lunes, 30 de diciembre de 2019

Festival de Nadal

Aquí nos tedes no noso primeiro festival. A estrea foi ao grande, pois bailamos as escuras, tentando crear maxia e ilusión. A verdade é que o esforzo mereceu a pena.
Moitas grazas a tod@s os que colaboráchedes para que este festival vise a luz.

Calendario de Adviento

O noso Mik deixounos na entrada da biblioteca, para ir preparándonos para o Nadal, un Calendario de Adviento, no que fomos atopando unha chea de sorpresas: frases de científicos e científicas, pezas de quebrqacabezas, e, por suposto, algún experimento. Aquí tedes un deles.

viernes, 27 de diciembre de 2019

Nadal

Xa chegou o tempo de Nadal e grazas á vosa colaboración montamos esta decoración tan chula no corredor.
Un bosque onde a maxia, os ananiños, os elfos e demais seres farán realidade os nosos soños.









domingo, 8 de diciembre de 2019

Samaín

Aínda que algo tarde, aquí tedes algunhas das cousiñas que fixemos polo Samaín.
Como este curso a cousa vai de ciencia, Mik enviounos unha carta na que nos convidaba a experimentar a escuras, nesa sala da luz máxica na que todo brilla!!!
Pasámolo fantástico e agardamos novas sorpresas.

Doces regresos

É un pracer volver a ver aos nosos compañeiros despois dunha ausencia prolongada, mais aínda se chegan acompañados de galletas para todo@s. Moitas grazas a Diego e a súa familia.


Día contra a violencia de xénero

E como o fundamental é previr, continuamos traballando valores como o respecto e a prevención de estereotipos.
Desta vez vimos unha curtametraxe e reflexionamos sobre ela e acudimos á biblioteca para desfrutar cun conto e levar a cabo un taller no que, todo aquel que quixo, puido pintar as unllas de cores, como o protagonista da historia de hoxe.
Fomos a envexa do alumnado de cursos superiores, que así que nos viu pediu poder pintarse.
Porque nas pequenas cousas do día a día radica o importante.

Día contra a violencia de xénero

Aquí tedes unha das actividades que levamos a cabo para conmemorar o Día contra a violencia de xénero. Un mural que elaboramos entre todo o alumnado de Infantil e que xunto co que fixo o alumnado de Primaria serviu para reflexionar sobre como queremos que sexa a nosa convivencia cos demais. Unha convivencia baseada no respecto e na posta en valor de cada un de nós como persoas.

O punto. Conto: "Los lunares de Lola"

E aproveitando un día soleado chegau á nosa aula, de novo, a maxia e un conto: "Los lunares de Lola". Un conto que, como non, falaba de puntos e do desexo do paraugas de Lola da chegada da chuvia para poder saír con ela a ver mundo.
Nós desexando algo de sol e o paraugas algo de chuvia. Seica nunca chove a gusto de todos.
Moitísimas grazas á nosa contadora de historias, que ademais tamén nos agasallou cunha pinguiña de chuvia.

domingo, 24 de noviembre de 2019

Brochetas de puntos

Despois de experimentar con brochetas de xoguete e plastilina, pasamos a elaborar unhas ricas brochetas de froita. Hai que coller cada anaco con coidado para non espachurralo e ver ben como ensartalo na brocheta para que non rompa, mesturando ao noso gusto os tres tipos de frotia. Quedaron estupendas e sabían fenomenal. E, logo de cargar as baterías, pasamos a facer as nosas brochetas de puntos, amosando os nosos gustos e a nosa creatividade na combinación de cores e tamaños. O resultado, unhas magníficas obras de arte

Contos e mais

A tía de Laia viu a contarnos dúas historias estupendas. Desfrutamos moito dos dous contos, así como da sorpresa final das bolboretas, que, coma no conto, colocamos no noso nariz para logo facer voar.
Moitas grazas. Esperamos poder repetir noutra ocasión.





domingo, 17 de noviembre de 2019

Magosto. A festa

E xa chegou o momento agardado, o de xogar, cantar, bailar, comer castañas e pintar as caras de negro coas cinzas da fogueira.
Pasámolo estupendamente e, vai ti a saber como, ao longo do tempo de xogo, fomos rematando cos nosos irmáns como compañeir@s. Sería por esa atracción especial e o desexo de compartir as novas experiencias.
Grazas a tod@s polo voso esforzo e ao tempo, que nos agasallou cun día de sol.

Magosto. Visita previa

Antes de que comezase a festa, fomos a ver os diferentes espazos, os xogos, e....aos asadores e asadoras de castañas, eses grazas aos que logo puidemos degustar este froito de outono tan saboroso. Ademais ensináronnos como as estaban a asar, o ruido que fan ao xirar, os coidados que hai que ter para achegarse a elas e os elementos necesarios. Desfrutamos do cheiro a fume, a castañas asadas, do caloriño do lume e da agradable compaña dos compañeiros e os adultos.
Grazas aos asadores e asadoras.

Magosto

Así comezaron os preparativos para o noso primeiro Magosto e a nosa primeira celebración con todo o centro.
Os nosos padriños e madriñas foi o alumnado de quinto. Eles e elas vannos a acompañar durante os xogos e a axudarnos en todo o necesario. Están nerviosos, impacientes e encantad@s, e nós, aínda non sabemos moi ben en que consiste todo isto.
Como primeiro paso e para irnos coñecendo, axudáronnos a decorar os recipientes nos que imos a ir a recoller as castañas. Saiu todo estupendamente, e algúns incluso compartimos tempo cos nosos irmáns.

domingo, 10 de noviembre de 2019

Madalenas de cabaza

E continuando cos sabores de outono e ca experimentación, fixemos a nosa primeira receita: madalenas de cabaza.
Encantounos poder participar en cada paso e descubrir os cambios que sufrian os ingredientes. Tivemos que agardar ao día seguinte para probalas, pero mereceu a pena.

A familia de Ana e algúns dos seus animais

Tivemos a sorte de que a familia de Ana viñese a ensinarnos algúns dos seus animais. A súa nai falounos dalgunhas das súas características, necesidades e coidados. Puidemos velos de preto, pero tamén tocalos.
Moitas grazas.





   


                               

Traballando na aula

Os materiais da nosa aula están en continua ampliación e cambio, para poder ofrecer múltiples posibilidades, de xeito que se adapten aos diferentes niveis madurativos e permitan manter o noso interese e a nosa curiosidade.
Desta vez amosámosvos unhas láminas que nos axudan a desenrolar a identificación visual buscando o nome igual e a asociar a cantidade co símbolo gráfico. Ademais de traballar a atención e concentración e a orde, por suposto, xa que todo debe ser colocado axeitadamente antes de comezar a traballar e, ao rematar, recollido e devolto ao seu lugar.







Merendola outonal

O Outono apórtanos unha gran cantidade de elementos e experiencias e, dentro delas, os sabores. Grazas a vosa colaboración puidemos degustar uns estupendos manxares, ao tempo que aprendemos a compartir con todos os nosos compañeiros de Infantil, porque desfrutar xuntos resulta moito mais enriquecedor.

A maxia dos puntos

E seguindo ca maxia e cos nosos descubrimentos relacionados cos puntos, regresou á aula o conto "¿Donde están los lunares?" acompañado dun sombreiro de mago e unha bolsiña na que, máxicamente, ian aparecendo xoaniñas de chocolate, unha para cada un e unha de nós.


Inauguración da Biblioteca

Chegou o día de inaugurar a biblioteca e por fin coñecela. Primeiro unha visitiña á mesma para ver como é, saber cales son as normas, coller as mochilas viaxeiras que nos deixa Mik, ver onde están os libros do noso Proxecto de Centro: Eureka!! Hai ciencia na biblioteca e... levar como agasallo unha piruleta
 E para rematar a xornada, ir a ver un espectáculo de maxia, ou ciencia?

viernes, 1 de noviembre de 2019

O punto. Sala de luz negra

Xa vos dixemos que se poden levar a cabo moitas experiencias cos PUNTOS. E aquí tedes unha con algo de maxia. Fomos xogar á sala de luz negra cos PUNTOS, as cores e a luz, ou a escuridade?. Quen sabe. O que si sabemos é que o pasamos xenial!

O punto

Comezamos a xogar con... PUNTOS, si,si con PUNTOS.
Ademais de escoitar e xogar con dous libros estupendos como son "Un libro" e "El punto", desfrutamos unindo puntos da mesma cor, colocando puntos pequenos dentro de outros mais grandes, decorando con puntos, estampando puntos de diferentes tamaños, unindo soamente os puntos...
Aquí tedes unha escolma dalgunha desas experinecias. Seguiremos contándovos todo o que se pode facer con puntos e todos os puntos que están ao noso carón.

Baleirando cabazas

E como estamos en Outono e tamén está ao caer o Samaín, a nosa compañeira Laia trouxo para nós unhas cabaciñas pequenas da súa horta.
Aquí nos tedes baleirándoas e descubrindo todo o que agochan, así como diferentes texturas e cores.
Moitas grazas a Laia e á súa familia.

Apañamos ourizos e castañas

E como chegou o Outono, a natureza agasállanos con cores, cheiros, froitos e moitas cousas mais. Un pracer ter ao noso carón algo desa natureza para gozar con ela e dela. Así que saímos a apañar os ourizos e castañas que un dos castiñeiros da escola ten o gusto de compartir con nós.
Primeiro breves reflexións e consellos sobre como coller os ourizos para non picarnos e logo, a desfrutar!!!! Tanto foi así que tivemos que repetir outro día.
Que mellor que vivir ca natureza para aprender a respectala e desexar coidala. E que mellor forma de aprender que experimentando.

Periodo de adaptación. O patio

E como non todo ía a ser estar dentro, aquí tedes imaxes dos nosos momentos ao aire libre.

Periodo de adaptación

Aquí tedes unhas imaxes dos nosos primeiros días, días para coñecernos e para comezar a descubrir parte do material da nosa aula, así como para experimentar e poñernos cómod@s, pero, fundamentalmente, para sentirnos a gusto.

COMEZAMOS O CAMIÑO



domingo, 8 de septiembre de 2019

Taller de luz negra. A experiencia

E aquí nos tedes o día da experiencia. Unha mágoa que non vísedes a súa reacción cando apagamos a luz e comezaron a ver os efectos que a luz negra tiña sobre todo aquilo que os rodeaba. Por iso e por tódo o que desfrutaron merece a pena todo o traballo previo.

Taller de luz negra. Preparación

Con motivo da temática da pintura e procurando novas experiencias, decidimos facer un taller de luz negra. Nesta primeira fase tocou preparar as camisetas para ese día, unhas camisetas especiais, así como parte do material co que íamos a experimentar.
Pouco sabían eles e elas o que ía a suceder uns días despois.

Taller de leitugas

Os nosos compañeir@s de horto viñeron hoxe a facer con nós leitugas de papel.
É estupendo poder levar a cabo actividades comúns cos maiores, algúns incluso irmáns de nenos e nenas da nosa aula. Rresulta moi enriquecedor tanto para os mais maiores como para os mais pequenos.
Unha experiencia fantástica.

Taller ca nai de Beltaine

Xa que este curso o tema a traballar por todo o centro foi a pintura, a nai da nosa compañeira Beltaine viu a levar a cabo un taller moi interesante na nosa aula.
Patindo da figura de Andy Warhol explicounos un pouco a evolución da pintura ao longo da historia, para logo guiarnos na experimentación de diferentes técnicas semellantes ás empregadas por este artista tan coñecido. Ademais, trouxonos un experimento no que comprobamos como o óleo mesturado con trementina botado nun recipiente con auga impregnaba a superficie das tiras de papel que deixábamos caer dentro da mestura, case parecía maxia!!!
Moitas grazas á nosa "experta" pola súa colaboración. Foi unha xornada estupenda e moi enriquecedora.

sábado, 3 de agosto de 2019

Patio

O tempo de lecer ao aire libre é para nós un momento moi especial e moi importante no que compartimos conversas, merendas, descubrimentos, xogos... Un espazo no que observar bechos, debuxar, inventar, investigar, traballar en equipo, deixar voar a imaxinación, por en pleno funcionamento os nosos sentidos, e un milleriro de cousas mais. É por iso que queremos amosarvos algún destes momentos que, ademais, coninciden cos últimos días desta etapa, desta viaxe.
Levan moitas experiencias, sorrisos, apertas, confidencias, miradas... das que, cando menos eu, estou ben orgullosa.

O ceo e as súas cores

Estes son os demais estados do ceo que quixemos fotografar e plasmar en papel, procurando ser o mais fieis posibles ao que observábamos tanto nas fotografías como no ceo directamente.









Excursión Fundación Laxeiro: retratos

A nosa excursión á Fundación Laxeiro completouso cun taller no que tivemos que facer o retrato do compañeiro ou compañeira que tiñamos frente a nós. Un traballo de observación ademais de artístico, para tratar de plasmar tódolos detalles que axudasen a recoñcelo. Aquí tedes o resultado.


domingo, 9 de junio de 2019

Excursión Fundación Laxeiro

Como este curso o Proxecto de centro foi de pintura, non podíamos deixar escapar a ocasión de visitir unha exposición.
Foi este, un día moi especial, xa que coincidiu co regreso de Abril, que xa facía moitos días que non a víamos. Logo do caloroso recibimento marchamos cara a aventura. Primeiro demos un paseo pola nosa cidade, parando nalgúns sitios destacados: na Biblioteca municipal, de onde Martina trae libros que logo contamos en clase, e onde outros moitos van de cando en vez; no escaparate dunha librería ben chula; na Colegiata, pois fomos recibidos pola súa campá; na Estación Marítima e as esculturas homenaxe a emigración, que tamén gardaba relación co pintor dese día; no Nadador, etc. Fixemos un par de amigos de catro patas e aprendemos moitas cousas sobre pintura, ao tempo que amosábamos todos os coñecementos traballados tamén este curso. Para rematar retratamos a un compañeir@, pero o resultado queda para outra presentación.

A Horta. Fabas

E por fin chegou o día de plantar as fabas. Tarde, sabémolo, pero foron tantas as vosas aportacións que estivemos moi ocupad@s. Moitísimas grazas, encántanos que o da escola chegue a casa e o de casa á escola. Ademais, xa que era un día ben caluroso, aproveitamos para mollarnos algo e comprobar como a auga da mangueira nos permitía crear o arco da vella.

Incubadora

Aínda non vos contáramos que temos unha ducia de ovos nunha incubadora.
Todo comezou o día en que Uxío trouxo un ovo de oca que espertou en nós unhas ganas enormes de ter poliños. Pero non tiñamos nin galiñas nin galiñeiro. Todo isto levounos a falar e reflexionar sobre como nacían os polos, que cousas precisaban para desenrolarse.... E....a idea de ter unha incubadora. Pois grazas a Beltaine e á sáu familia esa idea e ese desexo fixéronse realidade, cando menos en parte, pois agardamos a que polo menos naza un poliño.

domingo, 26 de mayo de 2019

Excursión de fin de curso

Aquí tedes unhas fotiños da excursión de fin de curso. Un día cheo de actividades: plantar sementes, moer como os nosos antepasados o millo miudo en muiños de man para obter fariña, ver a recreación dun poboado, ver e tocar os petroglifos, debuxar e pintar coas nosas mans como o facían nas covas, escoitar historias e obter moita información. Información que completou todo o que xa aprendéramos sobre o arte rupestre.
Pero tamén houbo tempo para xogar, explorar, experimentar, compartir... de xeito libre. Unha xornada estupenda, coma sempre.

A horta. Cabazas

Xa case non nos vai quedando espazo nesa horta que, ao principio, semellaba tan ampla. E iso débese en grande medida ás vosas aportacións. Moitísimas grazas.
Esta vez tocou plantar unhas cabazas que trouxo Beltaine. Teremos que agardar para descubrir de que tipo son. Un interrogante que manterá a nosa curiosidade ben desperta.




domingo, 19 de mayo de 2019

A horta. O espantallo

A horta trae consigo moitas cousas e, entre elas, visitas á hora de comer. É por iso, que decidimos incluir un espantallo que axudase a que os nosos repolos puidesen crecer. Non nos importa compartir, pero....queremos que quede tamén algo para nós.
E así foi, como os maiores elaboraron a Margarita. Viñeron a contarnos o proceso de elaboración e, xuntos, fomos buscarlle o mellor sitio da horta e, de paso, aproveitar para xogar e rir. Para convivir.











O ceo e as súas cores

E o ceo azul deu paso á chuvia. Correde, comeza a chover!!!!!







domingo, 12 de mayo de 2019

Cociñamos. Caldo

E con boa parte do recollido na nosa horta, fixemos un caldiño estupendo. Por suposto participaron en todo o proceso: lavar, cortar, pelar.... Logo agardar a cocese, a lume maino, e, por último, probalo. Un bo remate para ese traballo de agricultura ecolóxica.


A Horta. Plantando tomates

É sensacional que de novo sexan os pequenos e pequenas quenes decidan traer cousiñas para plantar no nosa horta. Desta vez son tomates que Paula quere compartir con tod@s. Moitísimas grazas á súa familia e a ela. Xa estamos pensando en preparar unha boa ensalada.


A Horta. Recolleita

Ademais de plantar, regar e quitar malas herbas, tamén hai que recoller todo aquilo co que a terra, grazas aos nosos coidados, nos agasalla. Por suposto, todo ecolóxico e cheo de amor.


Os Maios

Un ano mais chegou o momento de darlle a benvida á Primavera, ca súa luz, as súas cores, os seus sons, os seus cheiros e os seus sabores. Chegou o momento de celebrar os Maios e darlle continuidade a unha desas tradicións que enriquecen a nosa cultura e falan do que fomos e do que somos.
Aquí tedes unha escolma de fotos dos diferentes momentos: a preparación do maio, da mandala e do propio acto.
Grazas a tod@s e especialmente a Mariluz que sempre ven botarnos unha man.


domingo, 5 de mayo de 2019

O ceo e as súas cores

E aquí continuan os artistas e as artistas pintando o seu ceo; o que ven, o que fotografiaron.
Desta vez foi a quenda do ceo azul, limpo, sen nubes, ese que nos fai debuxar un soriso na cara cada vez que se presenta e nos enche de enerxía. Azul, pero non un único azul, porque aínda que pareza que non, xa descubrimos que esa cor pode adquirir moitas tonalidades.