domingo, 25 de marzo de 2018

Ovos de chocolate con froita

Xa facía tempo que non cociñábamos, así que non podíamos deixar rematar o trimestre sen unha nova receita. Desta vez fixemos uns "ovos" de chocolate con froita. Primeiro tocou derreter o chocolate ao baño María e ver como ía pasando do seu estado sólido inicial a un estado líquido, ao tempo que o seu cheiro inundaba toda a clase. Logo, con el tépedo, bañar os globos e deixalos arrefriar. Ao día seguinde chegou o momento de pinchalos e retiralos, para, por parellas, cortar fresas e plátano; enchelos e cubrilos con chocolate branco. Levou o seu tempo, pero estaba riquísimo!!! 
Todo sen esquecer unhas boas medidas de hixiene: globos, froita e mans ben lavadiñas.

domingo, 18 de marzo de 2018

Día da Muller

O 8 de Marzo, Día da Muller, foi un día diferente; un día para falar, descubrir moitas cousas, reflexionar... Ademais de ver uns vídeos relacionados coa temática, acudimos á biblioteca, pois Mik, como sempre, tiña cousas ben interesantes preparados para tod@s nós. A primeira parada foi no panel da entrada, onde atopamos información sobre diferentes mulleres que foron pioneiras, tanto no ámbito do cine como en outros moitos. Xa no interior da biblioteca decubrimos o libro "Pioneiras. Galegas que abriron camiño", no que Mik se baseou para o traballo do panel e a decoración da biblio. Vimos a entrevista que a prensa lle fixo á autora e á ilustradora do mesmo libro e xogamos a buscar a parte desas mulleres nos carteis que penduraban do teito.

Pluviómetro. Auga, moita auga

Aquí están as cinco primeiras semanas do noso pluviómetro. Esta última vez recolleu moita, moita auga. Auga que, a pesar de todo, agradecemos. É imprescindible para a vida, para unha terra verde. 
Pero o pluviómetro tamén nos permite facer outras moitas cousas: cal é o número mais grande?, e o mais pequeno?, que semana recolleu mais auga?, cal menos?, cantas cifras teñen eses números?....
Unha mesma actividade permite múltiples aprendizaxes, ás veces, incluso inesperadas. 


sábado, 3 de marzo de 2018

Día da Paz

Esta é a actividade que levamos a cabo para o Día da Paz. Unha actividade na que, ademais de pasar moi bos momentos, empregamos a linguaxe de signos e fixemos uso da Aula de cine. Unha actividade na que participuo todo Infantil, profesorado incluído, e coa colaboración especial de Mik e Alfonso. Grazas aos dous e, por suposto, a Raúl, quen fixo realidade esta idea, chegando incluso a mellorala. 


Realidade aumentada

Outra das actividades que levamos a cabo co profe Raúl foi a de experimentar ca realidade aumentada. A maxia das novas tecnoloxías fixo que os bonecos que acabábamos de pintar, case adquirisen vida propia. Ata podíamos ver os músculos e osos, e iso que no noso debuxo non aprecían por ningunha parte. Que misterios!