e, ao rematar, recollido e devolto ao seu lugar.
Merendola outonal
O Outono apórtanos unha gran cantidade de elementos e experiencias e, dentro delas, os sabores. Grazas a vosa colaboración puidemos degustar uns estupendos manxares, ao tempo que aprendemos a compartir con todos os nosos compañeiros de Infantil, porque desfrutar xuntos resulta moito mais enriquecedor.
A maxia dos puntos
E seguindo ca maxia e cos nosos descubrimentos relacionados cos puntos, regresou á aula o conto "¿Donde están los lunares?" acompañado dun sombreiro de mago e unha bolsiña na que, máxicamente, ian aparecendo xoaniñas de chocolate, unha para cada un e unha de nós.
Inauguración da Biblioteca
Chegou o día de inaugurar a biblioteca e por fin coñecela. Primeiro unha visitiña á mesma para ver como é, saber cales son as normas, coller as mochilas viaxeiras que nos deixa Mik, ver onde están os libros do noso Proxecto de Centro: Eureka!! Hai ciencia na biblioteca e... levar como agasallo unha piruleta
E para rematar a xornada, ir a ver un espectáculo de maxia, ou ciencia?
viernes, 1 de noviembre de 2019
O punto. Sala de luz negra
Xa vos dixemos que se poden levar a cabo moitas experiencias cos PUNTOS. E aquí tedes unha con algo de maxia. Fomos xogar á sala de luz negra cos PUNTOS, as cores e a luz, ou a escuridade?. Quen sabe. O que si sabemos é que o pasamos xenial!
O punto
Comezamos a xogar con... PUNTOS, si,si con PUNTOS.
Ademais de escoitar e xogar con dous libros estupendos como son "Un libro" e "El punto", desfrutamos unindo puntos da mesma cor, colocando puntos pequenos dentro de outros mais grandes, decorando con puntos, estampando puntos de diferentes tamaños, unindo soamente os puntos...
Aquí tedes unha escolma dalgunha desas experinecias. Seguiremos contándovos todo o que se pode facer con puntos e todos os puntos que están ao noso carón.
Baleirando cabazas
E como estamos en Outono e tamén está ao caer o Samaín, a nosa compañeira Laia trouxo para nós unhas cabaciñas pequenas da súa horta.
Aquí nos tedes baleirándoas e descubrindo todo o que agochan, así como diferentes texturas e cores.
Moitas grazas a Laia e á súa familia.
Apañamos ourizos e castañas
E como chegou o Outono, a natureza agasállanos con cores, cheiros, froitos e moitas cousas mais. Un pracer ter ao noso carón algo desa natureza para gozar con ela e dela. Así que saímos a apañar os ourizos e castañas que un dos castiñeiros da escola ten o gusto de compartir con nós.
Primeiro breves reflexións e consellos sobre como coller os ourizos para non picarnos e logo, a desfrutar!!!! Tanto foi así que tivemos que repetir outro día.
Que mellor que vivir ca natureza para aprender a respectala e desexar coidala. E que mellor forma de aprender que experimentando.
Periodo de adaptación. O patio
E como non todo ía a ser estar dentro, aquí tedes imaxes dos nosos momentos ao aire libre.
Periodo de adaptación
Aquí tedes unhas imaxes dos nosos primeiros días, días para coñecernos e para comezar a descubrir parte do material da nosa aula, así como para experimentar e poñernos cómod@s, pero, fundamentalmente, para sentirnos a gusto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)