Co profe Raúl facemos iogures, aprendemos a atar os cordóns, facemos piruetas, debuxamos... e vemos hologramas en 3D, porque a tecnoloxía tamén forma parte das nosas vidas. A experiencia cos hologramas fíxonos falar das pirámides, dos exipcios e a súa escritura, das propiedades dos materiais, da reflexión e ata do Louvre. Fixemos a nosa pirámide e comprobamos como dunha debuxada nun folio podemos pasar a outra en tres dimensións; fixemos maxia para que, esas pirámides, logo dunhas palabras máxicas repetidas mentres camiñábamos, desen lugar a outras mais pequeniñas e transparentes para poder ver os hologramas no teléfono. E, como non, vimos os hologramas na aula. Moitas grazas por todas estas experiencias.
domingo, 21 de enero de 2018
O hamster de Xian
Os Reis Magos deixaron un membro mais na familia de Xian; un membro ben pequeniño e algo especial. E tivemos a sorte de que o se irmán e un compañeiro seu o trouxesen de visita á nosa aula, para presentárnolo e contarnos un montón de cousas sobre el. Moitas grazas por esa inesperada visita. Cando o hamster sexa un pouquiño mais grande, estaremos encantad@s de que volva visitarnos.
Festival de Nadal
Con algo de retraso aquí tedes parte da reportaxe fotográfica do festival de Nadal. Foi unha experiencia estupenda e a emoción por maquillarse de leóns tanta, que colaboraron enormemente. Mereceu a pena o traballo e o esforzo de todo@s vendo as súas caras de satisfacción.
viernes, 5 de enero de 2018
Película de Nadal
Mik, o noso rato da bibliopteca, está en todo, así que deixou para nós unha sesión de cine preparada. A escollida, esta vez, foi: Arthur Chritmas. Operación regalo 🎁
André e Ana: Conto de Nadal
Conto de Nadal
Dos diferentes contos que Mik deixou na biblioteca para nós, este foi o escollido para contar acompañado de linguaxe de signos, grazas a colaboración do profe Raúl. Que sorte temos! Estamos a prender un montón de cousas novas.
miércoles, 3 de enero de 2018
Casiñas de xenxibre
Aquí tedes esa colaboración vosa para nós tan importante. Unha chea de casiñas de xenxibre sensacionais. Unhas con purpurina, outras con algodón, outras con animais, con luces, acompañadas de galletas de xenxibre....e ata comestibles por completo. Foron, dende logo, unahs últimas semanas ben doces. Moitas garzas outra vez e desculpade se quedou algunha sen fotografiar.
Decoración de Nadal
Primeiros auxilios
E tocou unha nova charla sobre primeiros auxilios. Con moitas ganas preparamos o noso boneco, aínda que a escaseza de tempo impediunos pintalo todo o que nos gustaría. List@s co boneco e o coxín, alá fomos. Aprendemos un montón de cousas e ata practicamos a reanimación. Tan ben o fixemos que nos felicitaron cun diploma e unha piruleta en forma de corazón. Moitas grazas por esta interesante charla.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)